17 may. 2015

Sentouno á súa dereita no ceo - Ef 1, 17-23

Ascensión do Señor - ciclo B


ASCENSIÓN  É

...abrir a gaiola do paxaro en catividades,
Romper as cadeas de inxustiza e morte,
derrubar toda tapia e todo muro,
as portas solidarias sempre abertas.

Ascensión é
rescatar ao cativo do seu inferno inmerecido,
vencer apegos e ataduras ás cousas,
levantarse do chan e das poltronas,
superar os costumes deprimentes e os vicios

Ascensión é
ir de samaritano pola vida,
quitar as cataratas de ollos vellos,
ensinar camiños de subida,
acender e poñer a alma en vilo.

Ascensión é
compoñer e cantar cánticos acendidos,
ofrecer razóns de esperanza,
espertar o instinto creativo,
interpretar os signos dos tempos.

Ascensión é
poñer o corazón nas estrelas,
bater marcas de altura cada día,
subir os outeiros da vida
conscientes de que o Pai nos espera. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario