3 may. 2015

Este é o seu mandamento, que creamos e amemos - 1 Xn 3, 18-24

Domingo 5 de Pascua - ciclo B


SEÑOR,
 CANTO NOS FALTA AÍNDA

Señor, canto nos falta aínda
para que a paz percorra non ben as nosas veas,
para que mimemos a todas as persoas
e a todo con urxencia
e non atope en nós ningún oco a violencia!
Canto nos falta aínda!

Señor, canto nos falta aínda
para arredarnos en firme dos cartos
que nos anegan,
para abrir na xustiza o peto e a carteira,
para dicir, "irmán e irmá"
sen medo ás consecuencias!
Canto nos falta aínda!

Señor, canto nos falta aínda
para ser bos veciños ou veciñas,
cabais, nas nosas aldeas,
e ter por nosas propias as ledicias alleas,
e saber chorar coas penas
que outros e outras teñan!
Canto nos falta aínda!

Señor, canto nos falta aínda
para vemos e queremos sen trazos de dureza,
para mirar aos máis con ollos de paciencia
para confiar en Ti, na túa fiel aperta!
Canto nos falta aínda!

Señor, canto nos falta aínda
para que a rabia xusta en nós pouse e acenda,
para que deixemos ao carón
razóns e comenencias
e que ou clamor do pobre atope en nós certezas!
Canto nos falta aínda!

Señor, canto nos falta aínda,
canto precisamos de Ti, de estar á túa beira,
de ter ao noso carón xentiña compañeira
e así brincar con paz co gozo da inocencia!
Canto nos falta aínda!

M Regal 

No hay comentarios:

Publicar un comentario