Facede penitencia, xa chega o Reino dos ceos - Mt 3, 1-12
Domingo 2 de Advento - ciclo A
TESTEMUÑAS DE DEUS
NA TERRA
Testemuñas somos de Deus
na terra na que vivimos;
moitas máis testemuñas houbo,
grazas a elas hai camiño.
Para ser testemuña boa
non fai falla falar moito;
tamén aquí son os feitos
os que dan mellores froitos.
Pois, quen nos pasou a nós
o corazón do Evanxeo:
a xente que esbardallou
ou quen o viviu en serio?
Predica o cura e predica
sobre a bondade de Deus;
mais testemuña é quen ama,
quen trata con mimo aos seus.
E Deus meteuse no mundo
para viralo do revés;
se fas que o débil esperte,
testemuña de Deus es.
O noso Deus é unión,
goza cos pobres unidos;
quita barreiras de abuso
e serás de Deus testemuña.
Luciña de Deus serás
prendida no corazón,
se fas da loita pregaria
e da pregaria, paixón.
Comentarios
Publicar un comentario