Vestide o home novo creado a imaxe de Deus - Ef 4, 17. 20-24

Domingo 18 do Tpo. Ordinario - ciclo B


OS QUE NON SERVIMOS PARA NADA

Eu estou seguro de que os homes non servimos para nada, 
para case nada. Canto máis avanza a miña vida, 
máis descubro que pobres somos e como todas as cousas
verdadeiramente importantes escápansenos. 
En realidade é Deus quen o fai todo, quen pode facelo todo. 
Talvez nós xa fariamos bastante con non
enturbar demasiado o mundo.
Por iso, cada vez propóñome metas menores. 
Xa non soño con cambiar o mundo, 
e ás veces paréceme bastante con cambiar un testo de sitio. 
E, con todo, outras veces penso que, pequenas e todo, 
esas cousiñas que logramos
facer poderían chegar a ser ata bastante importantes. 
E entón, nos momentos de desalento, 
acórdome dunha oración de cristiáns brasileiros 
que unha vez escoitei e que non esquecín do todo, pero que, 
reconstruída agora por min,
podería dicir algo parecido a isto:

Si, xa sei que só Deus pode dar a vida; 
pero ti podes axudarlle a transmitila.
Só Deus pode dar a fe, 
pero ti podes dar o teu testemuño.
Só Deus é o autor de toda esperanza, 
pero ti podes axudar ao teu amigo a atopala.

Só Deus é o camiño, 
pero ti es o dedo que sinala como se vai a el.
Só Deus pode dar o amor, 
pero ti podes ensinar a outros como se ama.
Deus é o único que ten forza, créaa, dáa; 
pero nós podemos animar ao desanimado.

Só Deus pode facer que se conserve 
ou se prolongue unha vida, pero ti podes
facer que estea chea ou baleira.
Só Deus pode facer o imposible; 
só ti podes facer o posible.
Só Deus pode facer un sol que quente a todos os homes; 
só ti podes facer unha cadeira na que sente un vello canso.
Só Deus é capaz de fabricar o milagre da carne dun neno, 
pero ti podes facerlle sorrir.
Só Deus fai que baixo o sol crezan os trigais, 
pero ti podes triturar ese gran e repartir ese pan.
Só Deus pode impedir as guerras, 
pero ti pois non rifar coa túa muller ou co teu irmán.
Só a Deus ocorréuselle o invento do lume, 
pero ti podes prestar unha caixa de mistos. 

Só Deus dá a completa e verdadeira liberdade, 
pero nós poderiamos, polo menos,
pintar de azul as reixas e pór unhas flores frescas 
na xanela da prisión.
Só Deus podería devolverlle a vida do esposo á nova viúva; 
ti podes sentarte en silencio ao seu lado 
para que se senta menos soa.

Só Deus pode inventar unha pureza como a da Virxe; 
pero ti podes conseguir que alguén, que xa as esqueceu, 
volva rezar o tres avemarías.
Só Deus pode salvar ao mundo porque só El salva, 
pero ti podes facer un pouco máis pequeniña a inxustiza 
da que ten que salvarnos.

Só Deus pode facer que lle toque a Primitiva 
a ese pobre esmoleiro que tanto a necesita; 
pero ti podes irlle conservando esa esperanza 
cun pequeno sorriso e un "mañá será".
Só Deus pode conseguir que reciba esa carta a veciña do quinto, 
porque Deus sabe que aquel antigo noivo 
hai moitos anos que a esqueceu; 
pero ti poderías suplir hoxe un pouco esa carta 
cunha gabanza e unha palabra cariñosa.

En realidade, 
xa ves que Deus se basta a si mesmo, 
pero parece que prefire seguir contando contigo, 
cos teus nadas, cos teus case-nadas.

José Luís Martín Descalzo


Comentarios

Publicacións populares