Festa da Sagrada Familia

A SAGRADA FAMILIA: XESÚS, MARÍA E XOSÉ



Primeira Lectura    Sir 3, 3-7. 14-17a  (gr. 2-6. 12-14)
LECTURA DO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
Quen teme o Señor honra os pais
  
            O Señor honrou o pai máis cós fillos
e afincou o dereito da nai sobre o dos nenos.
            Quen honra a seu pai redime as culpas.
Quen enxalza a súa nai é coma quen atesoura.
            Quen honra a seu pai gozará dos fillos
e cando vaia pregar será atendido.
            O que respecta o pai terá vida longa
e quen obedece ao Señor daralle consolo a súa nai
            Meu fillo, persevera no honrar a teu pai,
non o desatendas nos días da túa vida.
            Aínda que perda o xuízo, tenlle miramento
e non o aldraxes todo o tempo que viva.
            O ben que se lle faga a un pai non será borrado,
hache valer como compensación do pecado;
            No día da proba teráseche en conta;
coma coa calor a xeada esluiranse as túas culpas

                        Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL           Sal 127, 1-2. 3. 4-5.
R/. (cf. 1): Ditosos os que temen o Señor e van polos seus camiños.

Ditosos os que temen o Señor,
os que seguen os seus camiños.
Comerás do traballo das túas mans,
serás ditoso, serás afortunado.

A túa muller coma parra fecunda
no interior da túa casa;
os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.

Así será bendito
o home que teme o Señor.
Que o Señor te bendiga desde Sión,
que goces coa prosperidade de Xerusalén
todos os días da túa vida.


Segunda Lectura        Col 3, 12-21
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Vida familiar na presenza do Señor
  
            Irmáns:
            Como elixidos de Deus, santos e benqueridos, revestídevos de sentimentos de misericordia, de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia. Aturádevos uns aos outros e perdoádevos, cando un teña queixa doutro; coma o Señor vos perdoou, perdoádevos tamén vós.
            E, por riba de todo isto, cinguídevos co amor, que é o lazo que todo o une e leva á perfección. Que a paz de Cristo goberne os vosos corazóns, xa que a ela vos chamaron coma membros dun mesmo corpo. E sede agradecidos.
            Que a palabra de Cristo habite en vós con toda a súa riqueza. Ensinádevos e alentádevos uns a outros o mellor que saibades. Co corazón cheo de agradecemento cantádelle a Deus salmos, himnos e cántigas inspiradas.
            E todo canto fagades, de palabra ou de obra, facédeo para honra de Xesús, o Señor, dándolle grazas a Deus Pai por medio del.
            Mulleres, sede dóciles aos vosos homes como cómpre a unha muller cristiá. Homes, amade as vosas mulleres e non sexades ríspetos con elas.
            Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ao Señor. Pais, non asoballedes os vosos fillos, para que non saian coitados.

                        Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus


ALELUIA     Col 3, 15a. 16a
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Que a paz de Cristo reine nos vosos corazóns;
que a palabra de Cristo habite de abondo en vós.
Aleluia.

Evanxeo         

CICLO A:        Mt 2, 13-15. 19-23
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Toma o neno e a súa nai e escapa a Exipto

            En canto se foron os magos, un anxo do Señor apareceulle a Xosé en soños e díxolle:
            ‑ Érguete, colle o neno e mais a nai e fuxe para Exipto. Non te movas de alí ata que eu te avise, porque Herodes vai buscar o neno para acabar con el.
            Xosé ergueuse, colleu o neno e mais a nai, pola noite, e alá se foi para Exipto. Alí permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do profeta:
Chamei o meu fillo para que saíse de Exipto.
            En morrendo Herodes, o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto e díxolle:
            ‑ Érguete, colle o neno e mais a nai e volve para a terra de Israel, que xa morreron os que querían acabar co neno.
            Ergueuse Xosé, e collendo o neno e mais a nai, foise para a terra de Israel. Pero, ao saber que Arquelao reinaba en Xudea, en lugar de seu pai, sentiu medo e non se atreveu a ir alá. Avisado en soños, marchou para a banda de Galilea, indo vivir a unha vila chamada Nazaret.
            Cumpriuse así o que dixeran os profetas: que se chamaría nazareno.

                        Palabra do Señor                                         R/. Loámoste, Cristo




Sen Ti non somos nós ... 
e sen ti, tampouco


PÓRTICO

            O calendario litúrxico no comezo deste tempo de Nadal, volve invitamos a poñer a nosa mirada no interno da realidade familiar. Esta pode ser unha boa oportunidade para que todos nós dediquemos un pouco do noso tempo a reflexionar sobre o significado que damos ao eido familiar e o esforzo que poñemos para que siga desenvolvéndose de xeito integrador e solidario.
            En momentos de tanto desgaste das relacións persoais, de desenganos diante de persoas e institucións ás que criamos referentes de humanización, vainos quedando a familia como berce, fogar e acubillo. Por iso non debemos perder o tempo en discutir ou xulgar se as familias só poden ser deste ou daquel xeito, senón que a nosa tarefa ha ser aproveitar para gozar do acougo que nos ofrecen os ámbitos familiares. Un acougo onde non se nos pasa factura polo que non fixemos, senón que se nos acolle polo que somos: familia.

PERDÓN

            Que saibamos recoñecer o esforzo que pais, irmáns e demais membros da familia poñen para mantelas na unión e no amor,
                                   SEÑOR, QUE VALOREMOS O SABERNOS FAMILIA.
            Que aprendamos a deixar atrás os prexuízos e recoñezamos, agradecidos, canto a familia nos ten axudado a crecer coma persoas,
                                   CRISTO, QUE VALOREMOS O SABERNOS FAMILIA.
            Que non esquezamos nunca que ser familia é compromiso de todos, e non aproveitamento do que os demais se esforzan por construír,
                                   SEÑOR, QUE VALOREMOS O SABERNOS FAMILIA.

REMUÍÑO

• A visión cristiá da familia, digan o que digan as voces que no nome da Igrexa aparecen nos medios de comunicación, non se asenta sobre os papeis -non é unha cuestión xurídica- senón no amor. É dicir, na capacidade que os seus membros temos de recoñecemos uns a outros persoas, e polo tanto, "imaxe e semellanza de Deus", con capacidade de sabemos queridos, respectado s, valorados ... obra do amor de Deus. Saber isto fai que xa non valoremos tanto o externo que rodea a realidade familiar, senón que nos esforcemos por descubrir e potenciar o que é importante. E isto significa que por riba de concrecións culturais que se teñen ido dando ao longo dos séculos da realidade familiar, o vínculo fundamental é sempre o amor, a capacidade de miramos aos ollos sen ter mala conciencia nin impoñerlle a nosa mane ira de ver as cousas; é dicir, aprender a construímos desde a liberdade, para que ninguén se sinta excluído.

            Afirmar isto non quere dicir tampouco que ocorra o contrario, que os que non pensan coma nós impoñan o seu criterio e nos impidan seguir considerando e pensando que para nós a realidade familiar se asenta sobre outros parámetros. Se somos capaces, cousa que non é fácil, de levar esta riqueza e esta liberdade ao ámbito das relacións entre uns e outros dentro das nosas familias, evitaremos moitos enfrontamentos inútiles e moitas tristezas vividas, gardadas e non expresadas. Deus non quere familias rotas nin uniformes, senón berces de comuñón e entendemento, nos que nos respectemos uns a os outros sen necesidade de que pensemos igual nin que teñamos que impoñer o noso criterio como o único válido para poder permitir traspasar a porta de entrada das nosas casas.
            Desde aquí podemos ir facendo posibles as actitudes das que se nos fala no texto de Colosenses: Misericordia - Bondade - Humildade - Sinxeleza -    Tolerancia
            Claro que non é fácil, e que isto é un ideal que se nos propón; e como todo ideal camiñamos cara el, que non é o mesmo que estar xa nel. Pero se planeamos a nosa relación familiar como tarefa na que ir medrando pouco a pouco, e deixándonos levar da forza que nos aporta a presenza do Espírito en cada un de nós, iremos acadando algunhas, ou moitas, destas actitudes, compartíndoas desde o enriquecemento dun encontro de persoas ás que nos une o amor, e non os intereses económicos -non somos unha empresa-, electorais -non somos un partido político-, ou deportivos -non somos un equipo que dispute campionato ningún. Simplemente somos unha familia na que nos queremos e nos esforzamos por axudamos; e na que ternos aprendido -como primeira escola que é- a vivir na solidariedade e desde o amor, o que fai posible que nos aturemos, nos perdoemos e aprendamos a saber poñemos no lugar do outro, tanto cando está ledo como cando nel agroma a tristeza. E ao non sentírmonos perseguidos, senón queridos, a diferenza de Xosé e María nós non ternos que fuxir a ningún Exipto, senón que con alegría e gozo estamos desexando poder chegar á casa, porque alí sentímonos e estamos seguros, e ningún medo nos fai tremer.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

            Agradecidos A Deus por ser un Pai/Nai que nos quere e acompaña sempre, presentamos agora a nosa oración no día no que se nos invita a agradecer canto de bo ternos conseguido no camiño da nosa realidade familiar, polo que dicimos xuntos:
    QUE CONSTRUAMOS RELACIÓNS FAMILIARES HUMANAS E HUMANIZADORAS

•          Para que a Igrexa, superando prexuízos e abríndose ao Evanxeo, se esforce día a día por ser
berce no que se arrole, casa na que se acolla e familia na que se ame, OREMOS.
   QUE CONSTRUAMOS RELACIÓNS FAMILIARES HUMANAS E HUMANIZADORAS

            • Polas nosas comunidades, para que fomenten nos seus membros unha actitude aberta cara a familia e tratando de vivir dentro delas cun amor xeneroso e responsable, e non so interesado ou materialista, OREMOS
     QUE CONSTRUAMOS RELACIÓNS FAMILIARES HUMANAS E HUMANIZADORAS

• Para que cada un e cada unha de nós, non deixemos que esmorezan o amor, a solidariedade e a preocupación de uns polos outros, sabendo respectar a pluralidade de opinións, no eido da nosa realidade familiar, OREMOS.
    QUE CONSTRUAMOS RELACIÓNS FAMILIARES HUMANAS E HUMANIZADORAS

            Grazas por invitamos a valorar o sentido e importancia da familia como fogar de encontro, comprensión e vivencia do amor. PXNS.

PARA A REFLEXIÓN

            Fai, Señor, que na nosa casa, cando se fale, sempre nos miremos aos ollos e busquemos crecer xuntos; que ninguén estea só, nin na indiferenza ou o aburrimento; que os problemas dos outros non sexan descoñecidos ou ignorados, que poida entrar quen ten necesidade e sexa benvido.

            Señor, que na nosa casa sexa importante o traballo, pero non máis importante que a alegría; que a comida sexa o momento de alegría e de conversación; que o descanso sexa paz do corazón e do corpo; que a maior riqueza sexa estar xuntos.

            Señor, que na nosa casa o máis débil sexa o centro de atención; que o máis pequeno e o máis vello sexan os máis queridos; que o mañá non nos dea medo, porque Deus sempre está cerca; que cada xesto estea cheo de significado; que te deamos grazas por todo o que a vida nos ofrece e o teu amor nos dá.
            Señor, que a nosa casa sexa o lugar de acollida como a casa de Marta, María e Lázaro en Betania. Amén.


CANTOS
ENTRADA:
Vinde axiña               
LECTURAS:
Ditosos os que aman o Señor, e van polos…
OFERTORIO:
Benaventurados        
COMUNÓN:
Eu soñei que algunha vez

POWER POINTS

Comentarios

Publicacións populares