Advento 3A. Ven, Señor a salvarnos - Salmo 145
Domingo 3 de Advento - Gaudete
ciclo A
PREGARIA DE ADVENTO
Pai de bondade,
de todo corazón,
grazas.
Grazas por seres como es connosco,
con todos sen distinción;
grazas porque sempre te doíches de nós
cun amor san e liberador.
Grazas porque non te avergonzaches de nós
ao vemos pobres, débiles, pequenos, marxinais;
grazas porque te segues fixando
nos máis pobres dos pobres,
e entre eles tes o teu lugar de residencia,
de descanso e de traballo.
Grazas por todos os crentes
que nunca te chamaron tolo por iso;
grazas polos non crentes que te serven
nas vidas dos máis pequenos.
Grazas por todas as organizacións mundiais
que traballan en favor de Terceiro Mundo
con ganas de devolverlle o pan e a paz
que tantas veces lles temas roubado.
Grazas polos políticos,
polos sindicalistas, polos cooperativistas
que poñen o seu interese especial
en valerlles aos grupos sociais máis pobres,
máis explotados e asoballados.
Grazas pala xente de Igrexa
polas veces que ten defendido o pobre no teu
nome,
polas veces que perdeu do seu
para que os dereitos do pobo medrasen vizosos.
Pai de bondade, de todo corazón,
de todo corazón, grazas.
Así, pola porta grande e pequena do amor
entra xa na casa común de toda a humanidade.
Comentarios
Publicar un comentario