Solemnidade de Santa María Nai - 1 de xaneiro

SOLEMNIDADE DE SANTA MARÍA NAI DE DEUS
                                                                      1 de xaneiro

Primeira Lectura     Num 6, 22-27
LECTURA DO LIBRO DOS NÚMEROS
Invocarán o meu nome a prol dos fillos de Israel e Eu bendicireinos

     Naquel día, o Señor faloulle a Moisés:
     ‑ Dilles a Aharón e a seus fillos: Desta maneira habedes de bendicir os fillos de Israel: "Que o Señor te bendiga e te garde; que faga brillar o seu rostro sobre ti e che conceda a súa graza; que o Señor volva os seus ollos cara a ti e che dea a súa paz".
     Invocarán así o meu nome en favor dos fillos de Israel e eu bendicireinos.

                        Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL      Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (2a): Deus teña piedade de nós e nos bendiga.

Deus teña piedade de nós e nos bendiga,
faga brillar o seu rostro sobre nós.
Que se coñeza na terra o teu camiño,
en todas as nacións a túa salvación.

Alégrense e canten as nacións,
porque xulgas os pobos rectamente
e na terra gobernas as nacións.

Lóente os pobos, oh Deus,
lóente todos os  pobos.
Que nos bendiga Deus e que o teman
os confíns todos do mundo.


Segunda Lectura      Gal 4, 4-7
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller

            Irmáns:
            Así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei, para rescatar os que estabamos baixo a Lei de xeito que puidésemos recibir a adopción de fillos.
            A proba de que sodes fillos del é que Deus mandou aos vosos corazóns o Espírito do seu Fillo que exclama Abbá! (que quere dicir meu Pai! ).
            Polo tanto, ti xa non es escravo, senón fillo.
            E, por seres fillo, tamén, grazas a Deus, es herdeiro.

                        Palabra do Señor                                         R/. Grazas a Deus


ALELUIA      Heb 1, 1-2
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
En moitas ocasións, e de moitos xeitos, veulles falando Deus
ós nosos devanceiros por medio dos profetas;
ultimamente falounos por medio do Fillo
Aleluia.


Evanxeo     Lc 2, 16-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Encontraron a María e a Xosé e o neno. E despois de oito días puxéronlle de nome Xesús.

            Naquel tempo, os pastores foron correndo, e atoparon a María e mais a Xosé, e o neno deitado na manxadoira. Ao que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño aquel.
            E cantos o oíron, quedaron pasmados do que os pastores lles dixeron.
            María, que trataba de comprender, conservaba todas estas cousas no seu corazón.
            E os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto oíran e viran, todo como lles fora anunciado.
            Ós oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.

Palabra do Señor                                                    R/. Loámoste, Cristo



Sen Ti non somos nós ...
e sen ti, tampouco
1 de xaneiro  2014  A

Bendición do comezo/saúdo
            *          Que Deus nos bendiga todos os días do ano.
            *          Que Deus nos sorría todos os días do ano
            *          Que Deus se fixe en nós todos os días do ano
            *          Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano

PÓRTICO
            Deixamos atrás un ano máis e comezamos un aninovo. E nestes momentos nace en cada un e cada unha de nós, dun xeito case espontáneo, a reflexión: é un día idóneo para facer balance do pasado e para proxectar tamén a nosa mirada cara ao que está por vir.
            Moitas cousas que nos angustiaban e mesmo parecían insuperables xa pasaron, e hoxe parécennos insignificantes e sen importancia. Mirando cara atrás, os días que foron duros teñen un aspecto diferente; agora sentímonos máis tranquilos e serenos incluso diante do que nos agonía e que tamén un día pasará.
            Hoxe comezamos un Aninovo, un ano 2014. Alguén dixo que "en cada comezo hai algo marabilloso que nos axuda a vivir e que nos protexe". E é ben certo: … Deus ofrécenos, unha vez máis, un tempo cheo de esperanza e de posibilidades. Que faremos con el?

PERDÓN
            Porque non entendemos que para que haxa paz debemos respectar aos demais, as súas ideas, o seu xeito de pensar... aínda que non coincidan co noso,
                                               SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
            Porque a diferenza dos pastores, non estamos dispostos a deixar atrás comodidades para ir ao teu encontro,                                     CRISTO, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
            Porque non acabamos de ilusionamos ante a mensaxe dun Deus que se fai neno e que vén traemos a paz,            
                        SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.

REMUÍÑO
            O grande paradoxo do Nadal é un neno envolto en capizos e deitado nunha manxadoira. Ese foi o sinal que o anxo l1es deu aos pastores para recoñecelo. Na antigüidade, a divindade revelábase a través de signos e prodixios espectaculares. Os mesmos xudeus, non o esquezamos, esperaban unha irrupción gloriosa do Mesías. Pero non, Deus maniféstase nun meniño desvalido a quen seus pais teñen que deitar nunha manxadoira porque non había sitio para eles na pousada.
            Quizais hoxe segue a pasamos o mesmo. Nada máis normal e menos significativo que un neniño acabado de nacer. Hainos a milleiros no mundo. O sinal que nos dá o anxo é case unha ironía: non busquemos a Deus no marabilloso e milagreiro, senón no cotiá, no simple nacer de cada ser humano. O noso Deus é un Deus achegado, presente no máis simple e sinxelo da nosa vida. Velaí a grande novidade que celebramos no Nadal.
            O Señor te bendiga: Empezar un novo ano é sempre unha bendición. Bendición porque ternos unha oportunidade máis de manifestar, coa nosa vida, a vida que nos trouxo Xesús. Aceptada dende o don, dende a gratuidade, dende sentimos pouco di ante de tanta grandeza, diante dun Deus que se fai pobre para enriquecemos, que se fai pobre para que nós o aceptemos como é. Aceptar esta bendición, abrimos a Deus, é deixar que El nos acompañe, que alumee o noso camiño, que nos aconselle, que nos anime e sobre todo, deixamos querer por EL
            Aceptar a bendición de Deus é ter paz no noso corazón, é ser a súa c canle no medio dos nosos irmáns e irmás. Aceptar a bendición de Deus é ser nós mesmos. Neste tempo que nos toca vivir, cómpre, máis que nunca que nós tamén sexamos bendición: coas nosas actitudes de respecto, de diálogo, de solidariedade; coas nosas palabras de ánimo, de agradecemento, de ánimo, de amor, cos nosos feitos. Seremos bendición se valoramos a vida, especialmente a máis desfavorecida, a que pasa pola enfermidade, polo abandono, pola ancianidade. Oxalá que ao longo deste ano que comezamos todo encontro co irmán e a irmá sexa unha bendición, para ir construíndo entre todos o don que Xesús nos trae: a paz.
            A paz, don e tarefa: Hoxe celebramos a Xornada Mundial da Paz. a paz non é ausencia de guerra, nin equilibrio de forzas adversarias, nin situación de calma imposta. A paz é Shalom, harmonía con Deus, cos irmáns e coas irmás e coa creación. É felicidade, consecuencia da xustiza, da liberdade e do amor. A paz é don de Deus. Á hora do nacemento de Xesús, a mensaxe que os anxos pregoan é "paz na terra ás persoas que ama Deus". Asemade, a paz é unha tarefa. É responsabilidade común, porque é unha das nosas aspiracións máis fondas, consecuencia do respecto da dignidade da persoa; é cultura solidaria, bens compartidos, sociedade xusta ... a paz non é algo feito, senón un constante quefacer.
            A Igrexa fai coincidir o día de aninovo e a oitava de Nadal coa celebración da Xornada Mundial da paz; porque a vinda do Mesías é a inauguración dunha nova xeira, dun tempo novo no que as lanzas se converten en podas e das espadas nacen arados e os oprimidos son liberados. A que esperamos para anotamos en ser voluntarios de paz?

ORACIÓN DA COMUNIDADE
            Na festa de Santa María, e neste comezo de ano que nos volve falar outra vez de paz, sentímonos fondamente achegados uns aos outros para dicirlle a Deus.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

            Por unha Igrexa viva, aberta, solidaria e pacífica, que saiba acoller e non fomente nunca o pensamento único e a obediencia cega, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por unhas comunidades cristiás que, asentadas sobra a forza da paz e o camiño da non violencia, saben ser testemuñas de encontro, perdón e tolerancia no medio dos enfrontamentos dunha sociedade que moitas veces se esquece de Deus, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Por nós, que hoxe queremos comezar este novo ano cheos de proxectos, ilusións e esperanzas, para que co paso dos días non nos deixemos levar da frustracións da desesperanza e da incapacidade da non consecución das metas trazadas, Oremos.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            No comezo do ano 2011, dedicado ao voluntariado, pedimos por tantas e tantas persoas que, ao noso redor, dun xeito calado e sinxe10 dedican tempo e esforzo, sen ningún interese económico, a facer que tantas e tantas persoas teñan felicidade e voz, OREMOS.
                                   BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR
            Grazas, Señor, porque sabemos que a paz é un don teu. Axúdanos a traballar arreo para que sexa unha realidade na nosa vida de cada día. Por Xesucristo, noso irmán, noso Señor. Amén

PARA A REFLEXIÓN
A túa escritura é latina. As túas cifras, árabes.
O teu coche, alemán. O teu ordenador, americano.
A túa pizza, italiana. A túa democracia, grega.
O teu café, brasileiro. As túas vacacións, turcas.
As túas alfombras, persas. O teu té, ceilanés.
A túa cámara, xaponesa. O teu perfume, francés.
Os teus electrodomésticos, europeos.
Os teus refrescos, caribeños.
Os teus safaris, africanos. O teu whisky, escocés.
O teu ouro, surafricano. O teu cacao, senegalés.
O teu coiro, arxentino. Os teus modais, ingleses.
Os teus manteis, portugueses. O teu incenso, hindú.
Os teus puros, cubanos. A túa porcelana, chinesa.
O teu gato, siamés. O teu can, siberiano.
O teu acuario, tropical. O teu petróleo, kuwaití.
O teu re1oxo, suízo. O teu marfil, congolés.
A túa sauna, finesa. O teu sol, mediterráneo.
A túa roupa, de importación. Os teus útiles made in ....
O teu Cristo, xudeu. E o teu veciño .... un desprezable estranxeiro?




CANTOS
Panxoliñas

POWER POINTS


LECTIO:
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2013/12/1-de-xaneiro-solemnidade-de-santa-maria.html

Comentarios

Publicacións populares