Convertístesvos ó pastor das vosas almas - 1Pe 2, 20b-25

Domingo 4 de Pascua A - O Bo Pastor


COIDAR A COMUNIDADE

Coidarei aos meus irmáns,
pois con eles vivo e camiño,
eles danme aire fresco
e para eles son cristián.

Prepararei con ilusión e mimo
o meu colo para a acollida,
as miñas mans para a compañía,
as miñas entrañas para a misericordia.

Velarei para que non saian de min
palabras aceiradas nin xestos vanidosos;
non criticarei as súas teimas,
non trivializarei os seus problemas,
non os encasillarei nas miñas cuadrículas,
non envexarei os seus triunfos 
nin me alegrarei dos seus fallos.

Pero non quitarei vigor e tenrura
á miña palabra de irmán.
Se teño que felicitar, felicitarei;
se teño que afrontar, afrontarei;
se teño que decidir, decidirei;
se teño que corrixir, corrixirei;
se teño que denunciar, denunciarei.

Entoarei o meu corazón noite e día,
tereino sempre a punto,
ensinado e disposto
a abrir portas e xanelas,
a non roubar paz nin alegría,
a dar e recibir todo o que é vida
e a soñar utopías comunitarias.

Non ousarei facer comuñón contigo, Señor,
se estou afastado do meu irmán.
Non mostrarei suficiencia,
pedirei perdón,
ofrecerei a man
e buscarei o abrazo fraterno.

Amarei e coidarei a miña comunidade.
Non devolverei a ninguén mal por mal.
Cos que están alegres, alegrareime;
cos que choran, chorarei;
cos que sofren, sufrirei.
Non me deixarei vencer polo mal,
así a todo, vencerei ao mal a forza de ben.

Amarei e coidarei a comunidade,
 esmerareime con ela,
sereille fiel,
defendereina,
vivirei con fervor os seus proxectos,
e non lle negarei os dons
que Ti me deches.

Amarei e coidarei a comunidade,
a túa comunidade,
a miña comunidade,
a nosa comunidade.


 Florentino Ulibarri


Comentarios

Publicacións populares