13 de maio - Virxe de Fátima



Novena a nosa Señora de Fátima
ADAPTADO DE:


Pedimos a intercesión de Nosa Señora de Fátima polas necesidades imposibles



Oración inicial para todos os días

Santísima Virxe, que nos montes de Fátima 
te dignaches revelar aos tres pastoriños 
os tesouros das grazas que podemos alcanzar,
 rezando o Santo Rosario, 
axúdanos a apreciar sempre máis esta santa oración, 
a fin de que, meditando os misterios da nosa redención, 
alcancemos as grazas que insistentemente te pedimos 
(..............pedir a graza).

Ó meu bo Xesus, 
perdóanos, líbranos do fogo do inferno, 
leva as almas todas para o ceo e socorre principalmente 
as que máis o precisan.

Nosa Señora de Fátima, roga por nós.
(Rézase unha decena de Ave-Marías en honor a nosa Señora de Fátima)



Oración preparatoria

Á Santísima Virxe Maria, 
Raíña do Rosario e Nai de misericordia, 
que te dignaches manifestar, en Fátima, 
a tenrura do teu Inmaculado Corazón, 
traéndonos mensaxes de salvación e paz, 
confiados na túa misericordia maternal 
e agradecidos das bondades do teu amantísimo corazón, 
viñemos a vosos pés para renderte o tributo da nosa veneración e amor.

Concedédenos as grazas que necesitamos 
para cumprir fielmente a túa mensaxe de amor, 
e a que che pedimos nesta novena, 
se foren elas para maior gloria de Deus,
 honra vosa e proveito de nosas almas. 
Así sexa.


Oración final

A Deus, cuxo Unixénito, coa Súa vida, Morte e Resurreción
 mereceunos o premio da salvación eterna, suplicámosche: conceder que, 
meditando os misterios do Santísimo Rosario da benaventurada Virxe Maria, 
imitemos os exemplos que nos ensinan e alcancemos o premio que prometen. 
Polo mesmo Xesucristo, noso Señor. Amén.



Primeiro día  - Penitencia e reparación

Á Santísima Virxe Maria, Nai dos pobres pecadores, 
que aparecendo en Fátima deixaches transparentar no teu rostro celestial unha leve sombra de tristeza para indicar a dor que causan os pecados dos homes, os cales, con maternal compaixón, exhortaches a non aflixir máis ó teu Fillo coa culpa e a reparar os pecados coa mortificación e a penitencia, dános a graza dunha sincera dor dos pecados cometidos e a resolución xenerosa de reparar con obras de penitencia e mortificación todas as ofensas que se infieren ao voso Divino Fillo e ao voso Corazón Inmaculado.


Segundo día - Santidade de vida

Á Santísima Virxe Maria, Nai da divina graza, 
que vestida de nívea brancura te apareceches aos pastoriños sinxelos e inocentes, ensinándoos así canto debemos amar e procurar a inocencia da alma, e que pediches por medio deles a emenda dos costumes e a santidade dunha vida cristiá perfecta, concédenos misericordiosamente a graza de saber apreciar a dignidade de nosa condición de cristiáns e levar unha vida conforme as promesas bautismais.


Terceiro día - Amor á oración

Á Santísima Virxe Maria, vaso insigne de devoción, 
que apareciches en Fátima estando pendente das túas mans o Santo Rosario, e que insistentemente repetías:  "Orade, orade moito"para conseguir finalizar, por medio da oración, os males que nos ameazan. Concedédenos o don e o espírito de oración, a graza de sermos fieis no cumprimento do gran precepto de orar, facéndoo todos os días, para así observar ben os santos mandamentos, vencer as tentacións e chegar ao coñecemento e amor de Xesucristo, nesta vida, e á unión feliz con El na outra.


Cuarto día - Amor á Igrexa

Á Santísima Virxe Maria, raíña da Igrexa, 
que exortaches aos pastoriños de Fátima a rogar polo Papa e infundiches nas súas almas sinceras unha gran veneración e amor por el, como vicario do voso Fillo e o Seu representante na Terra, infunde tamén en nós o espírito de veneración e docilidade á autoridade do Romano Pontífice, de adhesión inquebrantable ás súas ensinanzas, e nel e con el un gran amor e respecto a todos os ministros da santa Igrexa, por medio dos cales participamos da vida da graza nos sacramentos.


Quinto día - María, saúde dos enfermos

Á Santísima Virxe Maria, saúde dos enfermos e amparo dos aflixidos, 
que movida polo rogo dos pastoriños, fixeches xa curas en vosas aparicións en Fátima, e tes convertido este lugar, santificado pola vosa presenza, en taller das túas misericordias maternais en favor de todos os aflixidos; ao teu corazón maternal acudimos cheos de filial confianza, mostrando as enfermidades das nosas almas e as aflicións e doenzas todas de nosa vida.

Deixa sobre elas un ollar de compaixón e as remedies coa tenrura das túas mans, para que así poidamos servirtes e amartes con todo o noso corazón e con todo o noso ser.


Sexto día - María, refuxio dos pecadores

Á Santísima Virxe Maria, refuxio dos pecadores, 
que ensinastes aos pastoriños de Fátima a rogar incesantemente ao Señor, para que os desgraciados non encallen nas penas eternas do inferno, e que manifestaches a un dos tres que os pecados da carne son os que máis almas arrastran a aquelas espantosas chamas, coloca nas nosas almas un gran horror ao pecado e o temor santo da xustiza divina; ao mesmo tempo, esperta nelas a compaixón polos pobres pecadores e un santo celo para traballar coas nosas oracións, exemplos e palabras por súa conversión.


Sétimo día - María, alivio das almas do purgatorio

Á Santísima Virxe Maria, raíña do Purgatorio, 
que ensinaches aos pastoriños de Fátima a rogar a Deus polas almas do Purgatorio, especialmente polas máis abandonadas, encomendamos á inesgotable tenrura do teu maternal corazón todas as almas que padecen naquel lugar de purificación, en particular as de todos os nosos achegados e familiares e as máis abandonadas e necesitadas; alívialles as súas penas e lévaas prontas á rexión da luz e da paz, para alí cantar perpetuamente a túa misericordia.


Oitavo día  - María, raíña do rosario

Á Santísima Virxe Maria, que na túa última aparición te deches a coñecer 
como a Raíña do Santísimo Rosário, e en todas as aparicións recomendaches o reza desta devoción como o remedio máis seguro e eficaz para todos os males e calamidades que nos aflixen, tanto da alma canto do corpo, tanto públicas canto privadas, coloca nas nosas almas unha profunda estima polos misterios de nosa Redención, que se conmemoran no reza do Rosario, para así vivir sempre dos seus froitos.

Concédenos a graza de ser sempre fieis á práctica de rezalo diariamente para honrarte a ti, acompañando as túas alegrías, dores e glorias, e así merecer a túa maternal protección e asistencia en todos os momentos da vida, e máis especialmente na hora da morte.


Noveno día - Inmaculado Corazón de María

Á Santísima Virxe Maria, nosa Nai  dulcísima, 
que escolliches aos pastoriños de Fátima para mostrar ao mundo as tenruras do voso corazón misericordioso e lles propuxestes a devoción ao mesmo como o medio co cal Deus quere dar a paz ao mundo, como o camiño para levar as almas a El, e como unha prenda suprema de salvación, facede, ó corazón da máis tenra das nais, que poidamos comprender a túa mensaxe de amor e misericordia, que a abracemos con filial adhesión e que a practiquemos sempre con fervor.

Que sexa así o teu corazón o noso refuxio, 
a nosa esperanza e o camiño que nos conduce ao amor e á unión co voso Fillo Xesus.





VER MÁIS:
https://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/05/o-rosario-para-nenos.html

Comentarios

Publicacións populares