31 may. 2015

Recibistes o Espírito de fillos de adopción, no que clamamos: Abba, Pai-Rm 8, 14-17

Domingo da Santísima Trindade-ciclo B


QUE SEXAMOS, SEÑOR, 
MANS UNIDAS

Que sexamos, Señor, mans unidas
na oración e non don.
Unidas ás túas Mans nas do Pai,
unidas ás ás fecundas do Espírito,
unidas ás mans dos pobres.

Mans do Evanxeo, sementadoras de Vida,
lámpadas de Esperanza, voos de Paz.

Unidas ás túas Mans solidarias,
partindo o Pan de todos.
Unidas ás túas Mans traspasadas
nas cruces do mundo.
Unidas ás túas Mans xa gloriosas de Pascua.

Mans abertas, sen fronteiras,
ata onde haxa mans.
Capaces de estreitar o Mundo enteiro,
fieis ao Terceiro Mundo,
sendo fieis ao Reino.

Tensas na paixón pola Xustiza,
tenras no Amor.

 Mans que dan o que reciben,
na gratuidade multiplicada,
sempre máis mans,
sempre máis unidas.


Pedro Casaldáliga 




No hay comentarios:

Publicar un comentario