Non engadades nada á palabra que vos falo, cumpride os mandamentos do Señor - Dt 4, 1-2. 6-8

Domingo 22 do Tpo. Ordinario - ciclo B


SOLICÍTANSE:

MÁIS persoas que fagan algo por mellorar as cousas, 
menos que as desaproben rutinariamente.

MÁIS persoas que actúen, 
menos que se dedíquen só a falar. 

MÁIS persoas que digan "pode facerse", 
menos que digan "que difícil é facelo"

MÁIS persoas que inspiren confianza aos demais, 
menos que arroxen "auga fríasobre os que deron, 
aínda que sexa un só paso, na dirección correcta.

MÁIS persoas que se interesen nas cousas 
e fagan algo "para melloralas", 
menos que senten  ao carón, dedicándose só a atopar os defectos.

MÁIS persoas que sinalen o que é correcto, 
menos que insistan en machucar o que é incorrecto.

MÁIS persoas que "acendan unha vela", 
menos que "maldigan a escuridade".





Comentarios

Publicacións populares