Deus constituino Señor e Cristo - Feit 2, 14a. 36-41

Domingo 4 de Pascua A - O Bo Pastor

VOCACIÓN

Busquei unha persoa cos brazos abertos,
o corazón a punto
e os pés lixeiros,
que amase a vida,
a ciencia e a arte
e crese en vós sen falsidades.

Era unha persoa chaira e transparente,
facéndose,
con virtudes e defectos,
con tenrura nas entrañas,
con voz para facer palabras metade miñas metade súas,
con afán de ser útil ata morrendo.

E púxena no medio de vós
para ser signo de contradicións,
bandeira de amor e procreo de rancores
ao bo,
ao nobre,
ao xusto,
aos dereitos que son patrimonio das miñas leis.

Busquei unha persoa sensible aos meus amores,
que fixese cos seus brazos unha cruz
e coas súas mans partise o pan,
o meu pan,
o seu
e o voso,
a todos os que son cuspidos pola violencia,
a mentira,
a inxustiza
e a soberbia.

Busquei unha persoa sen títulos nin murallas,
co meu espírito e sangue,
para estar presente no corazón do mundo
sendo palabra,
vida
e boa noticia...

E fíxenche servidor dos teus irmáns!

Florentino Ulibarri



Comentarios

Publicacións populares