Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis - 1 Pe 2, 4-9
Domingo 5 de Pascua - ciclo A
VIVIR
É COMPARTIR
Vivir é compartir; relacionarse e
cooperar.
Vivir é compartir, comunicar, comungar
uns cos outros.
Vivir é superarse, dar froito, crear.
Vivir é arelar, dar a vida día a día.
Vivir é ser amado e amar:
"Son amado, logo existo".
Hai algo que vale máis cá vida,
como a fe, a liberdade, o amor,
a verdade, a xustiza, a paz...
Por estas cousas ou por persoas,
sempre por Deus, pódese dar a vida.
Porque vivir é saber dicir a quen temos
ao lado:
grazas irmán, grazas irmá.
Comentarios
Publicar un comentario