6 abr. 2014

Eu son a resurrección e a vida - Xn 11, 1-45

Domingo 5 de Coresma - ciclo A


NAS TÚAS MAN TRANSFÓRMASE O MUNDO


Ti dis: “Eu son a resurrección e mais a vida”.
E todo cambia ante os nosos ollos.
Nas túas as mans transfórmase o mundo, Señor.

A nosa terra, escenario de odios,
convértese en semente do teu Reino.
Ti traballas nos seus sucos.

A nosa ledicia, que tan pronto pasa,
faise semente da alegría eterna.
Da súa luz ti sacarás o sol.

A morte xa non pon remate,
porque no remate Ti sementas
o comezo.

A vida e a morte en duro combate.
Vence a vida porque Ti está con ela.
E nós venceremos canda ti.

En Ti resucitou aterra.
En Ti resucitou o ceo.
En Ti afúndese todo
E érguese, senlleira, a vida.

                                                  
                                           P. Loidi: 
                                             Gritos y plegarias  



No hay comentarios:

Publicar un comentario