15 agosto - A Asunción
PRIMEIRA Ap 11, 19a; 12, 1-6a. 10ab
Unha muller vestida do sol e coa lúa baixo os seus pés
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario.
12 1E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus
pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2Estaba embarazada e berraba cos
retorzóns e as dores do parto.
3Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez
cornos e nas cabezas sete diademas. 4Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das
estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para
dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.
5Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero
Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. 6E a muller fuxiu para o deserto
10E oín un gran berro no ceo, que dicía:
''Arestora chegou a victoria, o poder,
e o reino do noso Deus,
así como a soberanía do seu Mesías.
SAL. RESP. Sal 44, 10bc. 11. 12ab. 16
R/ (10b) Á túa dereita está a raíña, con ouro de Ofir
10Fillas de reis tes por amigas,
e á túa dereita, a raíña, con ouro de Ofir.
11Escoita, filla; olla e atende:
esquece o teu pobo e a casa de teu pai.
120 rei está prendado da túa fermosura:
réndete a el, pois el é o teu señor.
16condúcente con xúbilo algareiro,
introdúcente no pazo do rei.
SEGUNDA 1 Cor 15, 20-27
Primeiro, Cristo; despois, os que son de Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
Cristo resucitou dos mortos, como primicia dos que dormen. 21Porque xa que por un
home entrou a morte, tamén por un home chegou a resurrección dos mortos. 22Igual que
todos morren por Adam, así tamén por Cristo todos revivirán. 23Pero cada un no seu
intre: primeiro, Cristo; logo, no Día da súa Vinda, os que sexan de Cristo; 24despois
será a fin, cando lle entregue o Reino a Deus Pai, unha vez destruído todo Principado,
toda Potestade e toda Dominación. 25Porque é necesario que El reine ata que poña a
tódolos seus inimigos por debaixo dos seus pés. 26A morte será o derradeiro inimigo
destruído, 27pois ''todo o puxo por debaixo dos seus pés''.
ALELUIA
María é subida ó ceo;
alégrase o coro dos anxos
EVANXEO Lc 1, 39-56
O Poderoso fixo marabillas en min: exaltou ós humildes
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
María saíu con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. 40Entrou na casa
de Zacarías e saudou a Isabel. 41E en oíndo Isabel o saúdo de María, o neno brincoulle
no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, 42exclamou Isabel, a grandes voces:
-Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. 43¿Quen son eu para que
me visite a nai do meu Señor? 44Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou
de alegría a criatura no meu ventre. 45¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che
anunciaron de parte do Señor!
46Entón María exclamou:
A miña alma proclama a grandeza do Señor,
47e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador,
48porque reparou na súa humilde escraviña.
Velaí: desde agora
tódalas xeracións me van felicitar.
49¡Marabillas o Poderoso fixo en min!
O seu nome é Santo;
50a súa misericordia chega xeración tras xeración
a tódolos que o temen.
51Manifesta o poder do seu brazo,
desbaratando os plans dos soberbios.
52Derruba do seu trono ós poderosos,
e fai subir ós humildes;
53ós famentos éncheos de bens,
e ós ricos despídeos baleiros.
54Ampara a Israel, o seu Servidor,
lembrándose da súa misericordia,
55conforme prometera a nosos pais,
en favor de Abraham e da súa descendencia para sempre.
56María permaneceu con ela tres meses, e logo volveuse para a súa casa.
REMOL
http://remoldapalabra.blogspot.com.es/2015/08/asuncion-2015.html
CANTO GOZOSO
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario