Fichas e Lectio-Domingo de Ramos A
DEBUXOS ADAPTADOS DE: http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/
MANUALIDADES
Atopei diferentes estilos para facer palmas do domingo de ramos,
en América é moi tradicional facer cruces de palma,
pero as nosas tradicións son un pouco diferentes,
aquí tedes para facer o que máis vos apeteza:
(este podes facelo cunha folla de palmera ou cunha tira de cartolina)
LECTIO :
Hoxe, Domingo de Ramos, celebramos a entrada de Xesús en Xerusalén. O evanxelista Mateo descríbenos o escenario. Dous son os grupos que forman o cortexo de Xesús, marcados por diferenzas que Mateo destaca especialmente:
Os que lle seguen: Xesús chega a Xerusalén acompañado por un grupo procedente de Galilea, a rexión con menos apego relixioso ás formas ortodoxas do xudaísmo. Galilea significa a actitude vital espontánea que recoñece en Deus a fonte dunha liberdade nova de face á vida, a orixe dunha lei divina-humana comprensible e radical que senta as bases dunha nova convivencia, a forza que guía á "conquista" dunhas formas de vida mellores para todos. A actividade, o sentido, a espontaneidade, a vida, a apertura humana, o sentido relixioso sinxelo e confiado, son as características deste grupo.
Os que están en Xerusalén: Este grupo é sorprendido dentro das murallas da cidade fortificada, son os que están pertrechados tras as barreiras de seguridade que ofrecen a cidade santa e o Templo. Xerusalén non é un lugar en Mateo: é a actitude relixiosa fiel á tradición, firme nas súas conviccións, honrada no seu esforzo por cumprir as leis, medorenta do Deus-Xuíz, asidua ás celebracións do Templo, convencida da obrigación de salvagardar íntegro o depósito da Palabra de Deus, ancorada nunha actitude defensiva fronte ás innovacións. Neste grupo ampáranse quen de boa fe entenden a relixión como unha repetición mecánica do que recibiron dos seus pais e quen con menos boa fe, e interesados nas súas posicións privilexiadas, desexan conservar o status adquirido.
Unha persoa: Nese escenario grandioso da cidade e os seus arredores, todo o mundo está polarizado por unha persoa que levanta moito alboroto sen motivos aparentes. Xesús, montado nunha burriña, unha imaxe entre ridícula e grandiosa, espontánea e premeditada, sinxela e complicada.
Unha pregunta: Quen é este? A eterna pregunta que desde fai dous mil anos moitos homes e mulleres do mundo nos facemos. Unha pregunta que se volve interrogante sobre quen a expón e cuestiona ao home sobre o lugar onde el está situado ao facela
A resposta de Mateo: Mateo dános unha resposta que di moito ou pode non dicir nada. Tras a súa resposta está todo o contido do seu evanxeo sobre Xesús, como novo Moisés que trae unha nova e maior liberdade, unha nova lei para unha nova marcha cara a unha nova terra onde todos os homes podamos vivir mellor. Pero este novo Moisés sentado sobre un pobre animal pode rachar a nosa seguridade material, social e relixiosa. A nosa resposta pode ser a de quen lle acompaña pola vida ou de quen lle espera impasible para velo desfilar morto pola rúa nestes días de Semana Santa, o cal é unha forma de querer conservalo momia, porque vivo pode ser perigoso.
VER TAMÉN :
http://iglesiadesopelana3m.blogspot.com.es/2014/04/04132014-palm-sunday-a.html (4º idioma:galego)
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2014/04/13-de-abril-domingo-de-ramos-a.html
Comentarios
Publicar un comentario