Reflexión de Advento - Só queda o que damos

 

 

 

 

 

 

 

 

 


SÓ QUEDA O QUE DAMOS

Só nos aloumiñará, o amor que prodigamos.
Só nos alegrará, o sorriso que regalamos.
Só nos refrescará, a auga que xuntos bebemos.
Só nos alimentará, o pan que compartimos.
Só nos cubrirá, o vestido co que ao próximo arroupamos.

Só nos descansará, o cansazo do peregrino que hospedamos.
Só nos consolará, a palabra con que reconfortamos.
Só nos guiará, a verdade que proclamamos.
Só nos sandará, o consolo do enfermo que visitamos.
Só nos librará, o peso que de moitos ombreiros quitamos.

Só nos dará paz, a ofensa que perdoamos.
Só fará renacer a esperanza, a mirada
que ao ceo diriximos e as mans coas que  abrazamos.
Só nos conducirá á VIDA,
a confianza que en DEUS depositamos.

Que a túa FE sexa grande e convencida
para que, ao final, recollas o que crees.
Para que a nosa herdanza cando nos vaiamos  deste mundo
sexa grande, todo depende do que teñamos dado.
Iso quedara nos corazóns de moitos e será un legado de amor.

Así que sementa para que mañá cando DEUS recolla,
 pense en ti e diga que cumpriches o teu labor.
O ceo conquístase co hoxe.



  A maiores, atopei este vídeo hai pouco, é para o día do Consumo Responsable que se celebra o 16 de outubro, pero pareceume apropiado para estes días.
  Non conseguín subir o vídeo así que vos deixo a ligazón:

Comentarios

Publicacións populares