6 may. 2017

Domingo 4 de Pascua A

RECURSOS MISA DE NENOS:

Imaxe relacionada

PRIMEIRA Feit 2, 14a. 36-41
Deus constituino Señor e Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

14O día de Pentecostés, Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxo:
36Saiba con certeza toda a casa de Israel que Deus fixo Señor e Mesías a este Xesús a
quen vós crucificastes.

37O sentiren isto, quedaron moi impresionados e dixéronlle a Pedro e ós outros apóstolos:
-Irmáns, ¿que debemos facer?

38Pedro respondeulles:
-Arrepentídevos e cambiade, que cada un de vós se faga bautizar no nome de Xesús para o perdón dos seus pecados, e recibiréde-lo don do Espírito Santo. 39Porque a promesa é para vós e mais para os vosos fillos e para tódolos que están lonxe, tantos como queira chamaro Señor noso Deus.

40Con moitas outras palabras testificaba e animábaos, dicindo:
-Salvádevos desta xeración ruín.

41Os que recibiron a súa palabra foron bautizados: e ese mesmo día xuntáronselles arredor de tres mil almas.


SALMO RESP. Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/ (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.
Ou: Aleluia

O Señor é o meu pastor: nada me falta.
2Os pastos verdecentes lévame a repousar,
lévame a beber ás augas tranquilas:
3El repón as miñas forzas.

Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
4Se tiver de pasar por vagoadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.

5Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.

6A túa bondade e o teu amor vanme seguindo
tódolos días da vida.
Eu habitarei na casa do Señor
ó longo dos meus días.


SEGUNDA 1Pe 2, 20b-25
Convertístesvos ó pastor das vosas almas
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PEDRO APÓSTOLO

Benqueridos irmáns e irmás:
Se vos portades ben e, mesmo así, aguantades sufrimentos, isto é precioso ós ollos de
Deus.

21De feito chamouvos Deus para isto,
porque tamén Cristo sufriu por vós,
deixándovos así un exemplo para que sigáde-los seus pasos.
22El, que non fixo pecado,
nin engano se atopou na súa boca,
23cando o aldraxaban, non devolvía aldraxes;
mentres sufría, non ameazaba,
senón que se puña nas mans do que xulga con xustiza.
24No seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz,
para que nós, mortos ó pecado, vivamos para a xustiza:
curáronno-las súas chagas.
25Erades coma ovellas extraviadas,
pero agora volvéstesvos ó voso pegureiro e pastor.



ALELUIA Xn 10, 14
Eu son o bo pastor, di o Señor;
coñezo ás miñas ovellas e elas coñécenme a min


EVANXEO Xn 10, 1-10
Eu son a porta das ovellas
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Di Xesús

10 1-Con toda verdade volo aseguro: o que non entra pola porta no curral das ovellas, senón que sobe por outra parte, é un ladrón e un bandido. 2En cambio, quen entra pola porta é o pastor das ovellas. 3A ese ábrelle o porteiro, e as ovellas escoitan a súa voz.
Chama as súas polo nome e lévaas a fóra. 4Cando as dá sacado todas, vai diante delas e as ovellas ségueno, pois recoñecen a súa voz. 5Pero a un alleo non o seguirán, senón que fuxirán del, pois non coñecen a voz dos alleos.

6Díxolles Xesús esta alegoría mais eles non coñeceron que era o que lles daba a entender.
7Entón díxolles de novo:
-Con toda verdade volo aseguro: eu son a porta das ovellas. 8Tódolos que viñeron antes ca min eran ladróns e bandidos; pero as ovellas non os escoitaron. 9Eu son a porta; se alguén entra por min, salvarase: entrará e sairá e atopará pasto. 10O ladrón non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan vida e para que a teñan de abondo.


CANTO GOZOSO

ENTRADA: Andarei na presenza do Señor                                                 LECTURAS: O Señor é o meu pastor                                                  OFERTORIO: Eiquí están Señor                                                                      COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas 




TVG:







No hay comentarios:

Publicar un comentario