Comede do meu pan e bebede do viño que mesturei para vós - Prov 9, 1-6

Domingo 20 do Tpo. Ordinario - ciclo B


NO PAN QUE COMEMOS

No pan que comemos estás Ti, Señor;
que nunca haxa nenos sen pan, sen amor.
No pan que comemos estás Ti, Señor.

Cando comemos o pan, o pan,
 que Ti repartes, Señor,
queremos ter máis amor
 e que no mundo haxa paz.

Temos na man o teu pan, teu pan,
 e no peito unha oración:
que nas casas haxa amor
e que entre nós haxa paz.

Cando partímos o pan, o pan,
na mesa do teu altar,
sentimos amor de irmáns
que se queren perdoar.

Comemos xuntos o pan, o pan,
e medra no corazón
amor de amigos, irmáns,
fillos do mesmo Señor.


(Música en Cantigas da Comunidade, Nº 88)


Comentarios

Publicacións populares