Contoulles como vira o Señor no camiño - Feit 9, 26-31

Domingo 5 de Pascua - ciclo B


QUE PODEMOS FACER SEN TI, XESÚS

Sen ti, Xesús, non podemos facer nada,
porque Ti es a nosa enerxía e a nosa brisa
o noso sangue e a nosa sabia.
Ti es auga viva, fonte perenne,
ti es fogueira viva, lume transfórmante,
ti es pan vivo, eira de trigo ondulante,
ti es vida viva, viño bo que namora,
ti es alento vivo, vida que respiramos.
Sen ti asfixiamos, morremos,
sen Ti as nosas palabras son vas,
os nosos sentimentos, apagados,
as nosas relacións, hostís,
os nosos amores, posesivos,
e as nosas festas, mascaradas.
Sen ti a nosa vida está seca, é un montón de palla.
Sen ti as nosas pertenzas fanse dependencias,
as nosas leis son cargas opresivas,
os nosos traballos son castigos,
a nosa obediencia, escravitude.
Sen ti, o dinamismo da comuñón
convértese en loita babilónica.
Sen Ti non podemos facer nada;
traballamos con fatiga, pero nada,
coma os discípulos cando loitaban sós no lago,
colleita abundante de espiñas e xestas.
Rezamos e evanxelizamos con moitas palabras;
pero nada, as palabras baleiras pérdense no aire.
Ti, Xesús, es o toque do Espírito,
e o canto, e o anxo, a inspiración,
a medicina, o perfume, a creación continuada,
plenitude e transcendencia.
¡Que endexamais nos separemos de Ti
e que non nos falte o teu Espírito!. 



Comentarios

Publicacións populares