Frei Rosendo Salvado


O pasado 1 de marzo, celebramos na nosa diócese o bicentenario do nacemento de Frei Rosendo Salvado, benedictino evanxelizador de Australia, e do que pouco se coñece a maiores de ter unha rúa moi coñecida en Santiago. Aproveitando o evento durante todo o ano, haberá en Tui, -cocapital diocesana e o seu pobo natal-, unha exposición sobre a súa vida e influencia na vida dos galegos. Poucos saben que foi o responsable da importación do cultivo forestal por excelencia na nosa comunidade, o eucalipto e tamén das acacias ou mimosas. Probable e tristemente saberán máis del os australianos ca nós.


Aquí tedes a ligazón da exposición:
http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/rosendo_salvado.pdf


Este é un brevísimo esbozo da súa vida tomada de http://galegos.galiciadigital.com/gl :


 Cando tiña quince anos, ingresou no convento benedictino de San Martiño Pinario. Trala decisión do goberno español de desaloxa-los conventos, trasladouse a Nápoles, onde foi ordenado sacerdote en 1839. En 1845 foi destinado como misioneiro á nova diocese de Perth, no sur de Australia. Fundou a colonia de Nova Nursia, na que se dedicou a ensina-la doutrina cristiá ós indíxenas australianos. Durante un tempo tivo que abandona-la colonia australiana por unha decisión do Papa Pío IX que o nomeou bispo de Puerto Victoria, un novo asentamento dos ingleses no norte de Australia. Unha vez que os británicos se retiraron daquel lugar, puido regresar a Nueva Nursia.







PARA SABER MÁIS:


En inglés unhas biografía e ata os seus diarios:
http://adb.anu.edu.au/biography/salvado-rosendo-2627

http://www.newnorcia.wa.edu.au/protecting-a-unique-heritage/the-story-of-new-norcia/the-salvado-era.html

http://biblioteca.universia.net/html_bura/ficha/params/title/the-diaries-of-the-galician-rosendo-salvado-chronicle-of-spanish/id/43141214.html

Ata podedes ver a actual Nova Nurcia:
http://www.youtube.com/watch?v=ULEee2Encz0

Comentarios

Publicacións populares