Sagrada Familia A. Ditosos os que temen ó Señor e van polos seus camiños - Salmo 127
Festa da Sagrada Familia - ciclo A
FAI, SEÑOR, QUE NA NOSA CASA
Fai, Señor, que na nosa casa, cando se fale,
sempre nos miremos aos ollos
e busquemos crecer xuntos;
que ninguén estea só,
nin na indiferenza ou o
aburrimento;
que os problemas dos outros
non sexan descoñecidos
ou ignorados,
que poida entrar quen ten necesidade e sexa
benvido.
Señor, que na nosa casa sexa importante o
traballo,
pero non máis importante que a alegría;
que a comida sexa o momento de alegría e de
conversación;
que o descanso sexa paz do corazón e do corpo;
que a maior riqueza sexa estar xuntos.
Señor, que na nosa casa o máis débil
sexa o
centro de atención;
que o máis pequeno e o máis vello
sexan os
máis queridos;
que o mañá non nos dea medo,
porque Deus sempre
está cerca;
que cada xesto estea cheo de significado;
que te deamos grazas por todo
o que a vida nos ofrece e o teu amor nos dá.
Señor, que a nosa casa sexa o lugar de
acollida
como a casa de Marta, María e Lázaro en
Betania.
Amén.
Comentarios
Publicar un comentario