Domingo 20 - Tpo. Ordinario B
20º DOMINGO DO
TEMPO ORDINARIO - CICLO B
Primeira
Lectura Prov 9, 1-6
LECTURA DO LIBRO DOS PROVERBIOS
Comede
do meu pan e bebede do viño que mesturei para vós
A Sabedoría construíu a súa casa,
tallou
as súas sete columnas;
sacrificou
as súas vítimas, mesturou o seu viño
e
preparou a súa mesa.
Despachou as súas criadas a anunciar
o convite
polos
altos da cidade:
"Quen
sexa inxenuo, que se achegue a min".
E aos faltos de siso díxolles:
"Vinde,
comede do meu pan
e
bebede do viño que mesturei,
deixade
a vosa inxenuidade e viviredes,
camiñade
pola vía da intelixencia".
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 33, 2-3. 10-11. 12-13. 14-15
R/. (9a): Probade
e vede o bo que é o Señor.
Bendigo
o Señor en todo instante,
teño
sempre na boca a súa loanza.
Eu
gloríome no Señor:
que
escoiten os humildes e se alegren.
Temede
ao Señor os seus santos,
pois
nada lles falta aos que o temen.
Os
ricos empobrecen e pasan fame,
pero
aos que buscan o Señor ningún ben lles faltará.
Vinde,
fillos, escoitade:
ensinareivos
o temor do Señor.
Quen
é o que desexa vivir,
o
que arela días de prosperidade?
Garda
a túa lingua do mal,
os
teus labios de falas enganosas.
Arrédate
do mal e fai o ben,
busca
a paz, corre tras ela.
Segunda
Lectura Ef 5, 15-20
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Comprendede
cal é a vontade do Señor
Irmáns:
Mirade con tino como camiñades: non
coma atolados senón coma sensatos, aproveitando ben este tempo, que corren días
malos.
Por iso, non sexades irreflexivos;
ao contrario, tratade de comprender cal é a vontade do Señor.
Non vos emborrachedes con viño, que
leva á libertinaxe; en vez diso enchédevos de Espírito, falando entre vós con
salmos, himnos e cánticos espirituais, cantando e salmodiando con toda a alma
para o Señor e dándolle grazas decote a Deus Pai, por todo, no nome do noso
Señor Xesús Cristo.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 6, 56
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
Aleluia.
Quen
come a miña carne e bebe o meu sangue,
permanece
en min e eu nel, di o Señor.
Aleluia.
Evanxeo Xn 6, 51-58
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
A
miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida
- Eu son o pan vivo que baixou do
ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu darei, é a
miña carne, para a vida do mundo.
Discutían entón entre eles os
xudeus:
‑ Como pode este darnos a comer a
súa carne?
Díxolles entón Xesús:
‑ Con toda verdade volo aseguro: se
non comedes a carne do Fillo do Home e non bebedes o seu sangue, non teredes
vida en vós. Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu
resucitareino no derradeiro día. Pois a miña carne é verdadeira comida e o meu
sangue é verdadeira bebida. Quen come a miña carne e bebe o meu sangue,
permanece en min e eu nel.
Do mesmo xeito que o Pai que me
mandou vive e eu vivo polo Pai, así tamén quen me coma vivirá por min. Este é o
pan que baixou do ceo; non semellante ao que comeron os pais, que mesmo así
morreron: quen come este pan, vivirá para sempre.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
a sabedoría de quen fai da súa vida unha oferta de
gratuidade convértese en pedagoxía de acollida e servizo – Domingo 20º TOB 2015
RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS
ENTRADA:
LECTURAS:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
OLLOS ABERTOS
A
sabedoría e a experiencia da vida sempre van xuntas nos textos da palabra de
Deus. Conforman unha unión que pon de manifesto que canto somos capaces de ir
aprendendo ao longo da vida vai facendo de nós persoas cheas de experiencia,
sentido e perspectiva.Todo o contrario de quen quere as cousas agora e xa, para
o momento. E do mesmo xeito que non se pode facer unha comida sen contar con
tempo, tampouco se pode pretender saber, coñecer, mesmo impoñer o xeito de ver
e entender as cousas, a vida, simplemente por sermos novos, máis estudados ou
dominadores das novas tecnoloxías. A sabedoría, a real, a verdadeiramente
humana, é outra cousa. Non se estuda, apréndese a medida que se vai vivindo. A
isto é ao que nos invita hoxe que dediquemos un tempo de reflexión a palabra de
Deus, para logo ver de aplicala á vida. Seremos capaces de comezar o camiño da
sabedoría tomando en serio esta invitación?
CORAZÓN MISERICORDIOSO
û Por
ter desprezado o traballo e esforzo dos nosos maiores, SEÑOR, APRÉNDENOS A SER SABIOS EN
HUMANIDADE.
û Porque
non acabamos de deixar atrás actitudes de superioridade que pensan que o saben
todo e nunca escoitan aos demais, CRISTO, APRÉNDENOS A SER SABIOS EN
HUMANIDADE.
û Polas
veces nas que renunciamos a escoitar e aprender da experiencia de quen fai as
cousas con tempo e non con présa, SEÑOR, APRÉNDENOS A SER SABIOS EN
HUMANIDADE.
PALABRA
ACOLLIDA E PÉS NO CHAN
· Como
diciamos no comezo da celebración, a sabedoría é unha realidade, unha
experiencia moito máis profunda que a de ter coñecementos. Por moito que un
saiba como se fai unha raíz cadrada, cal é o monte máis alto do mundo ou como
se manexa o móbil de última xeración que ten saído ao mercado, iso non supón
que sexa sabio ao xeito no que nos invitan os textos da Biblia. A sabedoría non
é froito da aprendizaxe intelectual, senón da aprendizaxe humana. Sabia é a
persoa que sabe empatizar con quen se ve necesitado; quen ten tempo de calidade
para escoitar a quen o necesita; quen camiña na praxe da cordialidade, que sabe
poñer sempre o corazón ao dispor de quen o necesite. Vén sendo algo parecido ao
que Bieito XVI chamaba na súa encíclica Caritas in veritate “vivir e desenvolver a existencia desde
a lóxica do don”, e non na da imposición nin da exhibición da adquisición de
coñecementos teóricos e intelectuais. A sabedoría da que Deus nos fala e á que
nos invita está na vida, no trato duns cos outros. É desde esta sabedoría desde
a que se pode construír a casa na que Deus se fai presente á mesa do pan
compartido.
· Na
sabedoría da que vimos falando, Deus invítanos a mirar con tino como van sendo
os pasos que imos dando día a día. Se son pasos que deixan pegada de
fraternidade, ou máis ben son pasos que non deixan rastro porque, inda que
aparentemente se mostren como seguros, enriquecidos e superiores, son incapaces
de deixar a pegada que vai e fala ao corazón de cada un dos que os queren
seguir. Por iso, con Paulo, tamén nós podemos dicir que non andemos de xeito
atolado –facendo cousas sen pensar e sen dedicarlle o tempo necesario para que
saian ben-. O siso –a sensatez en español- é o que nos vai dando perspectiva
das cousas e profundidade á hora de facelas ben. O tempo aproveitado convértese
en tempo de calidade, tempo de sabedoría, tempo que paga a pena compartir e
desenvolver. Non sexamos, como ben dicía Paulo, irreflexivos, para logo non ter
que arrepentirmos do dano feito e da dor e tristura que puxemos no corazón de
quen recibiu o o froito da nosa irreflexión. Deixemos logo que nos encha a
forza do Espírito, que nos abre sempre horizontes de esperanza e de futuro por
construír, deixando atrás a nostalxia de quen non sabe mirar cara adiante para
escribir a sabia historia de quen fai que os rostros das persoas sexan sempre
recoñecibles e con nome, desterrando o anonimato invisible do noso xeito de
facer as cousas.
· E
será sempre o pan morno da oración compartida e da acción de grazas
–Eucaristía– celebrada o que vai alimentando non os estómagos que nunca se dan
cheos, senón os corazóns que queren, as mans que acollen e os pés que son
capaces de facer compañía a quen sente que o que lle rodea nin o recoñece como
dignidade nin é capaz de mirarlle aos ollos sen sentir a mala conciencia de
telo reducido a un frío número nas noticias dos telexornais. O pan que ofrece e
do que nos fala Xesús é un pan sempre quente que só El nos pode dar, e que cada
domingo nós acollemos e levamos con nós para que, ao atoparnos cos que non
estiveron, poidamos compartilo coa nosa solidariedade e a nosa disposición a
poñer presenza alentadora onde non hai máis que laio e ausencia. Se queremos
vivir para sempre, xa sabemos que o camiño pasa por facer do pan que aquí
compartimos e recibimos un pan de encontro e fraternidade. Como quixo e fixo
Xesús.
FRATERNIDADE
ORANTE
Desde
a sabedoría da experiencia á que sempre nos invita a Palabra de Deus,
compartimos a oración dicindo xuntos:
QUE RECOÑEZAMOS O TEU ROSTRO NA
EXPERIENCIA DOS IRMÁNS
¨ Pola
Igrexa, para que sexa sempre comunidade que, bebendo da experiencia dos seus
membros, abra camiños novos de renovación evanxélica, OREMOS.
QUE RECOÑEZAMOS O TEU ROSTRO NA
EXPERIENCIA DOS IRMÁNS
¨ Para
que as nosas parroquias non perdan nunca a súa identidade e camiñen por vieiros
de servizo, colaboración e axuda entre os que as conformamos, OREMOS.
QUE RECOÑEZAMOS O TEU ROSTRO NA
EXPERIENCIA DOS IRMÁNS
¨ Para
que nós aprendamos a vivir no medio do mundo non con complexo de vergoña e medo
por ser cristiáns, senón desde a esperanza e a colaboración nos proxectos que
defendan á persoa e fagan do mundo a casa común, OREMOS.
QUE RECOÑEZAMOS O TEU ROSTRO NA
EXPERIENCIA DOS IRMÁNS
Grazas,
Señor, por invitarnos a poñer por riba do altar a nosa vida desde a oración
compartida. PXNS. Amén.
OÍDOS
ATENTOS
Celebramos a vida na Eucaristía, que é a obrigación principal da comunidade eclesial. Ao partir o pan, recordamos o amor e a fidelidade de Xesús –amor e fidelidade que o levaron á morte- e a confirmación da súa misión co pobre a través da resurrección. A fracción do pan é, ao mesmo tempo, o punto de partida e meta da comunidade cristiá. Nela exprésase a comuñón profunda coa dor humana, provocada en moitas ocasións pola falta de pan, e recoñécese na alegría ao Resucitado que dá a vida e suscita a esperanza do pobo convocado polos seus xestos e pola súa palabra.
POWER POINTS
Celebramos a vida na Eucaristía, que é a obrigación principal da comunidade eclesial. Ao partir o pan, recordamos o amor e a fidelidade de Xesús –amor e fidelidade que o levaron á morte- e a confirmación da súa misión co pobre a través da resurrección. A fracción do pan é, ao mesmo tempo, o punto de partida e meta da comunidade cristiá. Nela exprésase a comuñón profunda coa dor humana, provocada en moitas ocasións pola falta de pan, e recoñécese na alegría ao Resucitado que dá a vida e suscita a esperanza do pobo convocado polos seus xestos e pola súa palabra.
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario