20 abr. 2014

Este é o día no que o Señor actuou: alegrémonos nel e relouquemos - Salmo 117

Domingo de Pascua de Resurrección - ciclo A


CON XESÚS RESUCITADO

Que a túa luz me ilumine
neste día de ledas luminarias,
Xesús amigo.

Que a túa paz me protexa
neste día de fonda reconciliación,
Xesús amigo.

Que a túa alegría me envolva
neste día de claras restitucións,
Xesús amigo.

Que a túa xustiza me acompañe
neste día de radical igualdade,
Xesús amigo.

Que o teu vigor me conduza
neste día de esperada irmandade,
Xesús amigo.

Que a túa esperanza me alente
neste día de abraiante vitoria,           
Xesús amigo.

Que a túa vida me resucite
neste día de vida desbordante,
Xesús amigo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario