Xoves Santo - Oración
«Tomade e comede:
isto é o meu corpo».
E aquel teu pan foi comido,
e aquel teu corpo foi entregado
para ben e fartura de todos,
para ben e fartura de todo o mundo.
«Bebede todos del.
Que isto é o meu sangue».
E aquel teu viño foi bebido
e aquel teu sangue foi vertido,
para calmar a sede vital de todos,
para calmar a sede vital de todo o mundo.
Misterio grande e fondo,
presenza grande e fonda:
o Deus que sempre demandara
- iso dicían -
corpos e sangue, vidas,
para a súa honra e servizo,
faise nel Xesús, ofrenda total,
pan e viño de comida
para que a xente soleza a conta del.
Pan e viño
de amor, por amor e para o amor,
que demostre dunha vez por todas
a verdade substancial de Deus:
vivir para a xente,
desfacerse pola xente,
entregarse pola xente,
sacrificarse pola xente,
servirse a si mesmo
en pan e viño pola xente.
E todo no sinal humilde
dun pan e dun viño humildes
cunha humildade soamente rota
pola grandeza do amor que lle ía dentro.
Comentarios
Publicar un comentario