29 may. 2017

Elevouse á vista deles - Feit 1, 1-11

Ascensión do Señor - ciclo A


AO VENTO DO TEU ESPÍRITO

Ao vento do teu Espírito,
que animou e ordenou, desde o inicio,
a creación toda
e infundiu alento de vida
en todos os seres,
colocámonos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que guiou aos teus profetas e mensaxeiros,
e a todo o teu pobo,
polos ambiguos camiños da historia,
aventurámonos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que penetrou e remansou no corazón
e ventre de María de Nazaret,
facéndoa portadora de vida e esperanza,
vivimos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que se apoderou de Xesús
e o encheu de forza e tenrura
para anunciar a Boa Nova aos pobres,
apostámonos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que levou en Pentecoste os prexuízos e os medos,
e abriu de pao a pao as portas do cenáculo,
para que toda comunidade cristiá
fose sempre sensible ao mundo,
libre na súa palabra,
coherente no seu testemuño
e invencible na súa esperanza,
abrímonos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que leva, hoxe, os novos medos da Igrexa,
que critica nela todo poder que non sexa servizo
e a purifica coa pobreza e o martirio,
reunímonos, Señor.

Ao vento do teu Espírito,
que sopra onde quere, libre e liberador,
vencedor da lei, do pecado, da morte,
e alma e alento do teu Reino,
obedecemos, Señor.


Florentino Ulibarri




No hay comentarios:

Publicar un comentario