Es ti o que ha de vir ou agardamos a outro? - Mt 11, 2-11

Domingo 3 de Advento - Gaudete
ciclo A


TEMPO DE ADVENTO

Tempo de Advento, tempo de espera.
Deus que se achega, Deus que xa chega.
Esperanza é do pobo, a vida nova.
O Reino nace, no medio do mundo,
como don e tarefa.

Cantamos, Pai bo,
a túa oferta de esperanza.

Con María, axúdanos Señor,
a vivir xenerosos na entrega,
a ofrecer a nosa vida como ela,
a escoitar a túa Palabra en todo tempo,
a practicar sen descanso o Evanxeo.
Axúdanos, tamén,
a vivir solidarios co que sofre,
con quen hoxe, como onte,
en Belén non teñen lugar.

Cantamos, Pai bo,
a túa oferta de esperanza.

Cos pastores de Belén, axúdanos Señor,
a vivir a Vixilia do teu Reino,
a correr apresados ao teu encontro,
a descubrir o teu Rostro no medio do pobo,
a non quedarnos “durmidos”
na construción do mundo novo.

Cantamos, Pai bo,
a túa oferta de esperanza.

Cos anxos de Belén, axúdanos Señor,
a cantar ao mundo enteiro a túa Presenza: 
Deus -está- connosco
É posible a paz entre os homes,
edifícase a xustiza entre os pobos.

Cantamos, Pai bo,
a túa oferta de esperanza.

Con Xesús Neno -Deus, axúdanos Señor,
a abrigar a esperanza
que nace en cada Advento,
a escoitar os xemidos do teu pobo,
a regar coas nosas vidas
a semente do teu Reino.

Cantamos, Pai bo,
a túa oferta de esperanza.

Axúdanos, Ti,
a ser Mensaxeiros do teu Amor,
a construír comunidades de servizo e oración
onde caiba sempre a túa Palabra,
onde sexa posible a tenda da túa paz.
Marana tha. Ven, Señor, Xesús.



Comentarios

Publicacións populares