Domingo de Resurrección
DOMINGO DE
PASCUA DE RESURRECCIÓN
Primeira Lectura Feit 10, 34a. 37-43
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Temos comido e bebido con el
despois de que resucitou de entre os mortos
Naqueles
días, tomou Pedro a palabra e dixo:
Vós
sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do
bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a
Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban
asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.
E
nós somos testemuñas de todo o que fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén.
Matárono, colgándoo dun madeiro. A este resucitouno Deus ao terceiro día e
concedeulle que se deixase ver, non de todo o pobo, senón das testemuñas escollidas
de antemán por Deus: nós, que comemos e bebemos con el, despois de que
resucitou de entre os mortos.
E
mandounos que predicásemos ao pobo e atestemos que el é quen foi constituído
por Deus xuíz de vivos e de mortos.
El
é de quen todos os profetas dan este testemuño: todos os que crean nel
recibirán polo seu nome o perdón dos pecados.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 117, 1-2. 16ab-17. 22-23
R/. (24): Este é o día no que
o Señor actuou: alegrémonos nel e relouquemos.
Ou: Aleluia.
Loade o Señor porque é bo,
porque é para sempre a súa
misericordia.
Que o diga a casa de Israel:
é para sempre a súa misericordia.
A destra do Señor é excelsa,
a destra do Señor fixo proezas.
Non hei morrer, vou vivir,
e pregoar os feitos do Señor.
A pedra que os canteiros
desbotaron,
esa mesma, converteuse en
esquinal.
Foi o Señor quen o fixo,
unha marabilla á nosa vista.
Segunda Lectura Col 3, 1-4
Buscade as cousas de alá enriba,
onde está Crist
LECTURA DA CARTA
DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Irmáns:
Se
resucitastes con Cristo, buscade as cousas de alá enriba, onde Cristo está
sentado á dereita de Deus; arelade o de arriba e non o da terra.
Vós
morrestes e a vosa vida está agachada con Cristo en Deus. Cando se manifeste
Cristo, que é a vosa vida, daquela tamén vós vos manifestades con El cheos de
gloria.
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
______________________________________________
Ou tamén: 1 Cor 5, 6b-8
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Purificádevos do vello fermento,
para serdes unha masa nova
Irmáns:
Non
sabedes que un pouco de fermento leveda a masa toda? Purificádevos do vello
fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ácimos que sodes.
Pois
o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado.
Fagamos,
logo, a festa pero non con fermento vello nin con fermento de malicia e
perversidade, senón con pan ácimo de pureza e de verdade.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SECUENCIA
(É obrigatorio dicila hoxe; os
días dentro da Oitava é potestativo)
Con cánticos de festa, xubilosos,
loemos o que foi pan inmolado,
á Vítima pascual, trigo frutuoso.
Ó Año que, inocente, sen pecado,
co Pai reconciliando os
pecadores,
Loitaron morte e vida, moitas
dores,
en gran confrontación; o rei da
vida
morreu e reina vivo entre loores.
Que viches, di, María, na
amencida?
Que viches, cando estabas no
camiño?
A pedra do sepulcro xa corrida.
Choraba eu por Xesús con gran
cariño
e foime dado en graza
esplendorosa
a gloria do que vence, en
aloumiño.
E vin, tamén, os anxos que
gloriosas
palabras me dicían de confianza;
vestidos e sudarios vin gozosa.
Xesús resucitou, leda esperanza
para min, tamén para os seus
amigos todos
que irán a Galilea en lembranza.
Que Cristo rexurdiu, el o
primeiro,
é fe que nesta Pascua
proclamamos;
de agora e ata o intre derradeiro
co teu poder de vida camiñamos.
ALELUIA 1 Cor 5, 7b-8a
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia. Aleluia
Foi inmolado Cristo, a nosa
Pascua;
así que celebremos festa no
Señor.
Aleluia.
Evanxeo Xn 20, 1-9
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
É necesario que resucite de entre
os mortos
No
día primeiro da semana María a Madalena foi ao sepulcro moi cedo, cando aínda
era escuro, e viu que a pedra do sepulcro estaba quitada.
Botou
a correr e, chegando onda Simón Pedro e onda o outro discípulo, a quen amaba
Xesús, díxolles:
‑
Colleron do sepulcro o Señor, e non sabemos onde o puxeron.
Pedro
e mais o outro discípulo saíron correndo cara ao sepulcro. Corrían os dous á
par. Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ao
sepulcro.
Abaixándose,
viu que estaban os lenzos, pero non entrou. Entón chegou tamén Simón Pedro, que
o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí. Pero o sudario que
envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro
lugar.
Entón
entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ao sepulcro; viu e creu.
(Pois aínda non entenderan que, conforme a Escritura, era preciso que
resucitase de entre os mortos).
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
XESÚS RESUCITOU:
SE
CREMOS ESTA BOA NOVA,
ALGO TEN QUE CAMBIAR
NA NOSA VIDA
PÓRTICO
Hoxe celebramos a
Pascua, a festa das festas, porque é o día
da resurrección do Señor. Por iso hoxe, ceos e terra cantan o aleluia,
expresión de ledicia que significa" loade ao Señor".
Celebramos hoxe o
feito central da nosa fe: que Cristo, despois da súa crucifixión, morte e sepultura, "resucitou ao terceiro día".
Cunha conciencia
clara de que non podemos esgotar o contido desta festa de hoxe nun día, senón
que ten que encher a nosa existencia, e ser pulo para ir cambiando, comecemos esta celebración.
O PERDÓN
Porque
quedamos instalados no Venres Santo, na morte, no sufrimento, na dor... e non
camiñamos cara a Pascua,
que é forza para ir cambiando esas situacións en vida,
SEÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR.
Por tantas incoherencias, por tanta falla de
amor, por tantas actitudes da nosa vida coas que non damos testemuño de que a
túa resurrección abriunos un novo camiño,
CRISTO, AXÚDANOS A CAMBIAR.
Porque estamos tan afeito s a vivir unha fe
rutineira, superficial e de falsas seguridades, que estamos lonxe de abrimos ao
cambio e á inseguridade que supón a túa novidade,
SEÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR.
REMUÍÑO
A PASCUA É UNHA TRANSFIGURACIÓN / TRANSIGNIFICACIÓN
DA NOSA VIDA: Os cristiáns e as cristiás falamos case sempre da resurrección de
Cristo coma dun acontecemento que constitúe o fundamento da nosa propia
resurrección e que é promesa de vida eterna, máis alá da morte. Pero moitas
veces esquecemos que esta resurrección de Cristo é, ao mesmo tempo, o punto de partida para vivir xa desde agora dun xeito anovado e cun
dinamismo novo.
Porque crer na resurrección de Cristo é recoñecer que o proxecto de Deus
realízase en cada persoa, é recoñecer que se hoxe reina no mundo a opresión
baixo variadas formas, se a nosa historia réxese pola lei do máis
forte, se a xenreira e a cobiza funcionan coma o motor de moitas vidas; tamén
estamos convencidos de que esta triste realidade pode e debe cambiar, non só
relativa, senón absolutamente. Porque a palabra resurrección indica que o Reino
triúnfa sobre o mundo tebroso. Por iso hoxe nós, con sinceridade e humildade,
tamén ternos que preguntamos, cal é a Pascua que debemos dar este ano?,
traballamos na comunidade con ledicia, con espírito de diálogo, con respecto,
con ganas de aportar sentimento, pensamento e acción ao proxecto común?, en que
cousas quedamos durmidos?, hai estruturas que máis parecen unha tumba baleira
sobre a que nos agochamos a chorar coma as mulleres do relato bíblico
laiándonos do que foi? Pascua non é unha palabra, é
acción, forza do Espírito. Non é unha orde estática senón o continuo movemento da
historia, é urxencia por pensar, achegar, mellorar. É apertura a novas ideas .
A PASCUA É UN COMPROMISO DE TESTEMUÑO: resurrección precisou testemuñas no seu momento, e precisa deles hoxe
tamén. Pero só segundo como vivamos, o noso compromiso será fiable. Co noso
xeito de vida, co noso compromiso social e non con discursos baleiros, así é como estamos chamados a facer xermolar as sementes da resurrección.
Porque estamos convencidos de que paga a pensa seguir o camiño que nos marcou
Xesús de Nazaret e que conduce á verdadeira
felicidade, facémolo realidade na nosa vida cotiá: na nosa familia, na nosa sociedade, no noso traballo, na nosa comunidade cristiá... Porque, como nos lembra Paulo, estamos chamados a buscar as cousas do ceo, ou o que
é o mesmo, chamados a vivir Domingo
de Pascua, coñecendo perfectamente as da terra para
ordenalas debidamente segundo unha xerarquía de valores, para que cando chegue
a hora de elixir, o fagamos desde a opción fundamental por Cristo Resucitado. O
sepulcro baleiro, sen cadáver, é unha chamada á esperanza. Porque o noso
Deus quérenos, quere que sexamos felices, gocemos e sorriamos, quere que
sexamos persoas de verdade, capaces de comprender, de compartir, libres, coherentes ... Que significamos nós, cristiáns
e cristiás para o mundo de hoxe?, Que lévedo lle aportamos?, Que representará
para as persoas deste ano 2014 feito de que nós celebremos unha Pascua máis?
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Poñámonos no camiño da fraternidade de Deus,
e deixémonos levar da súa man dicindo:
Aleluia, resucitou!
·
Pola
Igrexa, para que este tempo de Pascua a cuestione a mirarse a si mesma con
sinceridade, preguntándose se o abandono masivo de tantos cristiáns e cristiás
non se deberá a que a resurrección só é unha palabra ritual, e non forza que
dinamiza a vida da sociedade, OREMOS.
Aleluia, resucitou!
·
Polas
nosas comunidades, para que o tempo de Pascua que hoxe comezamos sexa de
verdade un camiño novo no que sexamos quen de pechar vellas feridas, de
esquecer antigas xenreiras e liortas, de desbancamos dun pasado que xa non é, OREMOS.
Aleluia, resucitou!
·
Por
nós, para que a ledicia e a esperanza da resurrección se manifeste na nosa vida, visitando enfermos, acompañando aos que están solos, alentando aos tristes, escoitando aos silenciados, OREMOS.
Aleluia, resucitou!
Grazas, Señor, por invitarnos a vivir desde a
ledicia, a paz e o perdón a túa resurrección, e así poder encher o nosos corazóns da forza do Espírito. Por Xesucristo, noso imán,
noso Señor. Amén.
REFLEXIÓN
meter o soño azul debaixo das sabas,
pasar de largo, non saber nada,
pasar de largo, non saber nada,
facer a vista gorda ao que pasa,
gardar a sede de estrelas baixo chave.
Dígoche que non vale
gardar a sede de estrelas baixo chave.
Dígoche que non vale
que o amor perda a fala,
que a razón cale,
que a ledicia rompa as súas palabras,
que a paixón confese: Aquí non hai sangue.
Dígoche que non vale
Dígoche que non vale
que o gris sempre se saia coa súa,
que o negro se desmande e diga
cruz e raia ao xúbilo do aire.
que o negro se desmande e diga
cruz e raia ao xúbilo do aire.
Volvo á carga e digo: aquí non cabe
esconder a cabeza debaixo das ás
dicir "non sabía", "estou á marxe",
"vivo na miña torre" e "non sei nada".
Dígocho e repítocho: non vale.
esconder a cabeza debaixo das ás
dicir "non sabía", "estou á marxe",
"vivo na miña torre" e "non sei nada".
Dígocho e repítocho: non vale.
Agustín Míralles
CANTOS
ENTRADA:
LECTURAS:
Canta aleluia ao Señor
OFERTORIO:
OFERTORIO:
Benaventurados
POST-CONSAGRACIÓN:
POST-CONSAGRACIÓN:
Hoxe o Señor, resucitou
PAZ:
Téndeme a túa man
COMUÑÓN:
COMUÑÓN:
Pan do ceo
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario