A31. Garda, Señor, a miña alma en paz diante de ti - Salmo 130

Domingo 31 de Ordinario - ciclo A


ANDAR HUMILDEMENTE 
POLA VIDA

Pídelle a Deus
o don admirable da humildade.
Ábrelle as portas da túa casa
a fai dela unha compañeira inseparable.

Fuxe, para iso,
dos que falan e non cumpren.
Nunca botes a túa palabra
máis aló de onde chegan os teus feitos.

Non fagas cousa ningunha
polo simple gozo de seres visto.
Case sempre os que menos locen
son os máis eficaces
na mellora da vida e da sociedade.

Non te deixes chamar mestre.
pai da vida ou dirixente.
Nin llo chames a ninguén,
coma non sexa a Xesús.

Comparte con todos o teu saber
e a túa experiencia;
aprovéitate do saber dos demais.
Nunca o menospreces.

Xuntos camiñade humildemente,
coma irmáns,
coma esmoleiros da sabedoría
e do bo facer que gusta a Deus
e fa máis digna vida da xente.

Comentarios

Publicacións populares