Deus é amor - 1 Xn 4, 7-10

Domingo 6 de Pascua - ciclo B


PARA TER MÁIS E MELLOR AMOR

Pai, grazas polo amor sen  medida
co que amaches ó teu fillo, Xesús.

Xesús, grazas polo teu amor sen medida
co que nos amaches e amas a cada un de nós.

Que nos sintamos envoltos
na corrente de amor que vén de ti, Xesús.

Que nunca nos pechemos
nin ó seu goce nin ás súas demandas.

Que onda ti aprendamos a amar a cada persoa,
coa súa historia, co seu presente, co seu futuro.

Que onda ti aprendamos tamén a amar politicamente,
creando estruturas que remedien os males.

Que nunca matemos a forza do amor
coas nosas covardías ou coa nosa falta de visión.

Que sexamos intelixentes no amor, 
que sexamos limpos no amor,
que sexamos fondos no amor.
Que saibamos amar, Xesús, 
como Ti nos amaches.


Comentarios

Publicacións populares