Sentouno á súa dereita no ceo - Ef 1, 17-23

Ascensión do Señor - ciclo A


BENDITO SEXA DEUS 
E O SEU PLAN

Bendito sexa Deus,
Pai do noso Señor Xesucristo,
que nos bendiciu na persoa de Cristo
con toda clase de bens espirituais e celestiais.

El elixiunos na persoa de Cristo,
antes de crear o mundo,
para que fósemos santos
e irreprochables ante El polo amor.

El destinounos na persoa de Cristo,
por pura iniciativa súa,
a ser os seus fillos,
para que a gloria da súa graza,
que tan xenerosamente nos concedeu
no seu querido Fillo,
redunde en encomio seu.

Por este Fillo, polo seu sangue,
recibimos a redención,
o perdón dos pecados.
O tesouro da súa graza, sabedoría e prudencia
foi un malgaste para connosco,
dándonos a coñecer o misterio da súa vontade.

Este é o plan
que proxectara realizar por Cristo
cando chegase o momento culminante:
recapitular en Cristo todas as cousas
do ceo e da terra,
levando a historia á súa plenitude.
Gloria ao Pai...

(Efesios 1,1-10)

Florentino Ulibarri







Comentarios

Publicacións populares