Dereitos Humanos - 10 de decembro
Xusticia e Solidariedade
Xusticia-Paz-Integridade da Creación
(JPIC)
(JPIC)
MOTIVACIÓN
‣
A opción polos dereitos humanos non nace dunha
teoría nin dunha doutrina senón que se inicia na contemplación de Xesús de Nazaré,
que nos leva a un auténtico, radical e duradeiro compromiso polos Dereitos
Humanos, emerxe na capacidade de oír o grito sufrinte das vítimas. Si a nosa
sensibilidade é a de Xesús, o noso comportamento será o de Xesús. Si o noso
xeito de ver as cousas, os nosos gustos, o noso tacto, a nosa forma de
escoitar, as nosas repugnancias, o noso olfacto, son os de Xesús, estará
resolto o noso seguimento a el (porque non é suficiente pensar como el). A
mesma Declaración da ONU en 1948, provoca á mobilización das nosas enerxías
amorosas, á compaixón, a favor do sufrinte e oprimido. Certamente conmemorar
séguenos dicindo que o reto continúa e chámanos a escoitar e actuar hoxe na
nosa historia.
1. CANTOS A ELIXIR: “Todo es de todos”, “Los favoritos de Dios”
(Luis Guitarra), “Solo le pido a Dios”
(Mercedes Sosa), “La persona es lo
primero” (HOAC de Andalucía).
2. Gritos:
Historias humanas contadas por Amnistía Internacional para escoitar e actuar:
Despois
de cada dúas historias, cantamos:
Sólo le pido a Dios
que el dolor no me sea indiferente,
que la reseca muerte no me encuentre,
vacío e solo sin haber hecho lo suficiente.
* Resulta difícil cuantificar o número de nenos e nenas soldado no mundo. O recrutamento de menores de 18 anos nas forzas armadas (tanto oficiais como milicias rebeldes) existe en polo menos 86 países e territorios de todo o mundo. Aínda que África é o continente co maior número de nenos e nenas combatentes, este fenómeno afecta tamén a Asia, a Oriente Medio, a Latinoamérica (14.000 nenos e nenas estarían combatendo en Colombia) e a Europa.
* Ramatoulaye, de Burkina Faso, deu a luz por primeira vez aos 12 anos. O centro de saúde onde levaba o seu cuarto embarazo atopábase a 12 km. de distancia alén do río Nakambe. "Buscamos o barqueiro, pero non estaba. Dei a luz soa na beira do río." (Anna Kari)
* En Afganistán, numerosas
activistas, xornalistas, profesionais da saúde, do ensino ou da política
exercen unha función esencial na loita polos Dereitos Humanos de mulleres e nenas. Alfabetizan, xestionan
albergues para superviventes de violencia de xénero ou sensibilizan sobre os
perigos dos matrimonios forzosos e temperas. Estas persoas son ameazadas e
asasinadas.
* Guinea Ecuatorial: Liberade a presos de conciencia! Agustín Esono Nsogo, leva máis dun ano no cárcere e foi torturado.
* Pakistán, “Xa non me gustan os ceos azuis, prefiro cando están plúmbeos porque entón non voan os drons”. Nabeela tiña 8 anos cando viu caer un mísil sobre a súa avóa Mamana Bibi, de 68 anos, mentres recollía verduras. Ela e outros nenos e nenas con quen xogaba preto da zona, resultaron feridos de metralla. Presidente Obama: Por que mataron á miña avoa? EEUU debe render contas polas mortes causadas mediante drons".
* España: Vivenda, sanidade,
educación… En centos de manifestacións, a mesma chamada: “Os dereitos humanos
non se recortan”, “Con crises ou sen crises, as persoas somos o primeiro”.
* A liberdade de expresión, reunión e asociación son "deportes" de risco en Rusia. Esixe ao presidente Putin que respecte estes dereitos. A policía rusa impide filmar durante unha manifestación pola liberdade de expresión. (Tomasz Kizne)
* Millóns de persoas en todo o mundo viven en condicións intolerables en barrios marxinais e non teñen acceso ao nivel existencial mínimo de auga potable, saneamento, atención á saúde, seguridade ou educación".
* As mozas sobreviventes de violencia
sexual enfróntanse a enormes obstáculos á hora de denunciar os delitos
perpetrados contra elas. Resulta difícil atopar información sobre onde obter
axuda, e moitas novas sobreviventes de violación sofren o rexeitamento da súa
familia e a súa comunidade. O estigma asociado aos delitos sexuais en Nicaragua
implica que, a miúdo, é á vítima a quen se culpa, e non ao agresor.
* A violación, especialmente a de nenas, a miúdo só sae á luz cando desemboca nun embarazo. Desde 2008, en Nicaragua o aborto está tipificado como delito penal. Todos os abortos están prohibidos en todas as circunstancias, independentemente do nova que sexa a vítima de violación ou o graves que sexan os riscos que entrañe o embarazo para a súa vida ou a súa saúde. As nenas que dan a luz a consecuencia dunha violación apenas reciben axuda do Estado -si é que reciben algunha- para volver encamiñar a súa vida.
* O comercio internacional de armas
fomenta os abusos graves contra os dereitos humanos, a violencia armada, os
conflitos, a delincuencia organizada e a pobreza en todo o mundo. Como
consecuencia, cada ano centos de miles de persoas resultan feridas ou mortas,
sofren violación ou son reprimidas e obrigadas a fuxir dos seus fogares.
Esnaquízanse familias. Négase o acceso a servizos médicos e educativos, entre
outros, e destrúense medios de subsistencia.
* A maioría dos emigrantes irregulares proceden de Centroamérica, e inician a súa viaxe co perigoso cruzamento de Guatemala a México a través dos estados fronteirizos de Chiapas ou Tabasco. Só chegan á fronteira con Estados Unidos quen sobreviven a unha viaxe cheo de perigos. Moitos e moitas serán vítimas de malleiras, secuestro, violación e ata asasinato ao longo do camiño. As súas vidas e mortes permanecen case sempre ocultas. Moitas das súas historias nunca se contarán.
3. Traer á memoria outros gritos que levamos dentro e facer un firme compromiso.
(Nunha folla traer escritos os valores que sustentan os dereitos humanos, pintados polos nenos;
cunha palabra cada un é suficiente. Logo pódense recoller formando as palabras :
"Dereitos Humanos")
4. Lectura contemplativa e en paralelo entre dúas persoas sobre a Declaración Universal dos DDHH. e o Evanxeo.
1. Toda persoa ten dereito
a un nivel de vida adecuado que lle asegure o vestido, a vivenda, a
asistencia médica e os servizos sociais necesarios. A maternidade e a
infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais. (Art.25)
|
1. Chegou o tempo do parto e deu a luz ao seu fillo primoxénito;
envolveuno en capizos e deitouno nunha manxadoira porque non había sitio na
pousada. Lc 2, 7
|
2. Toda persoa ten dereito a saír de
calquera país, ata do propio, e a regresar ao seu país. (Art. 3.1)
|
2.
Herodes vai buscar ao neno para matalo. Xosé ergueuse, colleu o neno e á súa
nai de noite, foise a Exipto, e quedouse alí ata a morte de Herodes.(Mt 2,
13-14)
|
3. Toda persoa ten dereito á educación.
(Art. 26.1)
|
3. Como
é este tan instruído, se non estudou? (Xn 7,15)
|
4. Todo individuo ten dereito á
seguridade da súa persoa. (Art.3)
|
4. Todos
na Sinagoga se puxeron furiosos e, levantándose, empuxárono fóra do pobo ata
un barranco do cerro onde se alza o pobo, con intención de despenalo.
(Lc,428-
|
5. Toda persoa ten
dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.(Art.3)
|
5. Esta afirmación de Xesús provocou nos
xudeus máis desexos de matarlle, porque non só abolía o sábado, senón que
ademais dicía que Deus era Pai seu. (Xn
5.18)
|
6. Toda persoa ten dereito a
circular libremente. (Art. 13.1))
|
7. Xesús
percorría Galilea, evitando pasar por Xudea porque os xudeus trataban de
matalo… Despois subiu el tamén, non abertamente, senón ás agachadas.
(Xn7,1.11)
|
6. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido. (Art. 9)
|
8. Presentouse
unha turba con machetes e paus… botáronlle man e prendérono. (Mc 14,
|
9. Toda persoa ten dereito a ser
oída publicamente e con xustiza, por un tribunal independente e imparcial.
(Art.10)
|
10. Os
sumos sacerdotes e o Consello en pleno buscaban un falso testemuño contra
Xesús para condenalo a morte. (Mc.14,55)
|
Centramos os nosos sentidos en Xesús de Nazaré, loitador
comprometido na defensa dos dereitos humanos. Así é como Xesús salva á
humanidade. Preguntarnos nos a que nos chama. Facemos silencio.
A cada chamada respondemos. Reafirmamos e comprometémonos.
"Escoiten agora, gobernantes e xefes de Israel, Seica non corresponde a vostedes saber o que é a xustiza? En cambio, odian o ben e aman o mal; esfolan o meu pobo e déixanlle os ósos pelados. Cómense vivo o meu pobo. (Miqueas 3, 1- 4)
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
"Deus quere unha sociedade en que todos poidan exercer plenamente os dereitos humanos. Todos os seres humanos son creados a imaxe de Deus, para ser iguais, infinitamente preciosos para Deus e para nós?. (Declaración da V Asemblea Mundial de Igrexas, realizada en Nairobi en 1975).
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
"Creemos que ao Señor pertence a terra e a súa plenitude, o mundo e todos os que nel habitan; por iso proclamamos que o pleno desenvolvemento humano, a verdadeira seguridade e orde sociais só se alcanzan na medida en que todos os recursos técnicos e económicos e os valores institucionais están ao servizo da dignidade humana nunha efectiva xustiza social". (Credo Social da Igrexa Metodista, de 1971)
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
Os profetas defende explicitamente o dereito do pobre, oprimido, humillado, marxinado e escravizado, porque Deus é o defensor dos que non gozan dos seus dereitos.
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
"Digan isto, vostedes que oprimen aos humildes e arruínan aos pobres do país; vostedes que din: 'Cando pasará a festa da lúa nova, para que podamos vender o trigo? Cando pasará o día de repouso, para que vendamos o gran a prezos altos e usando medidas con trampas e pesas falsas? ¡Arruinaremos aos pobres ata que eles mesmos véndanllenos como escravos para pagar as súas débedas, aínda que só deban un par de sandalias! ¡Venderemos ata o refugallo de trigo!' (Amós 8, 4-7)
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
”Mentres se neguen os dereitos humanos ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber xustiza nin paz”.” (Shirin Ebadi, premio Nobel da Paz)
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
”E creedes que porque unha mañá levanten unha forca en só uns minutos, porque lle poñan a soga ao pescozo a un home, porque un alma escape dun corpo miserable entre os gritos do condenado, todo se arranxará! Mesquiña brevidade da xustiza humana”! (Víctor Hugo 1802-1885)
Reafirmamos e comprometémonos a actuar.
… a defender o dereito de todos, sen discriminación, a unha contorna natural e social que apoie a dignidade humana, a saúde física e o benestar espiritual, con especial atención aos dereitos dos pobos indíxenas e as minorías. (Carta da terra. Declaración internacional das Nacións Unidas, 2000)
Noso Pai, de todos nós, homes e mulleres,
sabemos que sofre vendo desde o ceo
que aquí na nosa terra, o rico
exerce o seu imperio, sobre o pobre.
Oe as nosas voces, oe noso rogo.
Ti estás camiñado, de novo,
cos pobos que, polo deserto,
camiñan buscando que se faga o teu Reino.
Sé ti nosa forza e o noso alento.
Que non desfaleza nunca o noso empeño en loitar buscando
ese mundo novo da túa vontade
onde o importante xa non sexa o diñeiro,
con sabor a sangue, obtido dos pobres pobos,
senón o ser humano pleno na súa dignidade.
Dános ti o alento.
Mira que nos rouban, cada día o pan dos nosos esforzos
dicindo que debemos o que non debemos
pois son os nosos irmáns, os teus fillos pequenos
os que sen arroz, sen casas, sen médicos,
crecen como árbores, carentes de risco,
en terra gretada con troncos resecos.
Nós queremos saber perdoar o que eles nos deben,
que eles nos condonen o que, segundo din, nós debemos.
Líbranos, Señor, deste mal que é cerco que aperta e asfixia.
Que todos os pobos che santifiquemos sendo solidarios.
Este é o noso anhelo e tamén o teu.
Amén, Noso Pai.
Comentarios
Publicar un comentario