Toma o Neno e a súa Nai e escapa a Exipto - Mt 2, 13-15.19-23
Festa da Sagrada Familia - ciclo A
FAMILIA UNIDA
Nacestes xuntos e xuntos para sempre.
Estaredes xuntos cando as ás brancas da morte
espallen os vosos días.
Si; estaredes xuntos aínda na memoria
silenciosa de Deus.
Pero deixade que haxa espazos na vosa
proximidade.
E deixade que os ventos do ceo dancen entre
vós.
Amádevos o un ao outro,
pero non fagades do amor unha atadura.
Que sexa, máis ben, un mar movible
entre as costas das vosas almas.
Enchédevos un ao outro as vosas copas,
pero non bebades dunha soa copa.
Dádevos o un ao outro do voso pan,
pero non comades do mesmo anaco.
Cantade e bailade xuntos e estade alegres,
pero que cada un de vós sexa independente.
As cordas dun laúde están soas,
aínda que treman coa mesma música.
Dade o voso corazón,
pero non para que o acapare o voso compañeiro.
Porque só a man da Vida pode conter os
corazóns.
E estade xuntos, pero non demasiado xuntos.
Porque os alicerces do templo están aparte.
E, nin o carballo crece baixo a sombra do
ciprés
nin o ciprés baixo a do carballo.
(C.Gibran, O Profeta)
Comentarios
Publicar un comentario