Ascensión do Señor B
ASCENSIÓN
DO SEÑOR -CICLO B
PRIMEIRA Feit 1, 1-11
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS
FEITOS DOS APÓSTOLOS
Elevouse á vista deles
1 1O primeiro libro fíxeno, Teófilo, acerca de todo
o que Xesús obrou e ensinou desde o
comezo, 2ata o día que foi levado ó ceo, logo de ter
dado instruccións polo Espírito Santo
ós apóstolos que escollera.
3Os mesmos que tamén se lles amosara vivo, con
moitas probas despois da súa paixón,
aparecéuselles durante corenta días e faláballes das
cousas referentes ó Reino de Deus. 4E
comendo con eles, encomendoulles que non se
retirasen de Xerusalén, senón que
agardasen a promesa do Pai que me escoitastes a min:
5porque Xoán bautizou con auga,
mais a vós bautizarásevos co Espírito Santo, de aquí
a poucos días.
6Os que estaban reunidos preguntábanlle:
-Señor, ¿é agora cando vas restablece-lo Reino de
Israel?
7El respondeulles:
-Non vos acae a vós coñece-lo tempo ou a
oportunidade que o Pai fixou co seu propio
poder. 8Pero recibiréde-la forza do Espírito Santo,
que virá sobre vós e seréde-las miñas
testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e
ata os confíns da terra.
9En dicindo isto, elevouse á vista deles e unha nube
quitóullelo da súa vista. 10E estando
eles fitando para o ceo mentres el marchaba,
presentáronselles dous homes con vestidos
brancos, 11que dixeron:
-Galileos, ¿que facedes ollando para o ceo? Este
Xesús que vos foi levado de entre vós ó
ceo, ha volver do mesmo xeito que o vistes ir.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESP. Sal 46, 2-3. 6-7. 8-9
R/ (6): Deus sobe entre aclamacións,
o Señor, ó son de trompetas.
2Aplaudide,
pobos todos,
aclamade a Deus con cancións.
3O Señor é excelso e terrible,
o grande rei de toda a terra.
6Deus sobe entre aclamacións,
o Señor, ó son de trompetas.
7Cantádelle a Deus, cantádelle,
cantádelle ó noso rei, cantádelle.
8Deus é o rei de toda a terra:
cantádelle con xeito.
9Deus reina sobre as nacións,
sentado no seu trono sagrado.
SEGUNDA Ef 1, 17-23
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN
PAULO ÓS EFESIOS
Sentouno á súa dereita no ceo
Irmáns e irmás:
O Deus do noso Señor Xesús Cristo, o Pai glorioso,
vos conceda espírito de sabedoría e de revelación, para coñece-lo ben; 18que
manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que comprendáde-las esperanzas
que abre a súa chamada, a riqueza que supón a súa gloriosa herdanza destinada
ós crentes, 19e o extraordinario portento que é o seu poder verbo de nós, os
que cremos, en consonancia co vigor da súa potencia e da súa forza, 20que
exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á súa dereita
nos ceos, 21por riba de toda soberanía, autoridade, forza e dominio, e por riba
de todo título recoñecido neste mundo e tamén no vindeiro. 22Someteuno todo
baixo os seus pés e deullo por riba de todo como cabeza á Igrexa, 23que é o seu
corpo, a plenitude daquel que o enche todo en tódalas cousas.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt
28, 19a. 20b
Ide e ensinade a tódalas xente, di o Señor:
eu estou convosco tódolos días
ata a fin do mundo
Mc 16, 15-20
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Foi elevado ó ceo e senta á dereita de Deus
Aparecéndose Xesús ós once, díxolles:
-Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a
toda a creación. 16Quen crea e se bautice, salvarase; quen non crea,
condenarase. 17Os que crean irán acompañados destes sinais: no meu nome botarán
demos, falarán linguas novas; 18collerán serpes coas mans, e se chegan a beber
algún veleno, non lles fará mal ningún; imporánlle-las mans ós enfermos, e
estes curarán.
19O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó
ceo, e sentou á dereita de Deus. 20Eles saíron a predicar por todas partes,
contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que
os acompañaban.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
UNHA FE QUE NON SABE POÑER OS OLLOS FITANDO O
ROSTRO DOÍDO DOS IRMÁNS E SÓ MIRA PARA O CEO É UNHA FE PRA ENTRETER E ENGANAR
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
ESCOITA ACTIVA
Neste domingo da Ascensión somos invitad@s a poñer a mirada no mundo do que
formamos parte e que imos construíndo entre tod@s. Mirar, e facelo sen medo nin
volvera vista, non é tarefa doada. Moitas das imaxes que van aparecendo diante
dos nosos ollos son difíciles de entender nunha sociedade que se di avanzada,
moderna e permanentemente aberta á comunicación. E son difíciles de entender
porque nesa mirada imos atopando violencia -moita e cada vez máis-, indiferenza
ante a dor dos demais, engano e mais mentira. Como vai ser doado manter os
ollos nesa mirada! Claro que preferiríamos imaxinarnos que o mundo é unha
película onde as cousas non son reais; pero non é así, por iso non é fácil
soster, como dicimos, esa mirada.Mais temos que facelo, e a festa deste domingo
lémbranolo de xeito permanente: non podemos quedar mirando ao ceo, senón ao
fronte, aos irmáns. Que saibamos descubrir que ademais da mirada, sempre
podemos poñer corazón e mans para que o horror do que vemos se vaia cambiando á
solidariedade e esperanza.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·
Por ver demasiado cara ao ceo, e pouco cara ás persoas, SEÑOR, NON NOS
DEIXES CAER NA TENTACIÓN.
·
Porque moitas veces facemos da fe rutina e non compromiso de axuda aos
demais, CRISTO, NON NOS DEIXES CAER NA TENTACIÓN.
·
Porque nos mostramos indiferentes e insensibles diante do sufrimento dos
que con moita facilidade e despreocupación chamamos irmáns, SEÑOR, NON NOS
DEIXES CAER NA TENTACIÓN.
PALABRA ENRAIZADA
Estar no medio do mundo e non caer na tentación de retirarnos, de deixar o
campo aberto a que veñan outros con enganos e interese a facer das persoas
monicreques é unha das tarefas dos que nos chamamos crentes e seguidores de
Xesús de Nazaret. Durante moitos anos, facer referencia a ter fe identificábase
con ir ou non á misa, inda que logo o resto da vida nada tiña que ver co que
nela escoitabamos e rezabamos. Unha fe de “cumplo y miento”, dicíase moitas
veces. Isto foi levando a esquecer, e tamén a confundir o importante co
secundario, e pasamos de darlle moita presenza aos ritos e pouca ao testemuño.
Porén, Xesús condenaba, denunciaba e respondía con dureza diante dos que facían
da fe rito, e insistía unha e outra vez na necesidade de facer da vida
testemuño. Porque o que fai crible o que rezamos só pode ser o que vivimos,
sabendo que nese vivir temos que integrar a complexidade e dificultade que a
vida nos vai presentando cada día: dor, sufrimento, engano, violencia; pero
tamén acollida, esperanza, cariño, sorriso, solidariedade... e no medio destes
contrastes Xesús como aquel que alenta, anima e sempre acompaña. Evanxelizar,
como acabamos de escoitar é saír dos nosos medos, dos nosos refuxios, dos nosos
grupos onde tod@s pensan coma nós e non ter medo a facerse presente alí onde
non nos van entender ou van intentar que nin sintamos alegría nin esperanza por
ser crentes. É dicir, evanxelizar é dar testemuño de que Xesús non é un mito,
senón unha realidade desde a que afrontamos a vida.
Por iso non podemos quedar mirando para o ceo. E para iso non podemos nin pechar os ollos nin volver a cara. Non é doado, ninguén di que o sexa, pero é o que corresponde a quen queremos levar con dignidade o nome de cristiáns.
Paulo dicíalle aos efesios -o que tamén vale hoxe para nós-, que só quen confía pode manter iluminados os ollos da alma; é dicir, só quen pon os seus cimentos en Deus é capaz de darse conta que falar de dignidade, respecto, colaboración, solidariedade, xustiza... non son palabras baleiras, senón actitudes, maneiras desde as que facer as cousas, compromiso para non volvernos indiferentes diante da dor e invisibilidade de tantas persoas que, por non ser importantes aos ollos dos que pensan que o saben todo, van sendo esquecidas na súa propia dor e incomprensión. Só quen entende o que son os ollos da alma, sabe descubrir e entender que Deus é presenza e humanidade no irmán, especialmente no irmán só, esquecido e anónimo.
Por iso Paulo, unha vez que lles di isto, engade que só desde eses ollos –que non son os do poder, o diñeiro nin o desprezo– poderemos comprender cal é a esperanza da que falamos os cristiáns. Preguntémonos logo: Que ven os nosos ollos, cara onde diriximos as nosas miradas? Que Igrexa queremos ser? Que Igrexa estamos sendo?
Queremos, como di Francisco; mellor, estamos dispostos a ser unha Igrexa en saída? Unha Igrexa disposta a perder o medo, a arriscar e a non calar diante do discurso, bonito pero tremendamente inxusto e insolidario –líquido e sen substancia-, dos que teñen voz nos parlamentos, nas televisións, nas radios ou nos xornais, e que a forza de berrar moito, unha e outra vez, acaban por vencer –non convencer– aos que os escoitan. Xesús dicíao moitas veces: a fe non é para quen se regodea nas súas conquistas, senón para persoas inquedas que buscan, se preguntan e, o que é máis importante, non teñen medo a reivindicar a dignidade e o ben de tod@s, non duns poucos privilexiados. Crer é unha opción persoal, froito da reflexión, non da tradición. E para iso hai que formarse, dedicar tempo a pensar e non vivir dos réditos do que antes foi e se facía. Temos que ser crentes de hoxe, deste momento, e non mirar –de que nos vale?– para atrás botando en falta o que xa non volverá nin o que xa hoxe non poderemos facer. Cando dicimos: é que antes faiamos así, é que antes eramos máis, é que antes... algunha vez vos preguntastes/mos: e con quen contabamos antes, e con quen contamos agora? Hoxe vemos como dúas xeracións xa non están nas nosas celebracións nin se fan presentes no actuar e vivir cristián. Preguntémonos porque nós, si nós –tod@s, non só os curas-, non quixemos ou non soubemos mantelas nelas. E como consecuencia destaausencia, temos perdido a transmisión e continuidade da fe. Como as imos suplir? Por iso a pregunta que nos temos que facer hoxe é: cos que estamos e cos que somos, que podemos facer? O evanxeo di: “e eles saíron a predicar por todas partes”. Aquí está unha das partes da resposta: saír, deixar de pensar que xa virán, facernos presentes alí onde están os que hoxe non veñen. Este é o noso reto; pero ao mellor xa non temos nin forzas nin
ilusión para loitar por conseguilo. Por iso é máis fácil mirar atrás e volver dicir: é que antes... pero ese antes xa non volverá, porque estamos no despois. E neste despois é onde temos que deixar de mirar ao ceo senón ao rostro de quen temos enfronte, porque é aí onde Deus se vai mostrando.

FRATERNIDADE ORANTE
Mirando con ollos limpos ao mundo do que formamos parte, e sabéndoos
necesitados de toda a solidariedade e axuda que poidamos prestarnos uns aos
outr@s, confiemos na tenrura de Deus e digamos xunt@s:
QUE A DUREZA DA VIDA NON ENSOMBREZA A NOSA CONFIANZA EN TI
· Señor, que loitemos por ser unha Igrexa que non se deixa vencer polo desánimo, a tristura nin a pasividade, OREMOS.
QUE A DUREZA DA VIDA NON ENSOMBREZA A NOSA CONFIANZA EN TI
· Señor, que non deixemos que nas nosas comunidades parroquiais creza a indiferenza e o anonimato diante de situacións de pobreza, inseguridade ou soidade pola que están a pasar moitos dos noso veciños, OREMOS.
QUE A DUREZA DA VIDA NON ENSOMBREZA A NOSA CONFIANZA EN TI
· Señor, que non quedemos mirando cara ao ceo, como se crer en ti e poñerte como guieiro supuxera esquecer que é no mundo, o noso mundo, o mundo de tod@s, onde temos que saber mostrar a forza e a esperanza os que temos fe, OREMOS.
QUE A DUREZA DA VIDA NON ENSOMBREZA A NOSA CONFIANZA EN TI
Grazas, Señor, por acompañarnos e facernos ver coa túa palabra e a túa vida, que temos que estar sempre cos ollos abertos e o corazón atento ao mundo do que formamos parte. P.X.N.S. Amén.

MIRADA ESPERANZADA
Manterse en pé é importante; como tamén o é ter conciencia do propio corpo
cando un está de pé para orar en público ou en privado. Os pés descansan
solidamente no chan, xuntos ou lixeiramente separados, plantados na terra da
nosa humanidade.
Convén que se sinta o chan que nos une humildemente á terra. A pelve está dereita para conservar o equilibrio e a estabilidade. As costas ergueitas, sen esforzo e sen tensión. Os ombreiros relaxados e distendidos na confianza dun Deus que nos coñece e nos acolle. A cabeza, non moi baixa, achéganos ao ceo. A mirada pode estar fixa nunha cruz ou nunha imaxe.A continuación pechamos os ollos para deixar falar ao corazón ou formar un só corpo co silencio, ao ritmo lento da respiración, como un refluxo de amor. Si o sitio o permite, pódese rezar sen zapatos, o que nos achega aínda máis máis ao chan. O feito de descalzarse fai que entremos nunha profunda humildade espiritual.

CANTO GOZOSO
ENTRADA:
LECTURAS: A túa Palabra
OFERTORIO: O amor é o meirande
COMUÑÓN: Ide e pregoade
OFERTORIO: O amor é o meirande
COMUÑÓN: Ide e pregoade
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario