Ramos A. Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches? - Salmo 21
Domingo de Ramos - ciclo A
NON TE RENDAS
Non te rendas, aínda estás a tempo
de alcanzar e comezar de novo:
aceptar as túas sombras,
enterrar os teus medos,
liberar o lastre,
retomar o voo.
Non te rendas que a vida é iso:
continuar a viaxe,
perseguir os teus soños,
destrabar o tempo,
correr os entullos,
e destapar o ceo.
Non te rendas, por favor non cedas.
Aínda que o frío queime,
aínda que o medo morda,
aínda que o sol se esconda,
e que cale o vento,
aínda hai lume na túa alma
aínda hai vida nos teus soños.
Porque a vida é túa e teu tamén o desexo.
Porque o quixeches e porque te quero.
Porque existe o viño e o amor, é certo.
Porque non hai feridas que non cure o tempo.
Abrir as portas,
quitar os ferrollos,
abandonar as murallas que te protexeron,
vivir a vida e aceptar o reto,
recuperar a risa,
ensaiar un canto,
baixar a garda e estender as mans
despregar as ás
e intentar de novo,
celebrar a vida e retomar os ceos.
Non te rendas, por favor non cedas.
Aínda que o frío queime,
aínda que o medo morda,
aínda que o sol se poña e que cale o vento,
aínda hai lume na túa alma,
aínda hai vida nos teus soños.
Porque cada día é un comezo novo,
porque esta é a hora e o mellor momento.
Mario Benedetti
Comentarios
Publicar un comentario