Mortal na carne, pero vivificado no espírito - 1 Pe 3, 15-18

Domingo 6 de Pascua - ciclo A


HOXE, SEÑOR, 
FÁLASNOS DE MANDAMENTOS

Hoxe, Señor, fálasnos de mandamentos,
de amor, do teu Espírito, 
da esperanza e a alegría.
Realidades e valores fermosos.
Pero hoxe a nosa primeira oración 
queremos dirixila
para as persoas que carecen de todo iso.

Si, para os que tiraron xa a toalla
ou están a punto de facelo.
Pedímosche, con agarimo, por todos
os que senten na beira do camiño.
Sen esperanza, sen alegría, sen amor
ou sen capacidade de sentilo.
E tamén por todas aquelas persoas que,
polo seu estado,  se senten incapaces
de recibir o amor e a axuda dos demais.

Oxalá que puidésemos ser 
“enfermeiros do Espírito”
e puidésemos repartir esperanza
e alegría a mans cheas.
Oxalá que puidésemos axudar a cicatrizar
e sandar tantas feridas que algunhas persoas
levan consigo e lles impiden ser felices.

E si, claro que si, pedirche
e darche tamén as grazas Señor.
Grazas por ternos creado coa capacidade
de amar e de sentirnos amados.
Sen amor esta vida non tería sentido.
Só por amor merece a pena vivir.
Grazas por amarnos. 
Grazas por ensinarnos a amar.
Grazas Señor.
Amén.



Comentarios

Publicacións populares