Bo Nadal - 25 de Decembro

POR FIN CHEGOU A LUZ 
PARA ABRIGARNOS O CORAZÓN
Parabéns a todos...!!!


Panxoliñas:

POWER POINTS:

LECTIO:


 Achegáronme este texto e quero compartilo convosco: 


UNHA HISTORIA DE 2000 ANOS

Os comerciantes decidiron este ano adiantar o Nadal. Por iso desde novembro asómanse aos escaparates motivos natalicios, nun intento desesperado de animamos a preparar o Nadal e a facer o esforzo de comprar agasallos. E é que a crise e o bo tempo supuxeron que moitas tendas non gañen nin para manterse.

Hai aos que lles molestan luces, beléns e abetos, e argumentan que os Nadais convertéronse nunha festa consumista. Eu non estou de acordo, creo que, aínda que ás veces gastamos máis do que debemos, necesitamos treguas para seguir afrontando a vida cotiá. Que durante uns días nos deixemos envolver por un ambiente festivo e repitamos rituais que nos confortan é unha válvula de escape en tempos difíciles. É certo, hai miles de familias que non terán nin un euro, e moitas outras acudirán a comedores sociais. Pero, aínda así, sei de moitas que intentarán que o 25 de decembro non sexa un día máis e que os seus fillos agarden ilusionados os Reis Magos. Por iso, é máis necesario que nunca arrimar o ombreiro e compartir con quen o necesita. Ollo, falo de solidariedade, non de caridade.

Logo están os "antinadal". Uns alegan que estas festas non teñen máis obxectivo que o consumo; outros senten a morriña por persoas falecidas; e hai quen non soportan a alegría cando o pasan mal. Son lexión os que, se puidesen, suprimirían o Nadal. Comprendo que quen acaba de perder un pai, un irmán ou un fillo non estea para festas. Igual que quen está pasando un momento difícil -unha separación, unha enfermidade, a perdida do traballo ... -. Pero póñenme dos nervios aqueles aos que lles molestan as connotacións relixiosas destas festas. Hai quen quixese que celebrásemos a Festa do Inverno, como facían na Unión Soviética. Suprimirían calquera signo que recordase que, en Occidente, hai moitos séculos que celebramos o nacemento de Xesús de Galilea; para algúns o Fillo de Deus; para outros, cando menos, un ser excepcional pola súa mensaxe de amor ao próximo, pola súa loita contra os fariseos, por tender a man aos desherdados e regalarlles o soño da esperanza.

Non hai nada na mensaxe de Xesús que poida molestar a alguén, crente ou non, de maneira que non debería ser obxecto de discusión alegrarnos de que hai 2000 anos chegou ao mundo un home bo que tendeu a man aos máis necesitados. A min encántame o Nadal. Ata nos momentos máis tristes da miña vida, cando tiven que afrontar a ausencia das persoas ás que máis quixen, celebreina acordándome das compartidas con eles. Teño amigos que renegan dos encontros familiares; outros que consideran hipócrita chamar ou quedar con xente da que apenas se acordan o resto do ano. A min, con todo, encántame a escusa para ver a amigos aos que teño descoidados durante o resto do ano.
            En todo caso, non soporto a quen abomina do Nadal e quere substituílo pola Festa do Inverno. Quen non lle atopan ningún significado, deberían ser consecuentes e traballar eses días alleos á alegría dos demais, pero sobre todo non darnos a lata aos que queremos seguir celebrando unha historia que ten 2000 anos.

            Non debería ser obxecto de discusión alegrarnos de que hai 2000 anos chegou ao mundo un home bo que tendeu a man aos máis necesitados e lles regalou un soño de esperanza...       

                                                                                                      
                                                                                                                                 Julia Navarro




E para os nenos...

 

 

 



Comentarios

Publicacións populares