Advento 2A. Florecerá a xustiza nos seus días e a abundancia de paz para sempre - Salmo 71
Domingo 2 de Advento - ciclo A
SALMO DA ESPERA
Ti, Deus do tempo tesnos esperando.
Queres que esperemos
o momento xusto para descubrir
quen somos, onde debemos ir,
quen nos esperan a nós e que debemos facer.
Grazas ... polo tempo que nos concedes para
esperar.
Ti, Deus dos espazos tesnos mirando.
Queres que miremos en lugares bos e en lugares
incertos
para ver se hai sinais de esperanza
e xente desesperanzada.
Para ver se hai sinais dun mundo mellor que
pode agromar.
Grazas ... polo tempo que nos concedes para
mirar.
Ti, Deus e Amor, tesnos amando.
Queres que sexamos coma Ti:
que amemos as persoas que non teñen amor,
as que son imposibles de amar,
que amemos sen celos nin ameazas, e, o máis
difícil de todo
que nos amemos a nós mesmos.
Grazas ... polo tempo que nos concedes para
amar.
E en todo isto gardar.
Ante as preguntas difíciles que non teñen
respostas fáciles,
cando fracasamos alí onde esperabamos
triunfar,
cando nos aprecian alí onde nos sentimos
inútiles.
E, pacientes, soñadores e amando,
con Xesús e o seu Espírito, Ti nos gardas.
Grazas ... polo tempo que nos concedes para
agardar.
Comentarios
Publicar un comentario