9 ago. 2015

Camiñade no amor, igual ca Cristo - Ef 4, 30 - 5, 2

Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo B


OS TEUS CAMIÑOS

Teño rabia
 e Ti disme que teño que perdoar.
 Teño medo
 e disme que debo arriscarme.
Teño dúbidas
 e disme que debo crer.
Estou angustiado
 e disme que me tranquilice.
Sinto preguiza
 e disme que debo continuar.
Teño proxectos
 e disme que acepte os teus.
Teño propiedades
 e disme que sexa esmoleiro.
Teño seguridade
 e disme que nada prometes.
Quero ser bo
 e disme que non é suficiente.
Quero mandar
 e disme que debo obedecer.
Quero ser xefe
 e disme que debo servir.
Quero claridade
 e fálasme con parábolas.
Quero símbolos
 e vas directamente ao asunto.
Quero tranquilidade
 e disme que vés traer intranquilidade.
Quero violencia
 e disme que só sabes dar paz.
Prepárome para obxectar
 e disme que debo ofrecer a outra fazula.
Quero paz
 e disme que viñeches traer a espada.
Trato de arrefriar as cousas
 e disme que vés traer lume á terra.
Quero ser o máis grande
 e disme que debo ser o máis pequeno.
Quero permanecer anónimo
 e disme que a miña luz debe permanecer acesa.

Moitas veces non os entendo, 
pero son os teus camiños.



No hay comentarios:

Publicar un comentario