Coa forza daquel pan puido chegar ata o monte de Deus - 1 Re 19, 4-8

Domingo 19 do Tpo. Ordinario - ciclo B


EU SEREI O VOSO PAN

Estarei convosco tódolos días,
a calquera hora e en calquera lugar.
Sempre. É a miña palabra e a miña promesa.

É a túa palabra e a túa promesa.

Serei o voso camiño de vida,
a luz que alumee as vosas noites e os vosos días,
a auga que vos refresque nas vosas fatigas,
a porta que vos dea entrada e acollida,
a raíz vital de tódalas vosas empresas,
o amigo e guía que sempre vos acompaña.

É a túa palabra e a túa promesa.

Pero tamén serei, -e que non vos pille de sorpresa-,
o lume que acrisola o voso ser e as vosas pertenzas,
o vento que vos empurra sempre fóra,
a verdade que rompe os vosos esquemas,
o ladrón que vos adelgaza e alixeira.


Comentarios

Publicacións populares