30 ago. 2015

Cumpride a Palabra - Sant 1, 17-18.21b-22.27

Domingo 22 do Tpo. Ordinario - ciclo B


SALMO 118, 105-112

A túa palabra é o faro dos meus pés,
a luz do meu camiño.

Xurei e cumprireino:
observar as túas xustas decisións.
As miñas coitas son moi grandes;
dáme vida, Señor, conforme a túa promesa.

Acepta, Señor, os meus votos
e ensíname as túas decisións.

A miña vida está decote exposta,
pero eu non esquezo a túa lei.
Os malvados póñenme trampas,
mais eu non me desvío das túas normas.
A túa revelación é a miña herdanza duradeira,
o gozo do meu corazón.

Poño atención en gardar os teus preceptos,
por sempre e cumpridamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario