Advento 1A. Imos alegres para a casa do Señor - Salmo 121
Domingo 1 de Advento - ciclo A
EMPEZAMOS ADVENTO
Empezamos Advento
e unha vez máis renace a
esperanza no horizonte.
Ao fondo, clarexando xa,
o Nadal.
Un Nadal sosegado,
íntimo, pacífico,
fraternal solidario
encarnado;
tamén superficial,
desgarrado, violento…
mais sempre desposado
coa esperanza.
Cheo de esperanza grita
Isaías:
“Camiñemos á luz do
Señor”.
Con esperanza pregoa
Xoán Bautista:
“Convertédevos, porque
xa chega o reino de Deus”.
Con sorpresa inaudita
acolle Xosé a seu fillo
e Mesías.
Coa esperanza de todos
os pobres
muíña María a súa
palabra de acollida:
“Fágase en min segundo a
túa Palabra”.
Alegrádevos, brincade de xúbilo.
Poñédevos o voso mellor
traxe.
Perfumádevos con
perfumes caros.
Que se note! Vén Deus.
Preparádelle o camiño.
Xa chega o noso
Salvador.
Espertade á vida!
Florentino Ulibarri
Comentarios
Publicar un comentario