NO DÍA DE MARÍA AUXILIADORA


GRATITUDE A SANTA MARÍA

Grazas por ser Santa María.

Grazas por abrirte á graza,
e á escoita da Palabra,
desde sempre.

Grazas por acoller
no teu seo purísimo
a quen é a Vida e o Amor.

Grazas por manter
o teu "Fágase"
a través de todos
os acontecementos da túa vida.

Grazas polos teus exemplos
dignos de ser acollidos e vividos.

Grazas pola túa sinxeleza,
pola túa docilidade,
por esa magnífica sobriedade,
pola túa capacidade de escoita,
pola túa reverencia,
pola túa fidelidade,
pola túa magnanimidade,
e por todas aquelas virtudes
que rivalizan en beleza entre si
e que Deus nos permite atisbar en Ti.

Grazas pola túa mirada maternal,
polas túas intercesións,
a túa tenrura,
os teus auxilios e orientacións.

Grazas por tantas bondades.
En fin,
grazas por ser Santa María,
Nai do Señor Xesús
e nosa.
Amén.

Comentarios

Publicacións populares