Domingo 6 de Pascua A

Resultado de imaxes para si me amais guardareis mis mandamientos

PRIMEIRA Feit 8, 5-8. 14-17
Impuxéronlle-las mans e recibían o Espírito Santo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

 5Felipe baixou á cidade de Samaría e predicóulle-lo Mesías. 6O pobo, dun acordo, atendía
ó que dicía Felipe, sentindo e vendo os sinais que facía; 7pois de moitos posuídos saían
espíritos impuros a berros, e moitos paralíticos e coxos quedaban curados. 8A cidade
encheuse de alegría.

14O sentiren dici-los apóstolos, que estaban en Xerusalén, que Samaría acollera a palabra
de Deus, mandáronlles a Pedro e a Xoán. 15Baixaron logo alí, e oraron polos samaritanos,
para que recibisen o Espírito Santo, 16pois aínda non baixara sobre ningún deles: só os
bautizaran no nome do Señor Xesús. 17Entón, fóronlles impoñendo as mans e recibiron o
Espírito Santo.


SALMO RESP. Sal 65, 1-3a. 4-5. 6-7a. 16 e 20
R/ (1): Aclama a Deus, terra enteira,

Aclama a Deus, terra enteira,
2canta a gloria do seu nome;
réndelle o honor da louvanza,
3dille: ¡Que sorprendentes son as túas obras!

4póstrase a terra toda ante ti
e canta salmos ó teu nome.
5Vinde e vede as obras do Señor,
os seus sorprendentes feitos entre os homes.

6El mudou o mar en terra seca
e pasaron o río a pé:
felicitémonos por iso.
7Co seu poder domina o mundo,

16Vide os que teméde-lo Señor,
e contaréivo-lo que El fixo por min.
20Bendito sexa Deus,
que non desbotou a miña súplica
nin afastou de min o seu amor.


SEGUNDA 1 Pe 3, 15-18
Mortal na carne, pero vivificado no espírito
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PERDO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:
15Adorade a Cristo coma Señor, estade sempre dispostos a responder a todo aquel que vos
pida razón da esperanza que levades dentro. 16Pero respondede con bo xeito e con
respecto; tede a conciencia limpa, de xeito que os que desprezan o voso bo comportamento
cristián, se vexan confundidos naquilo mesmo de que vos calumnien. 17Pois sempre sería
mellor sufrir, se tal fose a vontade de Deus, por facérde-lo ben, que por facérde-lo mal.

18Tamén Cristo morreu unha vez polos vosos pecados,
o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus;
sufriu a morte na carne, pero recibiu vida no espírito.


ALELUIA Xn 14, 23
Quen me ama, cumplirá a miña palabra, di o Señor;
e o meu Pai amarao e viremos a el



EVANXEO Xn 14, 15-21
Pedireillo a meu Pai e darvos outro Paráclito
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Dilles Xesús ós seus discípulos:
15Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, 16e eu rogareille ó Pai, e daravos
outro Paráclito para que decote estea convosco: 17o Espírito da Verdade. O mundo non o
pode acoller, pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois permanece onda vós e
está en vós. 18Non vos deixarei orfos; logo volvo onda vós. 19Un pouquiño máis e o
mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes vivir.
20Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós. 21Quen ten
os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o que me ama será amado por meu Pai, e eu
amareino e manifestareime a el. 

CANTO GOZOSO

ENTRADA: Eu soñei

LECTURAS: Xesús é Señor 

OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas

COMUÑÓN: Todos xuntos 






Comentarios

Publicacións populares