Misa de Nadal
Natividade
do Señor
Misa
da vixilia
Isaías
62, 1-5:
O
Señor prefíreche a ti
Por Sión non quedarei en silencio, e por Xerusalén non ficarei quedo,
ata que a
súa xustiza saia como un resplandor
e a súa salvación alume coma unha lámpada.
e a súa salvación alume coma unha lámpada.
Os
pobos verán a túa xustiza e tódolos reis a túa gloria,
chamaráseche
cun nome novo, o que indique a boca do Señor.
Serás
coroa preciosa na man do Señor
e
turbante rexio na palma da man do teu Deus.
Non
se che volverá chamar "Abandonada",
nin
á túa cidade se lle volverá dicir "Ruína",
senón
que a ti se che chamará "Ti e-lo meu amor"
e
á túa cidade se lle chamará "A casada".
Si,
o amor do Señor estará en ti,
e
a túa cidade casará.
Como
casa un mozo cunha virxe,
así
casará contigo o teu Constructor.
O
gozo que sente o noivo pola noiva,
sentirao
o teu Deus por ti.
Salmo
responsorial: 88, 4-5. 16-17. 27 e 29:
Cantarei
eternamente os teus misericordias, Señor.
Co meu elixido firmo unha alianza,
ó
meu servo David fágolle un xuramento:
-"Afincarei
a túa liñaxe para sempre,
construireiche
un trono duradeiro".
Feliz o pobo que sabe aclamarte
e
camiñar, Señor, na luz da túa presencia.
O
teu nome fai a súa ledicia o día enteiro,
a
túa xustiza é a súa gloria.
El
dirame: -Ti es meu pai,
meu
Deus, rocha da miña salvación.
Eu
dareille a primoxenitura,
a
soberanía sobre os reis da terra.
Gardareille
o meu amor eternamente
e
a miña alianza con el será leal.
Feitos
dos apóstolos 13, 16-17. 22-25:
Testemuña
de Pablo sobre Cristo, fillo de David
Paulo entón, levantándose, acenoulles coa man e dixo:
-Israelitas
e os que seguides ó noso Deus, escoitade: o Deus deste pobo de
Israel escolleu a nosos pais e engrandeceu este pobo durante o seu
exilio na terra de Exipto; despois tirounos de alí coa forza do seu
brazo.
Despois que o refugou, deulles por rei a David de quen testemuñou dicindo: Atopei a David, fillo de Iexé, home conforme o meu corazón, que fará en todo a miña vontade. Da súa descendencia é da que Deus, segundo a promesa, mandou un Salvador para Israel: Xesús. Antes da súa chegada, Xoán tiña proclamado a todo o pobo de Israel un bautismo de conversión, e cando estaba rematando o seu camiño, dicía: "non son eu quen vós pensades; pero mirade, vén despois de min un de quen non son digno nin de desatarlle o calzado dos pés".
Mateo
1, 1-25:
Xenealogía
de Xesucristo, fillo de David
Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. Abraham enxendrou a Isaac. Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mailos seus irmáns. Xudá, de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. Esrón enxendrou a Arán. Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón. Naasón enxendrou a Salmón. Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de Rut, enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. Iexé enxendrou ó rei David.
David,
da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. Salomón enxendrou
a Roboam. Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. Asá
enxendrou a Ioxafat. Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a
Ozías. Ozías enxendrou a Ioatán. Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz
enxendrou a Ezequías. Ezequías enxendrou a Menaxés. Menaxés
enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. Ioxías enxendrou a
Ieconías e mailos seus irmáns, en tempos da deportación a
Babilonia.
Despois
da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel
enxendrou a Zerubabel. Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a
Eliaquim. Eliaquim enxendrou a Asor. Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc
enxendrou a Aquim. Aquim enxendrou a Eliud. Eliud enxendrou a Elazar.
Elazar enxendrou a Matán. Matán enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou
a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.
Foron,
logo, catorce as xeracións desde Abraham ata David, catorce tamén
desde David ata a deportación de Babilonia, e catorce desde a
deportación de Babilonia ata Cristo.
O
nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba
prometida a Xosé; e antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada
por obra do Espírito Santo. Xosé, o seu prometido, home xusto, non
a queren-do aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa
resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños,
dicíndolle:
-Xosé,
fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa
prometida; que o que nela se concebiu é obra do Espírito Santo.
Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará
o seu pobo de tódolos seus pecados.
Todo
isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do
profeta:
Mirade:
a virxe concebirá e dará a luz un fillo,
e
poñeranlle de nome Emmanuel
(que
quere dicir "Deus connosco").
Acordou
Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor,
levando consigo a súa prometida; e sen que a tocase, ela deu a luz
un fillo. E el púxolle de nome Xesús.
Misa
de media noite
Isaías
9,1-3.5-6:
Un
fillo déusenos
O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz.
Unha
luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
Multiplicáche-lo
xúbilo, fixeches grande a ledicia.
Alegráronse
coa túa presencia, como coa alegría da seitura,
o
mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.
Velaí
o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro
-o
bastón de quen o oprime-: rompíchelos coma o día de Madián.
Pois velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo:
a
soberanía estará sobre o seu ombreiro,
e
será invocado con estes seus nomes:
Marabilla
de conselleiro, Heroe divino,
Pai
eterno, Soberano da Paz.
Oh,
¡que grande a súa Soberanía!
A
paz non terá fin no trono de David e no seu reino,
para
afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza,
desde
agora e para sempre.
O
celo do Señor dos Exércitos fará isto.
Salmo
responsorial: 95, 1-3.11-13 :
Hoxe
naceunos un Salvador: o Mesías, o Señor.
Cantádelle ó Señor un cántico novo,
cántalle
ó Señor, terra enteira;
cantade
ó Señor e bendicide o seu nome,
pregoade
tódolos días a súa salvación;
cantade
entre as xentes a súa gloria;
ante
tódolos pobos, as súas marabillas.
Alégrese o ceo, exulte a terra,
brúe
o mar e canto o enche;
rían
os campos e o que hai neles,
rebrinquen
as árbores do bosque,
diante
do Señor que vén,
que
vén para rexe-la terra.
El
rexerá o mundo con xustiza
e
os pobos con rectitude.
Tito
2,11-14:
Apareceu
a graza de Deus a todos os homes
Porque a gracia de Deus viuse que era fonte de salvación para tódolos homes. Ela ensínanos que arreneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso, agardando a bendita esperanza e a manifestación gloriosa do noso gran Deus e Salvador Xesús Cristo. El entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.
Lucas
2,1-14:
Hoxe
naceunos un Salvador
Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo. Foi o primeiro censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de Siria. E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar.
Tamén
subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata Xudea, á vila de
David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David.
Misa
da aurora
Isaías
62, 11-12:
Mira
á túa Salvador que chega
Velaí o Señor que se fai oír ata o cabo do mundo.
"Dicídelle
á filla de Sión:
Velaí
chega o teu Salvador.
Velaí
a súa paga con El,
e
a súa recompensa diante del".
Entón
chamaráselles: "Pobo santo",
"Os
redimidos do Señor",
e
a ti chamaráseche "Buscada",
"Cidade
non abandonada".
Salmo
responsorial: 96,
1 . 6. 11-12
:
Hoxe
brillará unha luz sobre nós, porque nos naceu o Señor.
O Señor reina, alégrese a terra,
exulten
tódalas illas.
Os
ceos pregoan a súa rectitude
e
tódolos pobos contemplan a súa gloria.
A luz despunta para os xustos
e
para os rectos a ledicia.
Alegrádevos,
xustos, no Señor,
louvade
o seu nome santo.
Tito
3,4-7:
Segundo
a súa propia misericordia salvounos
Pero cando apareceu a bondade e a humanidade de Deus, o noso Salvador, salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do baño do novo nacemento e polo poder renovador do Espírito Santo. Ese Espírito que verteu sobre nós con abundancia, por Xesús Cristo, noso Salvador, a fin de que, xustificados pola súa gracia, nos fixesemos herdeiros da vida eterna, conforme á esperanza.
Lucas
2,15-20:
Os
pastores atoparon a María e a Xosé, e ao neno
Cando os anxos se retiraron marchándose ó ceo, comentaban os pastores entre eles:
-Vaiamos
a Belén ve-lo que sucedeu e que o Señor nos manifestou.
Foron
a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na
manxadoira. O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do
meniño, deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os
pastores. María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no
seu corazón. 20Os pastores voltaron, glorificando e louvando a Deus
por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.
Misa
do día
PRIMEIRA
Is 52, 7-10
Tódolos
pobos da terra percibirán a salvación do noso Deus
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
¡Que
fermosos son sobre os montes
os pés do
mensaxeiro de boas novas,
que anuncia
a fartura,
que
proclama a felicidade,
que pregoa
a salvación,
que di:
Sión, o
teu Deus reina!
¡Un grito!
Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo:
"Tódolos
ollos contemplarán a volta do Señor a Sión".
Berrade a
coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén,
que o Señor
consolou o seu pobo, redimiu Xerusalén.
O Señor
remangou o seu brazo santo ós ollos de tódolos pobos,
e tódolos
confíns da terra viron a salvación do noso Deus.
SAL.
RESP. Sal 97, I. 2-3ab. 3cd-4. 5-6
R/
(3c): Os pobos todos viron a
salvación do noso Deus.
Cantádelle
ó Señor un cántico novo,
pois fixo
marabillas,
a súa
dereita e o seu brazo
déronlle a
victoria.
O Señor dá
a coñece-la súa salvación,
revela a
súa xustiza ante os pobos.
Lembra o
seu amor e a súa fidelidade
coa casa de
Israel.
Os pobos
todos verán
a salvación
do noso Deus.
Aclama ó
Señor, terra enteira,
rompede a
cantar e a tocar.
Tocade para
o Señor a cítara,
a cítara e
o salterio;
con claríns
e con trompetas
aclamade ó
Señor, noso rei.
SEGUNDA
Hebr 1, 1-6
Deus
falounos por medio do Fillo
PROCLAMACIÓN
DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS
En moitas
ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados
ós
nosos
devanceiros por medio dos profetas. Agora, neste período definitivo,
falounos
por medio
dun que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara
por medio del
o mundo e
as idades. El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén
tódalas
cousas coa
súa poderosa palabra e, despois de realiza-la purificación dos
pecados,
sentouse á
destra da Maxestade nas alturas, facéndose tanto máis poderoso cós
anxos,
canto que
herdou un título máis valioso có deles.
Porque ¿a
cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Ti e-lo meu fillo, hoxe
enxendreite eu";
ou tamén:
"Eu serei para El un pai e El será para min un Fillo?". E
outra vez máis,
cando fala
de introduci-lo Fillo primoxénito no mundo celeste, di: "Adóreno
tódolos
anxos de
Deus".
ALELUIA:
Resplandeceu
para nós un día de santificación:
vide todos
e adorade ó Señor:
porque hoxe
descendeu unha inmensa luz sobre a terra
EVANXEO
Xn 1, 1-18 (longo):
O
Verbo fíxose carne e habitou entre nós
PROCLAMACIÓN
DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra
estaba onda Deus,
e a Palabra
era Deus.
Ela estaba
no principio onda Deus.
Todo foi
feito por ela,
e sen ela
non se fixo
nada do que
foi feito.
Nela estaba
a vida,
e a vida
era a luz dos homes;
e a tebra
non a deu apagado.
Houbo un
home
mandado por
Deus:
o seu nome
era Xoán.
Este veu de
testemuña
para dar
testemuño da luz,
para que
todos cresen por el.
Non era el
a luz,
senón que
veu para dar testemuño da luz.
(A Palabra)
era a verdadeira luz
que aluma a
todo home
que vén a
este mundo.
Ela estaba
no mundo,
e o mundo
foi feito por ela,
pero o
mundo non a recoñeceu.
Veu á súa
propiedade,
e os seus
non a acolleron.
Pero a
cantos a recibiron,
-ós que
cren no seu nome-
déulle-lo
poder
de seren
fillos de Deus.
Estes, non
naceron do sangue,
nin da
vontade da carne,
senón de
Deus.
E a Palabra
fíxose carne,
e plantou
entre nós a súa tenda,
e nós
vímo-la súa gloria,
gloria coma
de Unixénito
que vén do
Pai,
cheo de
gracia e de verdade.
Xoán dá
testemuño del,
exclamando:
Este évos
de quen eu dixen:
"O que
vén detrás miña,
pasa diante
miña,
pois
existía primeiro ca min".
E da súa
abundancia
recibimos
todos nós
gracia e
máis gracia.
Pois a Lei
deuse
por medio
de Moisés;
a gracia e
a verdade
realizáronse
por Xesús Cristo.
A Deus
ninguén o viu;
o
Unixénito, que está no seo do Pai,
foi quen
nolo revelou.
Ou
máis breve: 1-5. 9-14
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra
estaba onda Deus,
e a Palabra
era Deus.
Ela estaba
no principio onda Deus.
Todo foi
feito por ela,
e sen ela
non se fixo
nada do que
foi feito.
Nela estaba
a vida,
e a vida
era a luz dos homes;
a luz aluma
na tebra,
e a tebra
non a deu apagado.
(A Palabra)
era a verdadeira luz
que aluma a
todo home
que vén a
este mundo.
Ela estaba
no mundo,
e o mundo
foi feito por ela,
pero o
mundo non a recoñeceu.
Veu á súa
propiedade,
e os seus
non a acolleron.
Pero a
cantos a recibiron,
-ós que
cren no seu nome-
déulle-lo
poder
de seren
fillos de Deus.
Estes, non
naceron do sangue,
nin da
vontade da carne,
senón de
Deus.
E a Palabra
fíxose carne,
e plantou
entre nós a súa tenda,
e nós
vímo-la súa gloria,
gloria coma
de Unixénito
que vén do
Pai,
cheo de
gracia e de verdade.
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/2013/12/25-de-decembro-o-nadal-o-nacemento-do.html
Comentarios
Publicar un comentario