VENRES SANTO - ORACIÓN
CANTAS PEDRAS HAI NO MEU CORAZÓN
Cantas son as
pedras do meu corazón!
A pedra fría da miña indiferenza,
a pedra dura da miña violencia,
a pedra solitaria do meu individualismo,
a pedra solitaria do meu individualismo,
a pedra grande do meu orgullo,
a pedra gorda da miña cobiza.
a pedra gorda da miña cobiza.
Converte,
Señor, estas pedras en pans.
Pan de tenrura e amizade,
Pan de tenrura e amizade,
pan de
ofrenda e xenerosidade,
pan de limpeza
e bondade.
Recibe, Señor, o meu corazón de pedra,
e transfórmao
en corazón de carne.
Recibe, Señor, os fumes do noso orgullo,
e transfórmaos en luz de servizo.
e transfórmaos en luz de servizo.
Recibe, Señor, o peso da nosa cobiza,
e transfórmao en dinamismo de caridade.
e transfórmao en dinamismo de caridade.
Recibe,
Señor, as nosas dúbidas e os nosos medos,
e transfórmaos en fe confiada.
Recibe,
Señor, os nosos moitos sufrimentos,
e transfórmaos en sacramentos.
Recibe, Señor, as nosas crises,
e transfórmaas
en oportunidades de crecemento e madureza.
VENRES SANTO:
VIACRUCIS
CAMIÑANDO CO POBO
(sobre o texto do evanxeo de Xoán)
(sobre o texto do evanxeo de Xoán)
ESQUEMA
o Monición ao comezo
o Enunciado da estación e texto bíblico
o Resposta:
“Adorámoste Cristo, e bendicímoste que pola túa Santa Cruz redimiches ao mundo”
o Reflexión
o Silencio
o Noso Pai e Avemaría
o Canto: Camiñarei na presenza do Señor
ORACIÓN INICIAL
Como membros de diferentes comunidades parroquiais reunímonos nesta noite para facer un camiño de reflexión, oración e comuñón. Sabémonos compañeiros deste camiño e unímonos para que este momento sexa verdadeiramente camiño de paso da morte á vida; da tristura á desesperanza. É noite de Venres Santo, e a Cruz quere ser símbolo de inicio de novas ilusións, proxectos e esperanzas. Nela e a ela unímonos compartindo momentos da nosa vida nos que descubrimos a necesidade que temos de cambiar, de comezar de novo ou de deixar atrás actitudes e palabras que feriron e levaron dor e tristura ás persoas que de nós as recibiron. Poñámonos logo en camiño co compromiso de querer cambiar e renovar a vida.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
No nome do Pai…
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Estacións sobre o texto da Paixón segundo Xoán
1ª ESTACIÓN:
Xesús pregúntalle á patrulla e a garda dos sumos pontífices e fariseos:
"A quen buscades?"
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
O mesmo que lle preguntaches aos gardas, tamén hoxe nos preguntas a nós: a quen buscades? E o noso conformismo, a nosa desidia, o noso vivir de costumes e tradicións fai que moitas veces non saibamos dar coa resposta. E non sabemos responder porque imos demasiado ao noso aire, buscando o cómodo e fácil, e esquecendo o importante, que a quen buscamos, o mesmo que os gardas, pero con outras intencións, é a ti. Si, a ti para que nos axudes a poñernos en camiño, a perder medos, e a descubrirte entre os irmáns que camiñan ao noso lado. Nesta noite na que nos poñemos en camiño queremos dicilo sen medo nin vergoña: ao que buscamos é a ti, Señor. Oxalá abramos ben os ollos para descubrirte!.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
2ª ESTACIÓN:
Cando Xesús lles dixo: “Eu son”,
botáronse para atrás e caeron ao chan.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Xa non é tempo para entreternos e mirar para outro lado. Nós, a diferenza dos gardas, si que sabemos que queres e quen es Ti: o que escoita, acompaña, ama, alenta… e o que nos invita a nós a facer o mesmo, sen necesidade de facer moito barullo ou de que nolo recoñezan. Sabemos que es Ti porque nolo vas mostrando cada día que nos erguemos e a esperanza é máis forte que os problemas e dificultades; sabemos que es Ti porque imos recoñecéndote no quefacer solidario e entregado de tantas persoas, verdadeiras testemuñas de amor, que dun cabo ao outro do mundo non piden carnés nin certificados, nin tampouco limpezas de sangue e fidelidade a eles mesmos, senón que aprenderon a darse entregando a súa vida ao servizo de cantos o necesiten. Por iso, Señor, sabemos quen es Ti, e como entusiasmas, ilusionas e aledas a vida e os corazóns de moitas persoas; persoas que non son portadas de xornais, revistas de famosos ou programas de televisión, senón simplemente testemuñas do amor.
Silencio / Música
3ª ESTACIÓN:
Xesús dille a Simón Pedro: “ Mete a espada na vaíña;
e logo, non hei beber o cáliz que me deu o Pai?”
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Señor, sabémolo e esquecémolo rápido, pero ti non te cansas de dicírnolo: os problemas e dificultades non se solucionan nin a golpes nin con armas, senón con diálogo, coa capacidade que puxeches en nós, e á que moitas veces non prestamos atención, de escoitarnos, de buscar acordos, de comprender que a violencia non fai máis que xerar máis violencia e pechar mal as feridas. Porén, non deixas de insistir no que é o lema fundamental da túa mensaxe: “amádevos un aos outros”. Que lonxe estamos de escoitarte, entenderte e tomarte en serio!. Pero ti non cansas, e unha e outra vez volves insistir no mesmo: “amádevos!”. Cando acabaremos de entendelo?. Cando deixaremos atrás a tentación, tantas veces consentida, do enfrontamento, a discusión violenta, e o buscar falsas solucións. Si, Señor, sabemos que nos vai custar, pero estamos dispostos, esta vez, a non defraudarte. Buscaremos entendernos cos da casa, no barrio, na parroquia, no traballo… Non vai ser doado, pero non nos imos sentir solos.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
4ª ESTACIÓN:
Entón a porteira preguntoulle a Pedro:
"Non es ti tamén dos discípulos dese home?"
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Ai, canto doe a traizón!. Que dor produce que aqueles nos que confiaches, con quen compartiches situacións e momentos importantes da túa vida acaben por traizoarte!. E cantas veces temos sido nós os que demos as costas a quen esperaba unha palabra, unha visita, unha chamada. Cantas veces, Señor, temos defraudado a confianza que outras persoas puxeron en nós!. O que acabou converténdonos en interesados, aproveitados e mentireiros. Coma Pedro, tamén te temos abandonado moitas veces pensando que iamos para mellor, que iamos obter canto pensabamos que nos faría importantes e superiores aos demais. A realidade ten sido moi outra, e acaba sempre facéndonos tomar conciencia do que somos e de canto temos ido deixando no camiño. Sabedores que nesta noite nos invitas a mirarnos a nós mesmos, e non no que os outros poidan pensar, queremos pedirche perdón polas nosas traizóns, esquecementos e indiferenzas. Nesta confianza queremos dicirche: que non nos deixemos levar polas modas nin polo que fai a maioría, senón que aprendamos a actuar buscando canto nos fai mellores persoas e felices.
Silencio / Música
5ª ESTACIÓN:
Xesús respondeu: “Eu falei á vista do mundo, publicamente;
eu sempre ensinei na sinagoga e no templo… e non falei nada ás agachadas”
Reflexión
Ti, Xesús, nunca fuches un home de estratexias. Non falabas nin actuabas pensando o beneficio que ías obter. Non buscabas votos, tampouco che importaba moito dicir o que considerabas que era a verdade, e moito menos te deixabas levar pola presión que exercían os máis poderosos, os que concedían premios e prebendas. Non, Señor, ti soubeches, e aprendíchesnos, que non debemos de ter medo a dicir que hai persoas que non actúan ben e que fan cousas que feren e non favorecen o respecto dos demais; cando diante destas situacións calamos, convertémonos en cómplices e afastámonos de ti e do que ti nos pides. Non falabas ás agachadas, non eras servil, non obtiñas prebendas a custa da dor dos demais. Isto foi o que nos ensinaches, pero nós moitas veces témolo esquecido, temos tirado pola borda canto para ti foi o sentido e a razón da túa vida: buscar a verdade e comportarnos sempre con honestidade.
Grazas e perdón, Señor.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
6ª ESTACIÓN:
Un dos criados do Sumo Sacerdote díxolle a Pedro:
"E logo non te vin eu na horta con el?"
Pedro negou outra vez; e naquel intre empezou a cantar un galo.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo
Reflexión
E volve a negación!. Mira que somos testáns! Que pouca memoria temos!. Pero ti, Señor, non te das por vencido. Segues a confiar en nós, a darnos novas oportunidades. Cantas veces nos temos sentido desgraciados por ternos arrimado ao sol que máis quenta, sabendo que non era ese o sol do que ti nos falabas e polo que entregaches a túa vida como solidariedade e desde o amor. Si, unha vez máis, somos Pedros que enganan, esquecen aos demais e por interese pretenden ignorar que non hai liña divisoria entre o que está ben e o que está mal. Que razón tiñas cando dicías que non todo é o mesmo nin dá igual, que hai cousas que non se poden relativizar nin facer de menos, porque nelas vai a vida e a felicidade dos demais. Que os galos da nosa conciencia nos impidan esquecer isto. Que nunca nos deixemos ir polo camiño cómodo e fácil que o acaba xustificando todo, que pode facernos sentir ben no momento, pero que acaba por volverse contra nós, porque cando a persoa está polo medio, nada pode relativizarse facéndoa de menos.
Silencio / Música
7ª ESTACIÓN:
Os xudeus contestaron: “Non nos é lícito matar a ninguén”.
Cumpriuse a palabra de Xesús, sinalando con que morte había morrer.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Cando moitos están convencidos de que a vida non vale nada, ti volves insistir no contrario: en que a vida é o mellor dos bens que temos, e invítasnos a conservala, por riba de intereses persoais ou dos afíns a nós. Non nos é licito matar a ninguén, veña esta morte a modo de falta de oportunidades, perda de emprego, busca de maior ganancia, negación de axudas a quen está a coidar enfermos dependentes, ten nenos pequenos ou busca unha vivenda digna. A vida en perigo, en moitas das veces, ten nome de muller. E se en algo ti insistiches foi na denuncia de canto supoña utilizar e abusar da dignidade da muller. Nunha sociedade como era aquela na que a muller era invisible e non contaba para nada, ti non te cansaches de insistir, unha e outra vez, do respecto da vida e da valoración do traballo e recoñecemento da muller.Dous mil anos despois, e non poucas veces, temos feito oídos xordos a esta túa insistencia.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
8ª ESTACIÓN:
Pilato preguntoulle. “Es ti o Rei dos xudeus?”
Xesús respondeu: “Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?”
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Xesús, na súa persoa e na súa mensaxe, viu instaurar o Reino. A diferenza de cómo o entendían os seus contemporáneos, o Reino de Xesús non se asocia con poder, autoridade, prestixio… senón con sinxeleza, dispoñibilidade, xustiza, liberdade, paz… amor. A nós tamén nos pasa coma aos contemporáneos de Xesús; cando falamos do Reino moitas veces o asociamos a poder, cartos, posesións… e nisto ten tido moito que ver o actuar da Igrexa por medio dos seus ministros: papas, bispos, curas… ao longo dos séculos. Así, namentres por unha parte falaban de pobreza, entrega, solidariedade… pola outra eles mesmos ían acumulando poder e posesións. É dicir, íanse afastando do Evanxeo. Se nós hoxe queremos volver os ollos ás palabras de Xesús, non nos queda outra que apartarnos dese xeito de vivir a fe. Pero iso non nolo ten que contar ninguén, debemos experimentalo nós, e para iso necesitamos atoparnos persoalmente e de verdade con Cristo. O Cristo que sofre, o Cristo que non ten traballo, o Cristo que ten a súa familia rota, o Cristo… que cada día se nos presenta diante dos nosos ollos e non podemos pasar del. Que non nos deixemos enganar polas imaxes dos cristos que se quedan pechadas nas igrexas, e ás que o seu medo a dialogar co mundo, acaban convertendo en fósiles do pasado, e non en seguidores esperanzados de quen pasou polo mundo facendo o ben.
Silencio / Música
9ª ESTACIÓN:
Pilato díxolle: “Mirade, tráiovolo fóra,
para que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha”.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Pilato non atopaba nada malo en ti, pero o seu querer quedar ben con aqueles que buscaban condenarte impedíalle ser el mesmo e soltarte. Por iso: querer quedar ben. Dous mil anos despois, tamén a nós nos pasa moitas veces coma Pilato, que nos lavamos as mans, e non para comer certamente, senón para agachar a cabeza debaixo do sobaco e así pretender crer que non vemos o que pasa. Nos guste ou non, o que pasa ao noso redor inflúenos e pide de nós resposta e compromiso. De nada nos vale virar a cara e mirar para outro lado, a realidade está aí e é a mesma para todos. Imos deixar que pase sen tentar cambiala para mellor?. Cando nos interesa, inda que saibamos que comportamentos, afirmacións, posturas sobre diversas cousas non só non deberiamos tomalos, senón que sería a nosa obriga mostrar publicamente a nosa desconformidade, o noso medo, o querer quedar ben, a nosa mediocre timidez acaba levándonos a transixir coa dor que se lle produce a outras persoas, e nós, coma sempre, seguimos calados. Por que, Señor, seguimos actuando coma Pilato, e non coa túa liberdade e sinceridade?
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
10ª ESTACIÓN:
Xesús díxolle a Pilato:
“Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba.
Por iso o que me entregou a ti ten maior pecado”.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
E outra vez Pilato conversando con Xesús. Cómo se nota que non as tiña todas consigo!. Por unha banda quería contentar aos que lle levaban a Xesús para que, no nome de Roma, de quen era representante o condenara; e pola outra recoñece que non hai delito algún polo que condenalo, recoñecendo que era unha cuestión ao interno do xudaísmo. Non querendo complicarse expresa a súa posición co lavado das mans, como dicindo: a min non me compliquedes a vida. Nós, tamén moitas veces actuamos coma Pilato diante das decisións que temos que tomar. Tamén nos lavamos as mans para non complicarnos. Somos dos que cando as cousas van ben rimos, compadreamos e botamos a man polo lombo, pero ao chegar os problemas, as dificultades ou a necesidade de decidir, xa se nos complica a cousa e comezamos a mirar para outro lado. Así, silencios, afastamento das persoas en dificultades, indiferenza e outras moitas actitudes acabamos practicándoas nós con aquelas persoas coas que antes eramos unlla e carne e amiguísimos de toda a vida. Moito temos, Señor, que pedir perdón por ter actuado así, por ter abandonado a aqueles que confiaban en nós e tanto nos necesitaron neses momentos. O noso querer quedar ben, unha vez mías, traizoounos a eles e deixou un profundo baleiro en nós.
Silencio / Música
11ª ESTACIÓN:
Entón os Sumos Sacerdotes insistiron: “Nós non temos máis rei có César”.
E Pilato entregóullelo para que o crucificasen.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
E Pilato cedeu. Inda que sabía que non debía entregárllelo, fíxoo. Nesa entrega estaba xa ditada a sentenza: a morte na cruz. E todo polo fanatismo dun poucos, e o deixarse ir, como ocorre case sempre, da gran maioría. Coma hai dous mil anos en Xerusalén, tamén hoxe, nas parroquias, nas familias…, podemos estar a vivir o mesmo. Así, diante da capacidade de manipular, influír, gañarse a confianza buscando o seu interese dos que neles confían e cren, acaban deformando a realidade facendo crer aos demais non como son as cousas, senón como eles queren que sexan. Que difícil é conseguir a boa sona, e que fácil, inda que sexa con mentiras e manipulación, perdela. E unha vez perdida, mesmo o que se diga nin responda á realidade nin sexa verdade, vai deixar marcada a esa persoa para sempre. Algunha vez nos temos parado a pensar o que dicimos e o mal que podemos facerlle aos demais se o que dicimos non responde á verdade senón a un “disque“ ou a un dixéronme?. Pilato entrega a Xesús para que o crucifiquen. A cantos temos entregado nós tamén para que con comentarios, medias verdades, miradas de desconfianza, historias inventadas… acaben sendo crucificados?
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
12ª ESTACIÓN:
Os soldados colleron a túnica, falaron entre eles e dixeron:
“Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca”.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
O mesmo que os soldados, hoxe son moitos os que non queren rachar a túnica do gañar máis, do abusar do poder, do aproveitar a crise para mandar traballadores ao paro, dos… Como ocorría coa túnica onte, hoxe o que se sortean son as vidas humanas, e non importa a súa situación, as dificultades polas que persoas e familias poidan estar pasando. Para que repartir, compartir ou pensar nas persoas?. Iso non faría máis que facer perder beneficios, dise sen rubor ningún. E onde antes se falaba de persoas con nome e apelido que non teñen traballo, agora dise que está no paro o 10, 15 ou 20%, como se iso nos fixera esquecer que seguen as ser persoas con nome, apelido e familia. Aos grandes, aos que teñen moito, a crise non lles afecta, para que, si se foron preparando con tempo para que non os pillara desprevidos, vaia si se prepararon!. Que ben e moito que gañaron. Diante disto, nós, esta noite na que queremos reflexionar desde a vida real, cos seus problemas e dificultades que a todos nos van golpeando, o sentido e lugar que a fe lle concedemos na nosa vida. Se ela é luz na tebra, esperanza na incerteza e solidariedade no individualismo, entón estamos no camiño que nos marcou Xesús e invitou a seguir e vivir en comunidade. Que nós, a diferenza dos soldados, si saibamos repartir a nosa túnica con aqueles que o necesitan e aos que a vida lles foi pechando portas.
Silencio / Música
13ª ESTACIÓN:
Ao pé da cruz estaban as mulleres, Xesús, vendo a súa nai díxolle:
“Muller, velaí ao teu fillo”.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Nos momentos fundamentais da vida de Xesús sempre estivo unha muller: ao nacer, cando foron ao templo, en Caná de Galilea, e como non, tamén ao pé da cruz. Esta presenza vai pondo de manifesto que Xesús, a diferenza da sociedade na que vivía, tan cargada de prexuízos respecto das mulleres, e someténdoas ao dominio dos homes, non ten dificultade en querer rachar con canto se ía opondo á igualdade que El pregoaba coa súa palabra e cos seus feitos. Para Xesús a muller non debía ser nin relegada ao ámbito da casa (no seu grupo había varias mulleres), nin había converterse en escrava do home (primeiro o pai e logo o marido). Ao contrario, a súa benaventuranza sitúa ás mulleres dentro do proxecto igualitario, humanizador e libre do Reinado de Deus. E a salvación que El converte en plenitude e sentido da vida, non ha ser unha salvación en dúas vías, unha para os homes e outra para as mulleres, senón igual para todos. Mágoa que os séculos de vida da Igrexa, e mesmo a realidade actual, non indican que os seus seguidores teñan entendido e posto en práctica esta máxima que para Xesús era fundamental: libres, iguais e todos imaxe de Deus.
Canto: Camiñarei na presenza do Señor
Silencio / Música
14ªESTACIÓN:
Xesús dixo: “Teño sede”.
Achegáronlle á boca unha esponxa empapada en vinagre.
Cando probou o vinagre dixo: “Está cumprido”. E entregou o espírito.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Como lle pasou a Xesús na cruz, tamén lle pasa a moitos homes e mulleres hoxe no noso mundo: teñen sede de xustiza, liberdade, paz, igualdade, respecto,amor, comuñón coa natureza… Son moitas as sedes que o noso xeito de vivir e consumir van provocando entre as xentes, e que sofren principalmente os máis pobres e marxinados. A reflexión desta noite quere ser unha chamada de atención para que todas e todos nós fagamos un esforzo por atallar esas sedes; un esforzo desde as nosas maneiras de comportarnos, de tratar aos demais, de aprender a non converter o consumo no deus da nosa vida, en esforzarnos, máis alá das palabras, por coidar o medio ambiente, comezando pola nosa casa. Si, Señor, son moitas as sedes que os cristiáns somos invitados a saciar. Sabemos que non o podemos facer solos, que os comportamentos individuais non chegan, que temos que agruparnos, promover e compartir proxectos xuntos, que solo avanzando con outros, moitos máis puideran quedar verdadeiramente saciados. Que non fagamos coma os soldados, e non deamos o vinagre da insolidariedade, do maltrato, de explotación, da destrución medioambiental… como resposta a túa invitación de curar a sede dos irmáns. A solidariedade é vida, o contrario solo trae morte e esquecemento. Que na tardiña baixa da nosa vida, tamén poidamos dicir: cumpriuse o tempo, o traballo está feito, e o sorriso agromou nos beizos e vidas dos teus fillos, Señor.
Canto: Cando me colle a noite no camiño…
Silencio / Música
15ª ESTACIÓN:
Faixaron o corpo de Xesús con panos e lavárono con aromas.
No sitio onde estaba o sepulcro había un xardín...
Cando na amencida do domingo chegaron as mulleres alí non o atoparon: resucitara.
Adorámoste Cristo e bendicímoste porque pola santa Cruz redimiches ao mundo.
Reflexión
Camiño da amencida, tamén nós queremos experimentar na nosa vida o triunfo da resurrección, a vitoria sobre a morte. A pascua cara á que nos encamiñamos quere ser signo e realidade da crenza nun Deus que non nos abandona no camiño, senón que o prolonga para que poida ser pleno, como pleno foi o camiño final ao que chegou Xesús. No final dese camiño gustaríanos que os panos cos que nos vistan e os aromas cos que nos laven, sexan panos e aromas do amor que fomos capaces de ir sementando ao longo da nosa vida. Así, cando dicimos resucitou, queremos dicir tamén: e nós queremos resucitar contigo, e nós non queremos quedarnos polo camiño, e nós non queremos caer no deshumanizado materialismo que nos nega a posibilidade de plenitude e esperanza. Non, Señor, nós si cremos e confiamos en ti, inda que moitas veces nos resulta difícil, e non solo polo que pasa fóra das nosas comunidades ou polo que din de nós, senón pola falta de testemuño daqueles nos que confiamos, daqueles que terían que ter sido para nós testemuñas coherentes da túa mensaxe. Pero a pesares destes falsos profetas, e porque nós, como lle pasou ás mulleres, non cremos neles, senón en ti, queremos continuar o camiño que tamén un día, como ocorreu contigo, nos levará á plenitude; alí onde a morte non existe e a vida non remata nunca, a resurrección. Que deixemos dunha vez de insistir para verte na rutina, o conformismo e o rito baleiro, pois sabemos que alí non te atoparemos nunca porque non estás. Grazas, Xesús, por querer dicírnolo e compartilo con nós.
Silencio / Música
Rezo do Noso Pai
Canto á Virxe: Boas noites che cantamos María.
Comentarios
Publicar un comentario