Tamén entre os xentís foi derramada a graza do Espírito Santo - Feit 10, 25-26. 34-35. 44-48

Domingo 6 de Pascua - ciclo B


TOMA

Toma un sorriso
e regálallo a quen nunca o tivo.
Toma un raio de sol
e faino voar ata alí onde reina a noite.

Descubre unha fonte
e fai que se bañe nela quen vive na lama.
Toma unha bágoa
e pona no rostro de quen nunca chorou.

Toma o valor
e pono no ánimo de quen non sabe loitar.
Descubre a vida
e cóntalla a quen non sabe captala.

Toma a esperanza e vive na súa luz.
Toma a bondade
e dálla a quen non sabe dar.
Descubre o amor
e dállo a coñecer ao mundo.
                                  
Mahatma Gandhi


Comentarios

Publicacións populares