23 ago. 2015

Serviremos o Señor, porque El é o noso Deus - Xos 24, 1-2a. 15-17. 18b

Domingo 21 do Tpo.Ordinario - ciclo B



“VIN PRENDER LUME”

 “Vin prender lume":
a acender conciencias apagadas,
a despexar conciencias atordadas,
a levantar os ánimos decaídos,
a infundir enerxía aos abatidos.

 A iso vin, a iso envíovos:
a alentar, a estimular,
a dar azos aos prostrados,
a reconfortar aos esforzados,
a avivar as mechas fumarentas,
a prender lume, di o Señor.

 “Vin  prender lume”:
o meu é o lume que arde sen consumirse,
o lume que ilumina a toda persoa,
o lume que incendia corazóns,
o lume que aluma na escuridade
o lume que brilla nas tebras.

 A iso vin, a iso envíovos:
a arder e incendiar, a brillar e iluminar,
a prender lume, di o Señor.

 “Vin  prender lume”:
A miña palabra é lume abrasador,
labarada incontida,
é calor de vida palpitante,
viño e sangue quente,
é facho no alto
e lume interior.

 A iso vin, a iso envíovos:
a dar calor ao mundo,
a cauterizar feridas, a reavivar remoles,
a prender lume, di o Señor.






No hay comentarios:

Publicar un comentario