VIXILIA PASCUAL
VIXILIA
PASCUAL
NON TIREMOS AS PEDRAS QUE FOMOS DEIXANDO ATRÁS AO LONGO DA CORESMA;
APROVEITÉMOLAS PARA CONSTRUÍR A CASA, NON PARA PECHARNOS NELA PRESCINDINDO DOS
DEMAIS, SENÓN PARA ABRILA E OFRECELA A CANTOS CON NÓS SENTEN O SEU CORAZÓN DE
CARNE QUE LATEXA BUSCANDO A QUEN NECESITA SER ATOPADO E ACOLLIDO
1) ESCOITA ACTIVA
Comezamos
esta festa de luz e ledicia. Facémolo invocando a Deus para que este lume que
temos prendido, e do que imos acender o cirio pascual, sexa lume que queime
todo canto na nosa vida nos impide abrir ventás para que entre o aire novo que
a renove e lle dea folgos cando se sente esmorecer.
Queimemos
neste lume todo canto nos impedía ter sede de paz, de esperanza e misericordia
na nosa vida, e que nos fai infelices e persoas tristeiras e queixosas, sen a
ledicia de recoñecer que Xesús está ao noso lado.
Botemos ao
lume tódalas pedras que imos atopando en nós, e que nos van afastando de canto
Xesús nos invita a levar á práctica para ser felices: rancor, soberbia,
superioridade diante dos demais, importancia, aparencia ...
Que todo
canto hoxe imos queimar afastándoo de nós, nos faga lixeiros para camiñar
buscando facer o ben a quen nos precise; e superando vellos medos que non nos
deixan sentir que o Evanxeo é sempre ledicia e vida, e non palabra morta.
Dispoñamos
logo o corazón e o ánimo a participar ledos e con espírito de festa nesta
Vixilia de vida e resurrección.
2) LITURXIA DA LUZ
No paso da
morte a vida de Xesús estabamos tod@s presentes, os daquel tempo e os de hoxe.
Neste paso queremos manifestar que na vida, por moitas que sexan as pedras que
imos atopando, se queremos e poñemos da nosa parte gañas e esforzo, podemos
superar os momentos de pesimismo e tristura. Porque son moitos máis os momentos
de ledicia, esperanza e fraternidade, compartidos con tantos rostros amigos e
queridos, que os que nos producen escuridade e dor. Bendigamos entón este lume,
e prendamos do cirio pascual, Luz de Cristo, a chama que vaia iluminando a nosa
vida.
BENDICIÓN DO LUME
por medio do teu Fillo Xesús,
déchesnos
a terra, o aire,
a auga e o
lume.
Neles estásTi
coma principio
e orixe
de todo.
Coa presenza dos
membros da nosa comunidade,
queremos bendicilos +,
para que sexan verdadeiro signo
de transformación renovadora das nosas
vidas,
e que a pascua que agora comeza
prenda en cada un de nós
para poder abrir brazos e agarimar, no
teu nome,
a tantos irmáns e irmás que agardan de
nós
a aperta solidaria do teu amor.
P.X.N.S. Amén.
ACENDEMOS AS VEAS
Unhas poucas persoas
acenden as súas candeas no cirio pascual, e despois van acendendo coa súa
candea as dos demais, ata telas todas acendidas. Se hai bautizos, é neste
momento no que os pais e padriños (que xa acenderon do cirio a candea), se lles
pregunta polo nome d@ nen@ que presentan á Igrexa, e pola súa intención estando
alí. A partires dese momento, comezamos a procesión cara á Igrexa.
PROCESIÓN POLO TEMPLO
Canto: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO
SEÑOR/LUMIÑO DE LÚA CLARA
PREGÓN PASCUAL
(con todas as luces
apagadas, só mantemos prendidas a luz do cirio e as das nosas candeas)
Aledémonos cantos esta noite queremos
participar da festa da resurrección!.
Gocemos da presenza entre nós de quen
nos vén traer a luz!.
O que venceu a tebra e se abriu paso
deixando pegada de esperanza e vida!.
Sintámonos comunidade que, dun cabo ao
outro do mundo,
se reúne gozosa, para anunciar que a
tebra foi vencida,
e que a luz chegou a tod@s!.
Que gozo e que ledicia, poder dicir
ben alto:
que o corazón de Deus vaise abrindo
camiño
no medio dos nosos corazóns,
que a súa invisibilidade fíxose
presenza
no testemuño agarimoso das xentes de
ben!,
que a morte foi vencida, que a vida é
celebrada,
e que o ben segue a ser posible.
É verdade que seguimos sen aprender!.
É verdade que retrucamos unha e outra
vez;
que non acabamos de fiarnos,
que a palabra se nos vai pola boca,
mentres os nosos feitos non acaban de
chegar.
É verdade todo iso;
pero non é menos verdade,
que Ti, Señor, segues a confiar en
nós,
que unha e outra vez,
renovas o teu compromiso de amor e
fidelidade buscándonos,
saíndo ao noso encontro,
e tratando de facernos ver que,
vencido o mal,
o camiño é máis doado.
Estas son as festas da Pascua,
nas que resurrección e vida
camiñan xuntas na persoa de Xesús.
Nesta noite, coma aquela vez en
Exipto,
tamén Ti, Señor, te pos á fronte,
para superar atrancos e afastar
neboeiras.
Está é a noite na que o mundo treme,
porque en Cristo a salvación chegou a
nós.
Esta é a noite na que a ruptura de
cadeas
nos abre un camiño de liberdade,
afastándonos da escravitude
que nos enfronta, domina e encarcera.
Que abraiante a presenza do teu amor
en nós!.
Que incomparable a túa tenrura e
xenerosidade!.
Que testemuño de fraternidade o camiño
aberto
para deixar atrás o pecado que en Adán
nos converteu en limitados e débiles.
Que noite de lumieiras
na que ceo e terra se atopan
na riqueza do divino e humano!.
E así, nesta noite santa,
a ledicia volve agromar nos nosos
corazóns,
a comunidade volve reunirse,
e o pasado quedou atrás,
namentres o abrente se nos vai
achegando.
Que o cirio do que compartimos a luz,
sexa sempre facho de claridade
que nos afaste das nosas escuridades,
e nos faga camiñar
no que une, aleda, ilusiona e nos
marca
un camiño novo no que a esperanza xa
non marcha,
e Cristo resucitado faise un entre nós
e para sempre.
Resucitou, Aleluia!.
(Acéndense as luces)
GLORIA
Canto: GLORIA
3) LITURXIA DA PALABRA
PRIMEIRA LECTURA
(Xén 1, 1-2.2)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO
LIBRO DA XÉNESE
No principio
creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo
Deus:
- “Fagamos o
home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos
paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus
o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos
así:
-
“Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do
mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra”.
E díxolles
aínda:
- “Aí vos dou
as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas arbores que
dan froito, coa súa propia semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás
feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra
doulles a herba para a mantenza”.
E así foi.
E viu Deus
canto fixera e velaí que era de verdade moi bo.
PALABRA
DO SEÑOR
Canto: Canta o sol
ORACIÓN: Pai, que pos diante de nós o mundo e
nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo por facer del
a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S.
Amén.
SEGUNDA LECTURA (Xén 22, 1-8)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO
LIBRO DA XÉNESE
Naqueles
días, Deus puxo a proba a Abraham, chamándoo:
- Abraham!
El respondeu:
- Aquí estou!
Deus
mandoulle:
- Colle o teu fillo, o único que tes e que
tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio,
no cumio dunha das montañas que eu che mostrarei.
Abraham
ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mailo seu fillo
Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ao camiño en dirección do
lugar que Deus lle indicara. Ao terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o
sitio desde lonxe.
Abraham
colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na
man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos.
Isaac díxolle
ao seu pai:
- ¡Meu pai!
El respondeu:
- Que queres, fillo?
O rapaz dixo:
- Levamos lume e leña; pero, onde está o año
para o sacrificio?
Abraham
respondeulle:
- Meu fillo, o año Deus o proverá.
Chegados ao
lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou
ao seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. Despois tendeu a
man e agarrou o coitelo para sacrificar ao seu fillo.
Mais o anxo
do Señor chamou desde o ceo:
- ¡Abraham!, ¡Abraham!
El respondeu:
- Aquí estou
O anxo dixo:
- Non poñas a man no rapaz nin lle fagas
mal ningún.
Abraham
ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou
man del e ofreceuno en sacrificio,no posto do seu fillo. Abraham púxolle ao
lugar de nome Moria.
O anxo do
Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo:
- Por faceres
isto e non me negares ao teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei
crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Todos os
pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido.
PALABRA DO SEÑOR
Canto: Aquí estou Señor, para facer a
túa vontade
ORACIÓN: Pai, aquí estamos, como estivo tamén
Abrahám, para dicirche que si. Para acoller a túa invitación e poñernos en
camiño. Que saibamos devolverche coa nosa vida toda a confianza que vas poñendo
en nós.Que ela nos axude a ir sementando de luz e vida o camiño que percorremos
xunto cos nosos irm@ns. P.X.N.S. Amén.
TERCEIRA LECTURA (Ex 14,15 - 15,1)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO
LIBRO DO ÉXODO
Naqueles
días, o Señor díxolle a Moisés:
- “Que queixas son esas cara a min?. Manda
aos israelitas que se poñan en marcha. Ti ergue a vara, alonga a man sobre o
mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito.
Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E
mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus
cabaleiros. Ao mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que
eu son o Señor”.
Moisés
alongou a man sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que
soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas
entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e
á súa esquerda. Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros
e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.
Cerca da
madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento
exipcio e cubriuno de confusión. Pexou as rodas dos carros, de xeito que non
podían case que andar. Os exipcios entón dixeron:
- “Fuxamos
dos israelitas, pois o Señor loita por eles contra nós”.
O Señor
díxolle a Moisés:
- “Estende a
man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os
seus cabaleiros”.
Moisés
alongou a man cara ao mar e, contra a mañá, este volveu ao seu sitio. As augas,
ao xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón,
que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
Os israelitas
pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa
dereita e á súa esquerda.
Aquel día
salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel recoñeceu con que man
poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu o Señor e creu nel e no seu
servo Moisés.
PALABRA DO SEÑOR
Canto: Ide e pregoade
ORACIÓN: Tamén nós, Señor, temos desexado
moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás escravitudes que nos van
atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices: unhas escravitudes
do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos baleiros.
P.X.N.S. Amén.
CUARTA LECTURA (Is 55, 1-11)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA
PROFECÍA DE ISAÍAS
Isto di o
Señor:
“ Oíde, sedentos todos, vinde por
auga!
Os que non tedes prata, vinde,
comprade comida e comede,
vinde e comprade comida;
sen prata e sen diñeiro comprade viño
e leite.
Porque cambiades prata polo que non
é pan
e o voso xornal polo que non farta.
Escoitádeme ben:
comede ben e que a vosa gorxa se
alegre coa graxa.
Baixade o oído e vinde onda min,
facédeme caso e revivirán as vosas
ilusións,
pois pactarei convosco unha alianza
eterna.
Velaquí: como a chuvia e a neve
baixan do ceo
e non voltan alá sen enchoupar a
terra,
fecundala e facela brotar,
para que lle dea semente ao que
sementou
e pan ao que come,
así tamén será a miña palabra que sae
da miña boca:
non volverá a min en van,
senón que fará o que eu queira,
e conseguirá aquilo para o que a
mandei”.
PALABRA DO SEÑOR
Canto: Pan do ceo, pan de vida
ORACION: Señor, aquí estamos tamén nós
sedentos e famentos de paz, de consolo, de esperanza, de silencio. Si, Señor,
facemos moito barullo, pero con el só conseguimos disimular as nosas
incapacidades para escoitarte e descubrirte no silencio de quen non ten voz
para defenderse dos que poñen por diante das persoas os papeis, as leis ou o
que deciden os que mandan e dominan. Queremos volver a Ti e deixar que a túa
auga e o teu pan nos sacien de esperanza, forza e solidariedade. P.X.N.S. Amén.
QUINTA LECTURA (Ez 36, 16-28)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA
PROFECÍA DE EZEQUIEL
Veume a
palabra do Señor nestes termos:
“Fillo de
Adán, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,
volvérona impura co seu comportamento
e cos seus feitos.
Pero eu
desafoguei o meu noxo neles polo sangue
que verteron sobre a terra,
e polos feitos cos que a mancharon.
Entón eu
esparexinos por entre os pobos
e dispersáronse polos países;
xulgueinos conforme o seu
comportamento
e conforme os seus feitos.
Ao entraren
nas nacións onde foron,
profanaron o meu santo Nome.
Pero eu vou
facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome,
profanado entre as nacións nas que
vós o profanastes.
Entón
recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
-é o meu Señor quen fala-,
cando eu vos faga recoñecer a miña
santidade na súa presenza.
Pois
recollereivos das nacións,
xuntareivos de tódolos países
e traereivos á vosa terra.
Asperxirei
sobre vós auga purificadora e quedaredes puros;
de todas as
vosas impurezas
e de todas as
vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos un
corazón novo
e poñerei nas vosas entrañas un
espírito novo;
sacarei da vosa carne o corazón de
pedra
e poreivos un corazón de carne.
Porei nas
vosas entrañas o meu espírito
e farei que camiñedes conforme os
meus preceptos
e que gardedes os meus mandamentos e
os cumprades.
Viviredes no
país que lles dei a vosos pais:
seredes o meu pobo e eu serei o voso
Deus”.
PALABRA DO SEÑOR
Canto: Danos un corazón
ORACION: Que duros son moitas veces os nosos
corazóns!. Duros para chorar con quen chora, para amar a quen o necesita, para
unirse a quen está fundido e necesita de nós para erguerse, e que a dureza dos
nosos corazóns impide que abramos as nosas mans e nos fundamos nunha aperta
fraternal e sincera. P.X.N.S. Amén.
SEXTA LECTURA (Rom 6, 3-11)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA
CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
Irmáns e
irmás:
Ignorades que a cantos nos bautizaron
en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?. Enterráronnos, logo, con el polo
bautismo na morte, para que, como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do
Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.
Pois se nos enxertaron nel pola
semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén o farán por unha
resurrección semellante.
Pois habedes saber que o noso home
vello foi crucificado para destruír o corpo pecador, de xeito que non sirvamos
máis ao pecado. Porque o que morre, queda liberado do pecado.
Se xa morremos con Cristo, cremos que
tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa
non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un
morrer ao pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.
Así tamén, vós considerádevos mortos ao
pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.
PALABRA DO SEÑOR
Canto: Canta aleluia, aleluia ao Señor
ORACION: O bautismo, Señor, incorpóranos á
comunidade; pero moitas veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca
alegría e pola nosa deixadez. Que esta incorporación á vida nova da graza e da
esperanza na que fomos mergullados o día do noso bautismo, saibamos mantela
viva en cada momento da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
EVANXEO (Mt 28, 1-10)
Canto: Aleluia, aleluia, aleluia: o
Señor resucitou
ou Hoxe o Señor resucitou
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR
XESUCRISTO SEGUNDO MATEU
Pasado o
sábado, na alborada do primeiro día da semana, María Magdalena e maila outra
María foron visitar o sepulcro. Entón produciuse un grande terremoto, xa que o
anxo do Señor, baixando do ceo, removeu a lousa e sentou enriba dela. Tiña o
aspecto dun relampo e o seu vestido era branco coma a neve. Os gardas tremeron
co medo, ficando coma mortos. Mais o anxo díxolles ás mulleres:
‑ Non teñades medo, ben sei que
buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde
ver o sitio onde estaba. E ide axiña dicirlles aos seus discípulos:
"Resucitou de entre os mortos e vai diante de vós para Galilea: alí o
veredes". Iso é o que vos tiña que dicir.
Elas
marcharon do sepulcro con toda a présa, con temor pero cheas de gozo; e
correron para llelo comunicaren aos seus discípulos.
Entón Xesús
saíulles ao encontro dicindo:
‑Alegrádevos.
Elas,
achegándose, abrazáronlle os pés e postráronse ante el.
Xesús
díxolles:
‑ Non teñades medo: ide avisar a meus
irmáns de que marchen para Galilea, que alí me verán.
PALABRA DO SEÑOR
PALABRA ENRAIZADA
· Desde o principio e para sempre, somos
imaxe. Non nunha imaxe calquera, senón imaxe de Deus. Isto fainos iguais uns
aos outros, fai que posuamos a mesma dignidade e lévanos a superar divisións e
enfrontamentos. Sabernos referencia concreta e presente de Deus, inda que
moitas veces non o teñamos en conta ou o esquezamos, lévanos a esforzarnos por
aplicar na nosa vida as palabras de Xesús, que nos di: “cada vez que llo
fixestes a un destes máis pequenos, a min mo fixestes”. Nesta noite de luz e
auga, esperanza e vida, renovación e compromiso; tod@s nós somos invitados a
non deixar pasar esta oportunidade de renacer, de esforzarnos por ver con
outros ollos aquilo que aparentemente non cambiou, o que facemos todos os días,
o que tantas veces nos leva a preguntar se a nosa vida ten sentido e razón de
ser. Pois claro que o ten!!!!!!!!!. Canto hoxe, aquí e agora celebramos,
estánolo a demostrar.
· A afirmación, tantas veces proclamada ao
longo desta noite, de que Cristo vive, non é algo banal ou superficial, senón
afirmación central da nosa fe cristiá, que constantemente nos lembra que a vida
das persoas non esmorece e desaparece para sempre no momento da morte, que xa
non hai nada máis, que todo acabou. O que esta noite estamos a celebrar dinos
todo o contrario. E así o celebraron, creron e viviron cantos de xeración en
xeración nolo foron transmitindo. E porque El vive e venceu a morte, tamén nós
sabemos que, con El e desde El, tamén viviremos e venceremos a morte. Como
tantas veces temos cantado: a morte non é o final do camiño; senón que desde
ela seguimos cara Deus. Gocemos desta boa nova e compartamos a ledicia de saber
que a esperanza da que falamos os cristiáns ten a súa plenitude en Cristo
resucitado... E se El resucitou, tamén nós resucitamos. Gocemos celebrando esta
gran nova!!!!!!!!!!!!!!!!!!.
4) LITURXIA BAUTISMAL
MONICIÓN
Iniciamos agora a liturxia da auga; un ben que cando falta fai que a
vida esmoreza. Neste momento a celebración quere axudarnos a ver como algo
aparentemente tan simple ten unha forza e unha importancia fundamental na vida
dos seres humanos, o que nos fai percibila coma un don co que Deus nos
agasalla, e que debemos coidar sen estragar.
Comecemos, logo, entoando agora as ladaíñas da resurrección que nos
invitan a limpar o corazón coa auga fresca e clara que nos trae Xesús, véndonos
chamad@s a seguir o camiño aberto por aquelas persoas ás que chamamos santas.
A) LADAÍÑAS
- Señor, ten
piedade.
- Cristo,
ten piedade.
- Señor, ten
piedade.
- Xesús,
Salvador do mundo e semente de esperanza,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Santa
María, Nai de Deus, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- San
Miguel, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Xosé, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
- San Pedro,
GRAZAS POLA
FE QUE NOS RENOVA
- San Paulo,
GRAZAS POLA
FE QUE NOS RENOVA
- San
Francisco de Asís, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Santa
Clara, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San
Andrés, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Xoán, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
- Santa
María Magdalena, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Simón, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Fins, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
- San
Mamede, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San
Adrián, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- Santiago, GRAZAS POLA FE
QUE NOS RENOVA
- San
Breixo, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Mateu,
GRAZAS POLA
FE QUE NOS RENOVA
- San
Rosendo, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San
Froilán, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- San Martiño,
GRAZAS POLA
FE QUE NOS RENOVA
- San
Ignacio, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- Santa
Tareixa de Ávila, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- San
Bieito, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- Santa
Catarina de Siena, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Beato Xoán
XXIII, GRAZAS
POLA FE QUE NOS RENOVA
- Nai
Tareixa de Calcuta, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Óscar
Romero,mártir da causa de Xesús,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Dom Helder
Cámara,Bispo dos pobres,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Ghandi,
Luther King e demais testemuñas de xenerosidade,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Tódolos
homes e mulleres de ben, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Pola túa
morte e resurrección, GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Pola forza
do Espírito Santo cada día en nós,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
(SE hai bautizos)
- Para que o
bautismo incorpore a est@ nen@ á túa comunidade,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Para que a
auga do bautismo sexa símbolo de nova vida,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
- Xesús,
Fillo de Deus e amigo de tod@s,
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
GRAZAS POLA FE QUE NOS RENOVA
Que a túa presenza nos
acompañe, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas nosas tarefas
para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción das persoas que
sentimos a ledicia do Evanxeo construíndo unha Igrexa fraterna e
misericordiosa. P.X.N.S. Amén.
B) BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na
pía bautismal)
Señor, que a auga do bautismo sexa
auga de vida. Auga limpa e que calma a nosa sede de paz.
Señor, que a auga do bautismo sexa
auga de vida. Auga que desde o comezo do mundo quixeches que calmara a nosa
sede de misericordia.
Señor, que a auga do bautismo sexa
auga de vida. Auga que enchoupou a terra e lle deu o mellor dos froitos: o
amor, entregado e xeneroso da resurrección.
Limpa Pai coa túa auga os corazóns das
persoas que hoxe celebramos con gozo a ledicia da renovación que nos traes na
resurrección do teu Fillo; e que agora nesta noite de luz e vida, quere
renovarse coa forza da oración compartida. Que esta auga reciba, poloEspírito
Santo, a graza do teu Fillo, para que aqueles que creaches á túa imaxe e
semellanza, polo bautismo, morramos ao vello e renazamos á luz dunha nova
humanidade inaugurada en Xesús .
Que a presenza do Espírito Santo, polo
teu Fillo + descenda sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal,
para que incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza.
P.X.N.S. Amén.
C) RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS
Renovemos agora persoal e
comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:
·
Estades dipost@s a loitar contra o mal que non nos deixa sentir a
ledicia do Evanxeo?. Si, estou dispost@.
·
Estades dispost@s a non caer na tentación de considerar ás persoas como
descartes que podemos facer cando non nos interesan?. Si, estou dispost@.
·
Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñe atristura, a rutina ou
unha vivencia vergoñenta da fe?. Si, estou dispost@.
·
Credes en Deus Pai que nos creou libres e con capacidade de tomar
decisións sen ser manipulad@s?. Si, creo.
·
Credes en Xesús, o seu Fillo,
que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que hoxe nos invita
a renovar a fe na resurrección?. Si, creo.
·
Credes na forza e presenza do Espírito Santo, que alenta a acción da
Igrexa no medio do mundo para encamiñarnos a unha comuñón na que sintamos que o
perdón e máis a reconciliación son medios que nos levan a gozar da resurrección
que nos achega á presenza Deus?. Si, creo.
Pai, que esta fe que acabamos de
proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa
vida. P.X.N.S. Amén.
(Agora tod@ nós recibimos a aspersión
coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza
bautismal)
Canto: A auga do
Señor, cambioume o corazón
FRATERNIDADE ORANTE
Gozosos de
acoller a forza da esperanza que nos trae Xesús resucitado, dicimos xunt@s:
GRAZAS,
SEÑOR, GRACIÑAS
- Pola Igrexa
que nos invitas a construír: fraterna, solidaria, ocupada e preocupada cos
pobres, afastada do poder e da riqueza, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
- Polas
comunidades cristiás nas que somos acollidos e desde as que imos aprendendo
canto significa dicir: paz, perdón, misericordia, colaboración, cercanía,
solidariedade, sorriso, ledicia e traballo comunitario, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
- Porque
nesta noite de pascua volves xuntarnos para que sintamos a ledicia dunha fe que
non mira ao pasado, senón que, desde o presente, chámanos a construír camiños
de futuro onde o entendemento, a xustiza, a liberación, a esperanza vannos axudando
a descubrir o Evanxeo como ledicia que enche e dá sentido ás nosas vidas,
OREMOS
GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS
Grazas Señor, por toda
a forza de renovación, esperanza e ledicia que nos invitas a transmitir coa
nosa vida. Que saibamos poñela ao servizo de cantos senten o gozo de compartir
esta experiencia comunitaria que está noite nos reúne para celebrar a vida.
PX.N.S. Amén.
5.- Liturxia da
Eucaristía
OFERTORIO
Canto: Na nosa terra
SANTO
Canto: Santo
NOSO PAI
Canto: No camiño do amor
PAZ
Canto: Por riba das nosas distancias
COMUÑÓN
Canto: Gracia, Señor, graciñas
MIRADA ESPERANZADA
Quen se achegue a Xesús con fe,
resucita.
Quen diga de corazón: Xesús,
pacifícase.
Quen confese: Señor meu e Deus meu,
renóvase.
Quen escoita a súa Palabra, ilumínase.
Quen ofrece a súa dor, redímese.
Quen parta o pan da Eucaristía,
achégase.
Quen dá testemuño da súa presenza,
santifícase.
Quen aprende a perdoar, divinízase.
E o que comparta os seus pans, sempre
os verá multiplicados.
O que busca a verdade atoparaa, ou
será pola verdade atopado.
Quen crea beleza verá a Deus.
O que enxuga unha bágoa será anxo.
O que denuncia inxustizas será
profeta.
Os que unen, pacifican e cooperan
serán irmáns universais.
serán irmáns universais.
E o que se viste de misericordia,
comprenderá a Deus.
comprenderá a Deus.
Onde hai comunidade, alí está Deus.
Onde hai liberdade, alí está o
Espírito.
Onde hai amor, alí está Deus.
E onde está Deus, hai vida.
E onde está o Espírito, hai paz.
E onde está Cristo,
sempre hai fraternidade.
sempre hai fraternidade.
Nesta noite Cristo fíxose presente
entre nós,
construamos entre tod@s a fraternidade
que nos ensina.
DESPEDIDA
CANTO FINAL Á VIRXE: Boas noites, María
(ESQUEMA DA CELEBRACIÓN)
2) LITURXIA
DA LUZ
BENDICIÓN DO LUME
ACENDEMOS AS VEAS
PROCESIÓN AO TEMPLO
PREGÓN PASCUAL
GLORIA
DA PALABRA
PRIMEIRA LECTURA
(Xén.)
SEGUNDA LECTURA
(Xén)
TERCEIRA LECTURA
(Ex.)
CUARTA LECTURA (Is.)
QUINTA LECTURA (Ez.)
SEXTA LECTURA (Rom.)
EVANXEO (Mt.)
REMUÍÑO
4) LITURXIA
BAUTISMAL
MONICIÓN
LADAÍÑAS
BENDICIÓN DA AUGA
RENOVACIÓN DAS
PROMESAS BAUTISMAIS
FRATERNIDADE ORANTE
5) LITURXIA
DA EUCARISTÍA
OFERTORIO
SANTO
NOSO PAI
PAZ
COMUÑÓN
MIRADA ESPERANZADA
DESPEDIDA
CANTOS
ENTRADA:
Camiñarei na presenza do Señor
Camiñarei na presenza do Señor
GLORIA
SALMOS: Canta o
sol
Aquí
estou, Señor, para facer a túa vontade
Ide
e pregoade
Pan
do ceo, pan de vida
Danos un corazón
Canta aleluia, aleluia ó Señor
Aleluia, aleluia, aleluia: o Señor resucitou
ou Hoxe o Señor resucitou
ou Hoxe o Señor resucitou
ASPERSIÓN: A auga
do Señor
OFERTORIO: Na
nosa terra
SANTO
NOSO PAI: No
camiño do amor
PAZ: Por riba das
nosas distancias
COMUÑÓN: Grazas,
Señor, graciñas
CANTO FINAL Á VIRXE:
Boas noites, María
Comentarios
Publicar un comentario