Comprendede cal é a vontade do Señor - Ef 5, 15-20
Domingo 20 do Tpo. Ordinario - ciclo B
PARA CHEGAR
A INTIMAR CON DEUS
Xesús, meu amigo, meu íntimo amigo,
quero estar unido a ti,
moi unido a ti;
quero comer o teu corpo
que me ofreces nun detalle entrañable de amor;
quero beber o teu sangue
para que sexa vida túa dentro de min.
Xesús, meu amigo sempre fiel,
fártame de ti,
fártame dos teus soños e proxectos,
fártame da túa paixón pola xente,
fártame da túa paixón polo mesmo Deus.
Veño onda ti hoxe
con ganas grandes de intimar contigo,
quero acougar nos teus brazos,
quero fortalecerme co teu alento.
Lévame da man onda o Pai,
porque, coma ti, eu quero vivir polo Pai.
Xesús, meu amigo, meu íntimo amigo,
meu amigo sempre fiel.
Comentarios
Publicar un comentario